Fernando Sánchez Dragó
Fernando Sánchez Dragó, nado en Madrid o 2 de outubro de 1936[1] e finado en Castilfrío de la Sierra (provincia de Soria) o 10 de abril de 2023,[2] foi un escritor e xornalista español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1936 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 10 de abril de 2023 ![]() Castilfrío de la Sierra, España ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Educación | Colegio Nuestra Señora del Pilar ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura española e filoloxía hispánica ![]() |
Ocupación | xornalista, crítico literario, filólogo, presentador de televisión, escritor, político, novelista ![]() |
Empregador | Televisión Española ![]() |
Participou en | |
18 de outubro de 2018 | España siempre (en) ![]() |
14 de marzo de 2018 | Manifesto pola Historia e a Liberdade |
14 de xullo de 2014 | manifesto «Libres e Iguais» |
19 de xuño de 2002 | Manifesto contra a morte do espírito e da terra ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Ayanta Barilli ![]() |
Pai | Fernando Sánchez Monreal ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | sanchezdrago.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFamilia
editarSánchez Dragó era sobriño-neto de Modesto Sánchez Ortiz, director de La Vanguardia,[3][4] e era neto de Gerardo Sánchez Ortiz, un dos fundadores da Asociación da Prensa de Madrid.[3]
Foi o fillo máis vello de Elena Dragó Carratalá[5] e o fillo único e póstumo do periodista Fernando Sánchez Monreal, que fora redacto-xefe do diario La Voz, e que tamén fora director e propietario do periódico Noti-Sport e director da axencia de noticias Febus[3] cando se produciu a Guerra civil española e durante a que foi asasinado en Burgos[3] en setembro de 1936.[6]
Primeiros anos
editarNaceu no barrio de Salamanca,[7] e ten afirmado que, de neno, pasaba moito tempo falando co seu anxo da garda, chamado Jai.[8]
Estudou no Colegio del Pilar,[7][9][10] de Madrid e estudou e se licenciou en Filoloxía Románica (1959) e Linguas Modernas, na especialidade de italiano (1962) e acadou o doutoramento en Letras pola Universidade de Madrid, cunha tese sobre Valle-Inclán.[1]
Foi militante comunista durante a súa mocidade[6] e pasou pola prisión varias veces pola súa oposición ao franquismo. Porén, as súas posturas foron evolucionando ata o liberalismo e un orientalismo espiritual esotérico que rexeita a modernidade, influenciado por Vicente Risco[11] xunto coa filosofía grega.
Pasamento
editarO 10 de abril de 2023, faleceu na súa casa de Castilfrío de la Sierra logo de sufrir un ataque ao corazón.[12][13]
Vínculos con Galicia
editarEn 1979 publicou Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España, que tivo moito éxito e recibiu o Premio Nacional de Ensaio.[14] Foi unha obra transgresora e heterodoxa que rachaba co nacionalcatolicismo e centralismo oficiais no franquismo. Nela, analizaba os mitos e lendas dun posíbel inconsciente colectivo ibérico. Influído por Vicente Risco, abórdanse temas vinculados a Galicia como o megalitismo, os celtas, Hércules, o priscilianismo, o camiño de Santiago, a figura do Apóstolo Santiago, a Raíña Lupa o Santo Graal do Cebreiro, un capítulo dedicado a Galicia cun punto de vista galeguista, as relacións entre Galicia e Irlanda, a licantropía, as cidades somerxidas, os druídas, Fisterra, San Brandán, Santo André de Teixido e o cabo Ortegal, a Estaca de Bares, a Santa Compaña, Casitérides, o nó de Salomón, os mouros, a escritura ógmica, Oestrimnios, o curandeirismo.
Entre outras influencias da abondosa bibliografía de máis de mil volumes están autores galegos, Benito Jerónimo Feijoo algúns da Xeración Nós como López Cuevillas e Otero Pedrayo ademais de Manuel Murguía, Antonio Fraguas, Bouza-Brey, Victoria Armesto, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Carré Aldao, Xosé Filgueira Valverde, Méndez Ferrín ou Federico Maciñeira. Tamén se documentou coa Revista Nós.[11]
O autor chegou a afirmar que a obra influíu no galeguismo,[11] e foi eloxiada por Eduardo Blanco Amor ou José Saramago, amigos do autor. Tamén por Carlos Casares, que o definiu como un "exercicio estilístico sen precedentes".[15] Sobre Dragó declarou:
Apaixonado e reflexivo, independente, irrespectuoso, iconoclasta, cristián, místico, visceral, lúcido, teimón, arbitrario, seguro, sarcástico, despectivo, intelixente e incriblemente culto Carlos Casares[16]
A obra tamén foi eloxiada polos historiadores Claudio Sánchez-Albornoz, Domínguez Ortiz e José Antonio Maravall.[11] O estilo da obra está inspirado en Valle-Inclán,[11] e influíu, do mesmo xeito, na obra de Ramón Sainero.
En 1984 publicou Finisterre. Sobre viajes, travesías, naufragios y navegaciones, obra na que colaborou Valentín Paz Andrade; e, en 1999, publicou Historia mágica del Camino de Santiago.
Polémicas
editarNunhas declaracións no seu libro Dios los cría y ellos hablan de sexo, drogas, España, corrupción… (2010) presumiu de ter abusado de dúas nenas menores de idade, de trece anos, cando vivía no Xapón nos sesenta e era profesor de literatura.[17] Segundo a versión do propio Sánchez Dragó, afirmou que se tratou de ficción.[18]
Obra
editar- España viva (Muchnik Editores, 1967)
- Gárgoris y Habidis. Una Historia mágica de España (Libros Hiperión, 1978)
- La España mágica: Epítome de Gárgoris y Habidis (Alianza Editorial, 1983)
- Eldorado (Editorial Planeta, 1984)
- Finisterre. Sobre viajes, travesías, naufragios y navegaciones (Editorial Planeta, 1984)
- Ideas para una nueva política cultural (Ediciones Almar, 1984)
- Las fuentes del Nilo: protocolos del camino de Damasco (Editorial Planeta, 1986)
- Del priscilianismo al liberalismo. Doble salto sin red (Editorial Prensa y Ediciones Iberoamericanas, 1987)
- Volapié. Toros y tauromagia (Espasa-Calpe, 1987)
- El camino del corazón (Editorial Planeta, 1990), coa que quedou finalista no Premio Planeta.[19]
- Diario de un guerrero. La Dragontea, I (Editorial Planeta, 1992)
- La prueba del laberinto (Editorial Planeta, 1992)
- Calendario espiritual (Temas de Hoy, 1992)
- Discurso numantino. Segunda y última salida de los ingeniosos hidalgos Gárgoris y Habidis (Editorial Planeta, 1995)
- La del alba sería. Mis encuentros con lo invisible (Editorial Planeta, 1996)
- Diccionario de la España Mágica (con Antonio Ruiz Vega) (Espasa-Calpe, 1997)
- En el alambre de Shiva. La Dragontea, II (Editorial Planeta, 1997)
- El camino hacia Ítaca. La Dragontea, III (Editorial Planeta, 1998)
- Historia mágica del Camino de Santiago (Editorial Planeta, 1999)
- Carta de Jesús al Papa (Editorial Planeta, 2001)
- El Sendero de la Mano Izquierda (Martínez Roca, 2002)
- Sentado alegre en la popa. La Dragontea, IV (Editorial Planeta, 2004)
- Kokoro: A vida o muerte. Dragó entrevista a Dragó (La Esfera de los Libros, 2005)
- Muertes paralelas (Editorial Planeta, 2006)
- Libertad, fraternidad, desigualdad. Derechazos (Editorial Áltera, 2007)
- Diario de la Noche. Los textos más polémicos del informativo nocturno más personal (Editorial Planeta, 2007)
- Y si habla mal de España... es español (Editorial Planeta, 2008)
- Soseki. Inmortal y tigre (Editorial Planeta, 2009)
- con Albert Boadella: Dios los cría... (Editorial Planeta, 2010)
- El lobo feroz (Editorial Áltera, 2011)
- Esos días azules. Memorias de un niño raro (Editorial Planeta, 2011)
- con Ayanta Barilli: Pacto de sangre (Editorial Planeta, 2013)
- La canción de Roldán: Crimen y castigo (Editorial Planeta, 2015)
