Jesús Vázquez Martínez

presentador de televisión galego

Jesús Vázquez Martínez, nado en Ferrol o 9 de setembro[1] de 1965, é un modelo e presentador de televisión galego.

Infotaula de personaJesús Vázquez Martínez
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador , presentador de televisión , modelo , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorMediaset España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto Cortés (desde 2005)

IMDB: nm0904786 Facebook: jesusvazquezoficial Twitter: _JesusVazquez_ BNE: XX1317240 Musicbrainz: 397a88fc-fb78-42c3-962f-8229888b1c5d Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Ferrol, sendo neto do futbolista internacional Juan Vázquez Tenreiro, xogador do Racing de Ferrol, Deportivo da Coruña, Atlético de Madrid e Celta de Vigo.[2]

Profesional popular e recoñecido no ámbito nacional, o seu rostro comezou a ser familiar á raíz de ser o condutor nos 90 de espazos televisivos como La quinta marcha ou Hablando se entiende la basca, os dous en Telecinco. En 1993 probou sorte sen demasiado éxito no mundo da música, chegando a gravar un único disco que levou por título A dos milímetros escasos de tu boca e co que, a pesar de todo, logrou un disco de ouro.

Tras unha longa temporada afastado da televisión estatal coincidindo co caso Arny, do que foi absolto, (e durante a cal conduciu os programas A propósito e Gente con chispa en Canal Sur e Esta es mi gente en Telemadrid) volveu a Telecinco en 2001 como presentador do concurso Popstars. Desde entón, a súa carreira segue ligada a esa canle, onde leva presentado Hotel Glam, os debates de Gran Hermano, Nadie es perfecto, Vivo cantando, Operación Triunfo, Supervivientes ou ¡Alla tú!

Tamén realizou algúns traballos como actor: a película Aquí, el que no corre... vuela (1992), de Tito Fernández, a obra teatral La importancia de llamarse Ernesto (1996) e colaboracións en series televisivas coma Manos a la obra, en Antena 3. Nos últimos tempos deixou aparcada a súa carreira interpretativa, aínda que fixo pequenas colaboracións en Siete Vidas e Yo soy Bea.

En 2005 e 2006 recibiu os Premios TP de Ouro ó mellor presentador, ao que xa estivera nomeado en 1992. Nesta mesma categoría estivo nomeado ós Premios da ATV tamén en 2005 e 2006.

En 2010 foi a primeira personaxe masculina en aparecer espido na portada da revista Interviú, na semana do Día do Orgullo Gai. As ganancias da reportaxe fotográficas serán destinadas á ONG ACNUR para construír unha escola en Kenya[3].

Televisión

editar
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 09 de decembro de 2008. 
  2. "El abuelo del presentador Jesús Vázquez fue extremo en el Atlético de Madrid". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de outubro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  3. "Me estoy despidiendo de este cuerpo" Arquivado 30 de xuño de 2010 en Wayback Machine., entrevista de Mamen Mendizábal en Interviú, 25 de xuño de 2010 (en castelán).