Abrir o menú principal

Blanca Portillo Martínez de Velasco, nada en Madrid o 15 de xuño de 1963 é unha actriz, produtora e directora española.

Blanca Portillo
Blanca Portillo en Almagro (cropped).jpg
Nome completoBlanca Portillo Martínez de Velasco
Nacemento15 de xuño de 1963 (56 anos)
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña España
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu en Madrid, cidade na que empezo a apuntarse a pequenas producións de teatro afeccionado. Para realizar o seu desexo de converterse en actriz, matriculouse na RESAD, onde se graduou en Arte Dramática. Co título na man consegue papeis en funcións como Bodas de sangre (1984), El mal de la juventud (1985), Lope de Aguirre, traidor (1988), Marat-Sade (1992) ou Las troyanas (1993). Destacou o seu dobre papel de Cuento de invierno (1992), na que encarnou unha raíña que morría de pena tras verse acusada inxustamente de adulterio e a filla desta, que vivira durante anos créndose unha campesiña e que lograba restablecer a harmonía na terra.

En 1994 protagonizou con Joaquín Kremel a obra de David Mamet, Oleanna, na que interpretaba unha estudante que reclamaba unha maior nota ao seu profesor. Debutou no cinema en Entre rojas, ao que se sumou El color de las nubes, no que encarnou unha nai divorciada que desatendía o seu fillo e que lle valeu a candidatura ao Goya á mellor actriz revelación.

En 1997 iniciou a súa carreira como directora teatral Hay amores que hablan. Pouco despois foi fichada para a serie de televisión 7 vidas, onde interpretou a Carlota. En 2004 decidiu abandonar a serie para emprender un proxecto teatral na Arxentina titulado La hija del aire, baseada nun texto de Calderón de la Barca. Ao regresar a España levou a escena a obra en Madrid y pouco despois interpretou un home no filme Alatriste, baseada na novela de Arturo Pérez-Reverte.

A finais de 2010 asumiu o cargo de directora do Festival de Mérida.

En 2012 rodou entre Galicia e Cataluña Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, dirixida por Laura Mañá, na que interpretou a protagonista, pola que foi candidata ao premio Mestre Mateo.

FilmografíaEditar

TelevisiónEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor actriz Concepción Arenal, a visitadora de cárceres Nomeada

Véxase taménEditar