- Shangri-La: El elixir de la eterna juventud (Editorial Planeta, 2016)
- España vertebrada (Editorial Planeta, 2019)
- España guadaña. Arderéis como en el 36 (Editorial Almuzara, 2019)
- Galgo corredor. Los años guerreros. 1953-1964 (Editorial Planeta, 2020)
- Habáname (Harkonnen Books, 2021)
- Un paseo por el honor y la muerte (Editorial Almuzara, 2022)
Premios
editarComo escritor
editar- Premio Nacional de Ensaio (España) Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España (1979)[14]
- Premio Planeta por La prueba del laberinto (1992)[20]
- Premio Espiritualidad Martínez Roca por El Sendero de la Mano Izquierda (2002)
- Premio Fernando Lara de novela por Muertes paralelas (2006)
- Premio Castela e León das Letras (2022)
Como xornalista
editarComo xornalista de prensa, radio e televisión traballou en diversos países. Foi Premio Ondas (1988)[21] por El mundo por montera e Premio Nacional de Fomento da Lectura, do ano 2000, por Negro sobre blanco.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Vida y currículum". sanchezdrago.com (en castelán). 2023. Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Alemany, Luis; Madueño, Juan Diego (10 de abril de 2023). "Muere Fernando Sánchez Dragó de un infarto a los 86 años". elmundo.es (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 C., Raúl (30 de abril de 2020). "Sánchez Dragó (II): “Internet se ha cargado al periodismo”". eldiario.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (11 de xaneiro de 2012). "Modesto Sánchez Ortiz, el director que transformó 'La Vanguardia' (1888 a 1901)". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Aláez Serrano (2006), p. 36
- ↑ 6,0 6,1 Cruz, Juan (19 de xullo de 2006). "Ahora soy el padre de mi padre". elpais.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 Altozano, Gonzalo (24 de setembro de 2016). "Fernando Sánchez Dragó: "Sigo siendo un niño bien del barrio de Salamanca"". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Aláez Serrano (2006), p. 28
- ↑ Valdeón, Julio (10 de agosto de 2016). "Fernando Sánchez Dragó: «El día en que entramos en la Unión Europea pedí el estatuto de apátrida»". larazon.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (25 de outubro de 20115). "Évole radiografía El Pilar, el colegio de los poderosos". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España"Planeta. Edición de 2001
- ↑ "Muere Fernando Sánchez Dragó de un infarto". ELMUNDO (en castelán). 2023-04-10. Consultado o 2023-04-10.
- ↑ EFE (2023-04-10). "Muere el escritor Fernando Sánchez Dragó de un infarto a los 86 años". Información (en castelán). Consultado o 2023-04-10.
- ↑ 14,0 14,1 "Premiados - Premio Nacional de Ensayo". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ La Voz de Galicia 11 de abril de 2023
- ↑ La Voz de Galicia 11 de abril de 2023
- ↑ SEVILLANO, MARÍA R. SAHUQUILLO | ELENA G. (2010-10-26). "Sánchez Dragó reconoce en su último libro haberse acostado con dos niñas de 13 años". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582.
- ↑ "Dragó da por 'zanjada' la polémica por sus supuestas relaciones con menores". El Mundo. 31 de outubro de 2010. Consultado o 14 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (16 de outubro de 1990). "Antonio Gala gana el Premio Planeta con una novela que presenta la cara oscura de 1492". elpais.com. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "XLI Premio Planeta". premioplaneta.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ "Palmarés 1988". premiosondas.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2023. Consultado o 7 de abril de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Sánchez Dragó |
Bibliografía
editar- Aláez Serrano, Florentino-Javier (2016). El pensamiento religioso de Fernando Sánchez Dragó (PDF) (en castelán). (Tese de doutoramento). Madrid: Universidad Complutense de Madrid. Instituto Universitario de Ciencias de las Rreligiones.