O Iregua é un río español da comunidade autónoma da Rioxa, que despois de 64 km de curso deita as súas augas no Ebro, pola súa marxe dereita.

Modelo:Xeografía físicaRío Iregua
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaA Rioxa, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónserra de Cebollera Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Ebro Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°27′57″N 2°24′42″O / 42.465844, -2.411567
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións64 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica690 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454021
O río Iregua preto de Viguera

Percorrido

editar

O Iregua nace en Hoyos de Iregua, na Serra Cebollera, a uns 1.900 m de altitude, cruza as comarcas de Cameros e Logroño, e desauga na beira dereita do río Ebro, preto da cidade de Logroño. A súa dirección de curso é sur-norte. A súa conca abrangue 690 km².

Afluentes

editar

Entre os tributarios principais, todos de curta lonxitude, cabe sinalar os seguintes:

Localidades que atravesa

editar

As localidades principais que baña son Villoslada de Cameros, Villanueva de Cameros, Pradillo, Torrecilla en Cameros, Islallana, Alberite e Barea.

Explotación

editar

Hai dous encoros que represan as augas do Iregua: Pajares e González Lacasa, entre ambos os dous encoran 70 hm³ de auga.