7 vidas

(Redirección desde «Siete Vidas»)

Siete Vidas é unha comedia de situación emitida por Telecinco entre xaneiro de 1999 e abril de 2006 cun enorme éxito de audiencia. Superou os 200 episodios emitidos converténdose na serie de ficción española semanal que logrou estar máis tempo en emisión.

7 vidas
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Epónimosete vidas dun gato Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocomedia de situación Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aVíctor García Editar o valor en Wikidata
Director/aNacho G. Velilla Editar o valor en Wikidata
GuionistaNatxo Lopez Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enMadrid Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Produtor/aNacho G. Velilla Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraGlobomedia Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelecinco Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo17 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Remate16 de abril de 2006 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Aída Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios204 Editar o valor en Wikidata
Tempadas15 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt0192877 Filmaffinity: 736794 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Elenco

editar

O seu elenco inicial estaba formado por cinco actores: Paz Vega (Laura), Javier Cámara (Paco), Blanca Portillo (Carlota), Toni Cantó (David) e Amparo Baró (Sole), sendo está última a única que permaneceu na serie durante tódalas súas temporadas.

Por Siete Vidas pasaron con personaxes fixos actores coma Gonzalo de Castro (Gonzalo), Anabel Alonso (Diana), Santi Millán , Santiago Rodríguez (Froiteiro), Guillermo Toledo (Richard), Carmen Machi (Aída), Eva Santolaria (Vero), Florentino Fernández (Félix), María Pujalte (Mónica), Leandro Rivera (Pablo), Yolanda Ramos (Charo) e Cristina Peña (Irene) entre outros.

Cameos

editar

A lista de actores e personaxes coñecidos españois que fixeron cameos na serie é interminable incluíndo a Jesús Vázquez, Jesús Hermida, Santiago Carrillo, Antonio Gala, María Teresa Campos, Elvira Lindo, Fernando Sánchez Dragó, Iker Casillas, Tamar Novas, Ronaldo, Agustín González, José Luis López Vázquez, Raphael, Toni Acosta, Josep Piqué, Héctor Alterio, Unax Ugalde, El Gran Wyoming, Alfonso Guerra, Julio Anguita, Pepón Nieto, José Ángel Egido, Llum Barrera, María Botto, Óscar Jaenada, Alicia Borrachero, Patricia Vico, Amparo Soler Leal, Maribel Verdú, Belén Rueda, Lolita Flores, Amparo Larrañaga, Paco León, Carlos Sobera, Álex Angulo, Sancho Gracia, David Bisbal, Luis Merlo ou Soraya Arnelas entre outros moitos.

Spin-off

editar

En 2005 estreouse en Telecinco Aída, un spin-off de Siete Vidas protagonizado por Carmen Machi interpretando o mesmo papel.

Banda sonora

editar

A canción da serie estaba interpretada nos seus inicios polo seu autor, Emilio Aragón. Máis tarde pasou a cantala Raimundo Amador, e os encargados de facelo nas últimas temporadas foron o grupo El Canto del Loco.

Premios e candidaturas

editar

A serie recibiu multitude de premios entre os que destacan:

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar