Iker Casillas
Iker Casillas Fernández, nado en Móstoles (Madrid) o 20 de maio de 1981, é un exfutbolista español que xogaba na posición de porteiro.
Foi capitán da selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]
Traxectoria
editarDe orixe abulense, aínda que se considera de Móstoles, pois viviu sempre neste municipio madrileño, naceu na capital. Xoga (2010) de Porteiro no Real Madrid da Primeira División de España e na Selección de fútbol de España, onde ademais é o capitán.
Iker Casillas foi designado como o mellor porteiro do mundo de 2008 e 2009 na clasificación que elabora a Federación Internacional de Historia e Estatística do Fútbol ou IFFHS e o FIFPro. Desde o ano 2000 foi incluído habitualmente na lista dos mellores porteiros segundo a IFFHS.[2]
Palmarés
editarCampionatos nacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga de España | Real Madrid | España | 2001 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2001 |
Liga de España | Real Madrid | España | 2003 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2003 |
Liga de España | Real Madrid | España | 2007 |
Liga de España | Real Madrid | España | 2008 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2008 |
Liga de España | Real Madrid | España | 2012 |
Copas internacionais
editarTítulo | Equipo (*) | País | Sede da final | Ano |
---|---|---|---|---|
Liga de Campións da UEFA | Real Madrid | España | París, Francia | 2000 |
Liga de Campións da UEFA | Real Madrid | España | Glasgow, Escocia | 2002 |
Supercopa de Europa | Real Madrid | España | Mónaco | 2002 |
Copa Intercontinental | Real Madrid | España | Yokohama, Xapón | 2002 |
Selección nacional
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | Selección española | Nixeria | 1999 |
Eurocopa | Selección española | Austria | 2008 |
Copa Mundial de Fútbol de 2010 | Selección española | Suráfrica | 2010 |
Eurocopa | Selección española | Ucraína | 2012 |
Distincións individuais
editarDistinción | Ano |
---|---|
Trofeo Bravo | 1999-2000 |
Trofeo Zamora | 2007-2008 |
Porteiro Menos Goleado da Eurocopa | 2008 |
Mellor Porteiro do Mundo segundo FIFPro | 2008 |
Mellor porteiro do Mundo segundo a IFFHS | 2008 |
Mellor porteiro do ano segundo a LFP | 2009 |
Medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo | 2009 |
Mellor porteiro do mundo segundo FIFPro | 2009 |
Mellor porteiro do mundo segundo IFFHS | 2009 |
Incluído no equipo ideal FIFA/FIFPro | 2009 |
Incluído no once ideal de L'Équipe | 2009 |
Notas
editar- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ Mellor porteiro do Mundo segundo IFFHS
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar