Islallana
Coordenadas: 42°19′31″N 2°30′52″O / 42.32528, -2.51444
Islallana é unha localidade da comunidade autónoma da Rioxa (España). É unha pedanía que pertence ao concello de Nalda. Está situada xunto ao río Iregua, rodeada de numerosas penas, nos primeiros contrafortes do Sistema Ibérico.

Nesta localidade toma as augas do Iregua o río Antiguo, canle de rego que subministra os concellos de Nalda, Albelda de Iregua, Entrena, Navarrete e Fuenmayor.
ComunicaciónsEditar
A estrada N-111, que comunica Logroño con Soria, atravesa a localidade.
Noroeste: Sojuela | Nordés: Nalda e Albelda de Iregua | |
Sueste: Viguera |
DemografíaEditar
Islallana contaba a 1 de xaneiro de 2010 cunha poboación de 147 habitantes, 83 homes e 64 mulleres.[1]
Gráfica de evolución demográfica de Islallana entre 2001 e 2010 |
![]() |
Poboación de dereito (2001-2010) segundo os censos de poboación do INE a 1 de xaneiro de cada ano. |
FestasEditar
As festas patronais celébranse o 3 de decembro e o 11 de marzo, en ambos os casos en honra a San Francisco Javier.