Fuenmayor

Fuenmayor é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España. Situada entre o río Ebro e a N-232, e xunto o FFCC Castejón-Bilbao, o que a sitúa nun lugar estratéxico que propiciou o seu desenvolvemento.

Fuenmayor 2007 10 5.JPG

HistoriaEditar

Fuenmayor é citada por primeira vez no século XI, nun documento no cal a raíña Estefanía de Foix cedía esta localidade e outras ao Mosteiro de Santa María a Real de Nájera. Pero restos celtibéricos e romanos indican que xa estaba habitada con anterioridade.

No século XVII os seus veciños compraron a independencia á localidade á que pertencían, Navarrete, por 6.600 ducados. O seu desenvolvemento económico acaeceu no século XIX, coa construción de grandes adegas.

EconomíaEditar

En Fuenmayor sitúanse ata 25 adegas pertencentes á Denominación de Orixe Cualificada Rioxa, algunhas tan importantes como Adegas AGE, Adegas Lan; así como industrias madeireiras e de cerámica como Cerabrick Grupo Cerámico.

MonumentosEditar

Arquitectura relixiosaEditar

  • Igrexa de Santa María, construída entre os séculos XVI e XVII. Destaca o seu altar maior, de estilo romanista.
  • Ermida do Cristo, de estilo barroco.
  • Ermida do Carmen

Arquitectura civilEditar

  • Palacio de Fernández Bazán, do século XVII.
  • Palacio dos Marqueses de Terán, antiga sede da Real Xunta de Colleiteiros.
  • Cine Gran Coliseo, edificio dos anos 30, o primeiro cine español co anfiteatro colgado e sen columnas no patio de butacas.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar