Torrecilla en Cameros

Coordenadas: 42°16′12″N 02°37′12″O / 42.27000, -2.62000

Torrecilla en Cameros é un municipio da Rioxa. En 2007 tiña 550 habitantes.

Localización de Torrecilla en Cameros en La Rioja.
Torrecilla.

Demografía editar

Sufriu unha forte diminución da poboación. Nos anos 60, unha fábrica de mobles desprazouse, levándose en moi poucas semanas a 160 familias, que supoñían a metade da poboación. En 1960 a poboación era de 1.347 habitantes, e en 1970 reduciuse a 626.

División administrativa editar

O pobo está formado por tres barrios.

  • San Martín (El Barrio), o máis importante, cara ao que conflúen os outros dous, presidido pola igrexa de San Martín. Ao estar situado nunha ladeira, algunhas das súas rúas son moi empinadas.
  • Barruelo, é o único dos tres situado que se acha na beira dereita do río Iregua.
  • Campillo, primitivo asentamento da vila que conta cunha igrexa dedicada a San Antón e a ermida de Santa Águeda.

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.