Siete Vidas é unha comedia de situación emitida por Telecinco entre xaneiro de 1999 e abril de 2006 cun enorme éxito de audiencia. Superou os 200 episodios emitidos converténdose na serie de ficción española semanal que logrou estar máis tempo en emisión.

7 vidas
FormatoComedia de situación
IntérpretesSanti Rodríguez
Gonzalo de Castro
Amparo Baró
Anabel Alonso
Leandro Rivera
Cristina Peña
María Pujalte
Yolanda Ramos
Iván Massagué
Tema de apertura7 vidas
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán
Episodios204
Produción
Duración50 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco
Primeira emisión17 de xaneiro de 1999
Derradeira emisión16 de abril de 2006
Na rede
IMDB: tt0192877 Filmaffinity: 736794 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elenco editar

O seu elenco inicial estaba formado por cinco actores: Paz Vega (Laura), Javier Cámara (Paco), Blanca Portillo (Carlota), Toni Cantó (David) e Amparo Baró (Sole), sendo está última a única que permaneceu na serie durante tódalas súas temporadas.

Por Siete Vidas pasaron con personaxes fixos actores coma Gonzalo de Castro (Gonzalo), Anabel Alonso (Diana), Santi Millán , Santiago Rodríguez (Froiteiro), Guillermo Toledo (Richard), Carmen Machi (Aída), Eva Santolaria (Vero), Florentino Fernández (Félix), María Pujalte (Mónica), Leandro Rivera (Pablo), Yolanda Ramos (Charo) e Cristina Peña (Irene) entre outros.

Cameos editar

A lista de actores e personaxes coñecidos españois que fixeron cameos na serie é interminable incluíndo a Jesús Vázquez, Jesús Hermida, Santiago Carrillo, Antonio Gala, María Teresa Campos, Elvira Lindo, Fernando Sánchez Dragó, Iker Casillas, Tamar Novas, Ronaldo, Agustín González, José Luis López Vázquez, Raphael, Toni Acosta, Josep Piqué, Héctor Alterio, Unax Ugalde, El Gran Wyoming, Alfonso Guerra, Julio Anguita, Pepón Nieto, José Ángel Egido, Llum Barrera, María Botto, Óscar Jaenada, Alicia Borrachero, Patricia Vico, Amparo Soler Leal, Maribel Verdú, Belén Rueda, Lolita Flores, Amparo Larrañaga, Paco León, Carlos Sobera, Álex Angulo, Sancho Gracia, David Bisbal, Luis Merlo ou Soraya Arnelas entre outros moitos.

Spin-off editar

En 2005 estreouse en Telecinco Aída, un spin-off de Siete Vidas protagonizado por Carmen Machi interpretando o mesmo papel.

Banda sonora editar

A canción da serie estaba interpretada nos seus inicios polo seu autor, Emilio Aragón. Máis tarde pasou a cantala Raimundo Amador, e os encargados de facelo nas últimas temporadas foron o grupo El Canto del Loco.

Premios e candidaturas editar

A serie recibiu multitude de premios entre os que destacan:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar