Gran Hotel (serie de televisión)
Gran Hotel foi unha serie de televisión dramática e de misterio producida pola galega Bambú Producciones para a súa emisión en Antena 3. A serie estreouse o 4 de outubro de 2011 e acabou o 25 de xuño de 2013. Está protagonizada, entre outros, por Yon González e Amaia Salamanca. Rodouse en diferentes puntos de Santander, especialmente no Palacio da Magdalena, que foi o principal escenario da serie. A serie estreouse superando os 3,7 millóns de espectadores e o 20% de share, e foi a mellor estrea da tempada.
Gran Hotel | |
---|---|
![]() O Palacio da Magdalena, edificio que dá vida ao 'Gran Hotel' da serie. | |
Xénero | Drama de época |
Creado por | Ramón Campos Gema R. Neira |
Intérpretes | Amaia Salamanca Yon González Concha Velasco Eloy Azorín Adriana Ozores Luz Valdenebro Fele Martínez Paula Prendes Marta Larralde Pedro Alonso Llorenç González Asunción Balaguer Manuel de Blas |
País de orixe | ![]() |
Episodios | 39 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Ramón Campos Teresa Fernández-Valdés |
Duración | 80 min aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 4 de outubro de 2011 |
Derradeiro episodio | 25 de xuño de 2013 |
Na rede | |
https://www.antena3.com/series/gran-hotel/ e https://mediasetinfinity.mediaset.it/fiction/grandhotel-intrighiepassioni_SE000000001390 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A segunda tempada da serie empezou a gravarse en xaneiro de 2012 e comezou a emitirse o 3 de outubro de 2012. Consta de 8 episodios e incorporáronse os actores Juan Luis Galiardo, Silvia Marsó, Andrea Trepat, Marian Arahuetas, Alfonso Bassave e Víctor Clavijo.
A terceira tempada estreouse o 22 de xaneiro de 2013, e para ela incorporáronse grandes nomes da ficción española: Lydia Bosch (que xa aparecía nos capítulos finais da segunda tempada), Lluís Homar, Megan Montaner e Marta Hazas. O 19 de marzo de 2013 estreouse unha nova quenda de episodios, pero pertencentes á terceira tempada. O 25 de xuño emitiuse o último capítulo.
Argumento
editar1ª tempada
editarOs acontecementos transcorren en 1905. Julio Olmedo (Yon González), un mozo de orixe humilde, chega ata o idílico Gran Hotel, situado nos arrabaldes dunha vila chamada Cantaloa, para visitar a irmá, Cristina (Paula Prendes), que traballa no hotel como encargada de piso. Alí descubrirá que hai máis dun mes que ninguén sabe nada da súa irmá (despois de que a botasen fóra do hotel por, supostamente, roubarlle a un cliente). Julio decide quedar como camareiro e investigar a desaparición da irmá. No Gran Hotel irá coñecendo o persoal e forxará unha relación con Alicia Alarcón (Amaia Salamanca), unha das fillas de dona Teresa (Adriana Ozores), a propietaria do hotel. Alicia axudarao nas súas pescudas, a canda Andrés (Llorenç González), outro humilde camareiro fillo da gobernanta do hotel (Concha Velasco) con quen xurdirá unha grande amizade. Julio e Alicia namoran tolamente e viven un amor apaixonado, aínda que tamén imposible pola diferenza de clases. Xuntos irán descubrindo mentiras e segredos ben gardados entre as paredes do Gran Hotel.
2ª tempada
editarTres meses logo da voda entre Alicia (Amaia Salamanca) e Diego (Pedro Alonso), e do intento de asasinato de Andrés (Llorenç González), os recentemente casados regresan ao Gran Hotel trala lúa de mel en París. Ao volver ao hotel, Alicia descobre que Julio (Yon González) segue a traballar no Gran Hotel, pois quedou a investigar quen quixo asasinar a Andrés: a partir dese momento, a moza empeza a revivir o amor que sentía por Julio e que cría perdido. Malia o amor rexurdir entre os dous, agora a situación é moito máis perigosa. Diego é ciumento e intelixente e, en canto sospeite que a súa muller sente algo por outro home, vai ver de acabar con el como sexa. Pese a iso, Alicia axuda a Julio na súa pescuda. As investigacións da parella vanse complicando coa aparición de sucesivos sospeitosos. A este misterio axiña se lle cruza outro meirande: a morte de don Carlos Alarcón (Jordi Bosch), o pai de Alicia e anterior dono do hotel. A verdade oficial, que Don Carlos morreu por causas naturais, axiña se revela nunha grande farsa. Julio agora non só ten que protexer a Andrés, senón tamén descubrir os segredos do pasado da familia Alarcón. Doutra banda, Belén (Marta Larralde) está a piques de dar a luz, o que significa que pronto nacerá o inexistente fillo de Sofía (Luz Valdenebro) e Alfredo (Fele Martínez).
3ª tempada
editarTras descubrir o anónimo que acusa a Alicia (Amaia Salamanca) de enganalo, Diego (Pedro Alonso) segue obsesionado con saber con quen lle é infiel a súa esposa. Mentres, a moza segue investigando a morte do seu pai co fin de saber toda a verdade, aínda que a nai, dona Teresa (Adriana Ozores), advírtelle que se descubrise a verdade non sería capaz de soportala. Doutra banda, Sofía (Luz Valdenebro) intentará conseguir o perdón de Alfredo (Fele Martínez) e volver achegarse a el, pero non o conseguirá facilmente. Ademais, Belén (Marta Larralde), quen todo o mundo cría excluída para sempre do Gran Hotel, volverá tras un cambio sorprendente, mentres don Ernesto (Juan Luis Galiardo) abandona o hotel para sempre, deixando unha inmensa tristeza en Ángela (Concha Velasco), quen garda un gran segredo que non tardará en ser revelado ante todos. De feito, o actor Juan Luis Galiardo finaría pouco despois.
Repartimento
editarPersonaxe | Actor/Actriz | Descrición |
---|---|---|
Julio Olmedo | Yon González | Camareiro do hotel. |
Alicia Alarcón | Amaia Salamanca | Filla de dona Teresa. |
Ángela | Concha Velasco | Gobernanta do hotel, nai de Andrés. |
Javier Alarcón | Eloy Azorín | Único fillo de dona Teresa. |
Teresa Aldecoa | Adriana Ozores | Matriarca, viúva de don Carlos Alarcón. |
Sofía Alarcón | Luz Valdenebro | Filla máis vella de Doña Teresa. |
Alfredo Vergara | Fele Martínez | Home de Sofía Alarcón, fillo do Marqués de Vergara. |
Belén | Marta Larralde | Doncela. |
Andrés | Llorenç González | Camareiro, fillo de Ángela e Gabriel. |
Diego Murquía / Adrián Vera | Pedro Alonso | Esposo de Alicia Alarcón. |
Ayala | Pep Antón Muñoz | Detective e psiquiatra de profesión. |
Hernando | Antonio Reyes | |
Maite | Megan Montaner | Avogada, amiga de Alicia Alarcón. |
Jesús Cisneros / Samuel Arriaga | Lluís Homar | Maître. |
Lady | Asunción Balaguer | Hóspede permanente do hotel. |
Marquesa de Vergara | Kiti Manver | Marquesa de Vergara, nai de Alfredo Vergara. |
Natalia | Raquel Sierra | Doncela. |
Beatriz | Vanessa Rius | Doncela. |
Inés | Paula Ovejero | Doncela. |
Xuíz Barreda | Pedro Miguel Martínez | Xuíz. |
Benjamín | Manuel de Blas | Maître, o empregado perfecto. |
Sebastián | Iván Morales | Dono do negocio de apostas ilegais. |
Cristina Olmedo | Paula Prendes | Irmá desaparecida de Julio, antiga encargada de planta do Gran Hotel. |
Pascual | Alejandro Cano | Recepcionista. |
Victoria | Ana Ruiz | |
Eugenia | Inma Cuevas | |
Mercedes | Patricia Delgado | |
Dorotea | Marta Poveda | |
Catalina | Elena Tarrats | |
Ernesto | Juan Luis Galiardo | Maître. |
Isabel | Mariam Arahuetes |
Escenarios
editarOs feitos suceden nun hotel, chamado Gran Hotel, que se sitúa nos arrabaldos do ficcional concello de Cantaloa. A serie gravouse principalmente na península da Magdalena, en Santander. O palacio da Magdalena dálle vida na serie ao idílico hotel, e este é o principal escenario onde transcorren a maioría dos feitos. Ademais, tamén se gravan secuencias tanto nos arredores do palacio, nos prados, nos bosques ou nas praias da península.
A vila que inspira a Cantaloa é unha aldea situada na serra de Madrid chamada Patones de Arriba.
Equipo técnico
editarOs galegos Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés, daquela socios de Bambú Producciones, estiveron detrás da produción executiva desta serie, para a que reuniron de novo o equipo creador dos seus principais éxitos: o director Carlos Sedes, o director de fotografía Jacobo Martín, o músico Federico Jusid e os guionistas Gema R. Neira e Eligio R. Montero. Gran Hotel contou con Juan Luna como asesor histórico, que é conservador xefe do Museo do Prado.
Capítulos e audiencias
editarCapítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
01 | La doncella en el estanque | 4 de outubro de 2011 | 3 719 000 | 20,0% |
02 | El anónimo | 11 de outubro de 2011 | 3 477 000 | 19,7% |
03 | El cuchillo de oro | 18 de outubro de 2011 | 3 401 000 | 18,6% |
04 | La casa abandonada | 25 de outubro de 2011 | 3 302 000 | 17,8% |
05 | Luna de sangre | 1 de novembro de 2011 | 3 412 000 | 18,6% |
06 | La joya desaparecida | 8 de novembro de 2011 | 3 284 000 | 17,9% |
07 | La carta robada | 22 de novembro de 2011 | 3 562 000 | 19,0% |
08 | La sangre de la doncella | 29 de novembro de 2011 | 2 963 000 | 16,2% |
09 | La huella | 6 de decembro de 2011 | 3 443 000 | 19,1% |
SEGUNDA TEMPADA | ||||
10 | Luces y sombras | 3 de outubro de 2012 | 2 823 000 | 14,7% |
11 | Un llanto en la noche | 10 de outubro de 2012 | 3 095 000 | 15,9% |
12 | El secreto | 17 de outubro de 2012 | 2 822 000 | 14,6% |
13 | Retorno al pasado | 24 de outubro de 2012 | 2 662 000 | 13,6% |
14 | Cecilia | 31 de outubro de 2012 | 2 298 000 | 12,9% |
15 | El aniversario | 7 de novembro de 2012 | 2 904 000 | 15,4% |
16 | El bautizo | 14 de novembro de 2012 | 2 902 000 | 15,2% |
17 | El camarógrafo | 21 de novembro de 2012 | 2 940 000 | 15,5% |
TERCEIRA TEMPADA | ||||
18 | Baile de máscaras | 22 de xaneiro de 2013 | 2 626 000 | 14,2% |
19 | Propósito de enmienda | 29 de xaneiro de 2013 | 2 784 000 | 14,5% |
20 | El secuestro | 29 de xaneiro de 2013 | 2 617 000 | 13,7% |
21 | Álbum de familia | 29 de xaneiro de 2013 | 2 742 000 | 14,2% |
22 | El juego de las apariencias | 29 de xaneiro de 2013 | 2 747 000 | 14,2% |
23 | Lazos de sangre | 29 de xaneiro de 2013 | 2 513 000 | 13,9% |
24 | El círculo del mediodía | 5 de marzo de 2013 | 2 578 000 | 14,0% |
25 | La última noche | 12 de marzo de 2013 | 2 733 000 | 14,5% |
26 | El primer día | 19 de marzo de 2013 | 2 720 000 | 15,0% |
27 | Valtejar | 2 de abril de 2013 | 2 711 000 | 13,8% |
28 | La venta | 9 de abril de 2013 | 2 608 000 | 13,7% |
29 | El Torreón | 16 de abril de 2013 | 2 691 000 | 14,4% |
30 | Nobleza obliga | 23 de abril de 2013 | 2 705 000 | 14,4% |
31 | La subasta | 30 de abril de 2013 | 2 541 000 | 13,1% |
32 | La variante del dragón | 7 de maio de 2013 | 2 602 000 | 13,8% |
33 | El enemigo en casa | 14 de maio de 2013 | 2 509 000 | 13,6% |
34 | El escarmiento | 21 de maio de 2013 | 2 517 000 | 13,1% |
35 | La ejecución | 28 de maio de 2013 | 2 615 000 | 13,4% |
36 | La salud de los difuntos | 4 de xuño de 2013 | 2 660 000 | 13,9% |
37 | Revancha | 11 de xuño de 2013 | 2 569 000 | 13,7% |
38 | El sacrificio | 18 de xuño de 2013 | 2 705 000 | 13,7% |
39 | Cólera | 25 de xuño de 2013 | 2 625 000 | 14,9% |
Estreas internacionais
editarGran Hotel emitiuse en varios países, dobrándose aos diferentes idiomas.
País | Cadea | Data da estrea | Título |
---|---|---|---|
Francia | Téva M6 |
1 de xuño de 2012 4 de xullo de 2012 |
Grand Hôtel |
Lituania | LNK | 8 de xuño de 2013 | Viešbutis "Grand Hotel" |
Reino Unido | 3.TV | 13 de xuño de 2012 | Grand Hotel |
Rusia | Domashniy | 11 de xuño de 2012 | Гранд отель |
Turquía | Sinema TV Aksiyon | 1 de abril de 2013 | Grand Hotel |
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor intérprete feminina en ficción nacional | Concha Velasco | Gañadora |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor programa de ficción | Nomeado | |
Mellor actriz | Concha Velasco | Gañadora | |
Mellor director de fotografía e iluminador | Jacobo Martínez | Gañador | |
Mellor director de arte e escenografía | Carlos de Dorremochea | Gañador | |
Mellor maquillaxe, peiteado e carecterización | Montse Boqueras e Mara Collazo | Nomeadas | |
2012 | Mellor ficción | Nomeada | |
Mellor actriz | Adriana Ozores | Gañadora | |
Mellor director de arte e escenografía | Carlos de Dorremochea | Nomeado |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor serie nacional | Nomeada | |
Mellor actriz | Amaia Salamanca | Nomeada |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actor de televisión | Yon González | Gañador |
2012 | Mellor actriz de televisión | Concha Velasco | Nomeada |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ozores | Nomeada |
2012 | Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ozores | Gañadora |
Mellor actriz secundaria de televisión | Concha Velasco | Gañadora | |
Luz Valdenebro | Nomeada |
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor director | Carlos Sedes | Nomeado |
Mellor actor secundario | Pedro Alonso | Nomeado | |
Mellor actriz secundaria | Marta Larralde | Nomeada | |
Mellor serie de televisión | Bambú Producciones | Nomeado | |
Mellor montaxe | Julia Juanatey | Nomeada |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor serie nacional | Nomeada | |
2012 | Mellor actor | Fele Martínez | Nomeado |
Mellor actriz | Concha Velasco | Gañadora |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2012 | Premio 'Pasión de Críticos' ao Mellor produto do ano | Gañadora[1] |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2013 | Premio Estela á Mellor serie de televisión nacional | Gañadora[2] |