La Voz (Madrid)

periódico de Madrid (1920-1939)

La Voz foi un periódico vespertino editado en Madrid[1] fundado o 1 de xullo de 1920 por Nicolás María de Urgoiti, director de La Papelera Española, que deixou de publicarse o 28 de marzo de 1939 ao entrar as tropas sublevadas a Madrid na Guerra Civil.

La Voz (Madrid)

Editar o valor em Wikidata
FundadorNicolás María de Urgoiti
Lingualingua castelá
LocalidadeMadrid
ISSN2171-2506
Na rede
HemBNE: 0000707686 HemBNE: 706216
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O diario xurdiu para crear un tándem de periódicos á americana, cun diario da mañá serio e doutrinal, El Sol, e un da tarde, lixeiro e popular, moi atento á «última hora», La Voz. Tamén foi consecuencia dunha Real Orde aprobada polo Goberno de Eduardo Dato o mes anterior que regulaba o prezo da prensa diaria e que imposibilitaba a El Sol ofrecer a mesma calidade a un prezo inferior. Cumpriu as expectativas da empresa de Urgoiti para aumentar o seu rendemento. Triunfou rapidamente onde El Sol fracasara, na venda nas rúas de Madrid, sector no que se situou no primeiro posto.

Estivo dirixido polo xornalista granadino Enrique Fajardo, coñecido como «Fabián Vidal», e o seu redactor xefe foi Manuel Bueno, que foi substituído por Benito Artigas Arpón en 1931, cando o diario cambiou de mans empresariais. Na súa nómina de redactores e colaboradores figuraron Luis Araquistain; Tomás Borrás, encargado da crítica teatral e cinematográfica; Enrique Díaz-Canedo, da literaria; Nilo Fabra, co pseudónimo «El Espectador», da de tribunais; Ángel Galarza, co de «Modestino», da municipal e xudicial; Maximiliano Clavo, co de «Corinto y oro», da taurina; Ricardo Gutiérrez Abascal, co de Juan de la Encina, da crítica de arte. José Joaquín Sanchís Zabalza foi o encargado da sección de economía e finanzas e Andrea Mersae foi o seu correspondente en París. Tamén figuraron na nómina Luis Bello, Eduardo Gómez de Baquero (Andrenio), Luis Blanco Soria, Antonio Cacho Zabala, Alberto Insúa, Antonio Botín e Irene Falcón, así como José Ortega y Gasset, Ramiro de Maeztu e Ramón Pérez de Ayala. Moitos deles ocuparon postos políticos no goberno republicano.

Era un periódico de confección lixeira e movida e un ton desenfadado mesmo nos titulares. Propúxose captar un público popular, xusto o que se mostraba esquivo a El Sol. Supliu con creces a atención que este negaba por principio aos touros e aos sucesos máis ou menos sanguentos ou escandalosos. Porén, La Voz non era un periódico sensacionalista, tiña tamén unha excelente colaboración literaria e de crítica. Dedicaba moita atención ao problema obreiro, cunha sección diaria titulada «La lucha de clases en toda España».

Dende maio de 1934, El Sol e La Voz sufriron múltiples avatares ata a Guerra Civil, baixando considerablemente o seu prestixio e a súa difusión.[2] O último número imprimiuse o 27 de marzo de 1939. Despois da guerra, nos seus talleres, incautados polos falanxistas, empezou a imprimirse o diario Arriba.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar