Jorge Torregrossa

director de cinema e televisión español

Jorge Torregrossa García, nado en Alacant o 3 de outubro de 1973, é un director de cine e televisión español.

Infotaula de personaJorge Torregrossa
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Alacant, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema , guionista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0868441 Allocine: 192750 Allmovie: p633449
Twitter: jorgtorregrossa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na década dos anos noventa recibiu bolsas da Fundación A Caixa e de Martin Scorsese (o Martin Scorsese Young Filmmaker Award). Residiu en Nova York onde permaneceu dez anos e completou a súa formación cun máster en cinematografía, no posgrao para directores da Tisch School of the Arts, Universidade de Nova York. Nesta cidade, dirixiu as súas primeiras curtametraxes, Family Pictures e SaloMe PaMela Me, en 1998, e Desire, en 1999, que suporía o seu recoñecemento pola industria e que conseguiu premios no Festival de Alcalá e do Festival Nacional de Curtametraxes de Almería, e Women in a Train (2001),

Á súa volta a España, alternou a dirección de curtametraxes como Manchas (2005) e Verano o los defectos de Andrés (2006), vídeos musicais para artistas como Antonio Orozco ou Najwa Nimri, anuncios comerciais e series de televisión como Gran Hotel, A Señora, Herederos ou Imperium.[1][2]

En 2012, debutou como director de longametraxe, con Fin (2012), adaptación dunha novela de David Monteagudo e en 2013 rodou a La vida inesperada, que se estreou en 2014, con guión de Elvira Lindo e protagonizada por Javier Cámara e Raúl Arévalo.

Filmografía editar

Cine editar

Televisión editar

Notas editar

  1. "Jorge Torregrossa debutará en la gran pantalla con 'Fin'. El septimoarte.net". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  2. "Jorge Torregrossa, un director novel con mucha experiencia. Contraplano.es". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2018.