Imperium (serie de televisión)
Imperium foi unha serie de televisión española emitida por Antena 3 entre o 5 de setembro e o 11 de outubro de 2012. Igual que a súa predecesora Hispania, la leyenda, está producida por Bambú Producciones e ambientada no século II a.C. Contou cun presuposto duns 20 millóns de euros.
Imperium | |
---|---|
Formato | Drama, Histórico |
Intérpretes | Elvira Mínguez Javier Ríos Aura Garrido Belén Fabra Paula Prendes Nasser Saleh Antonio Mourelos Robert González Lucía Martínez Santi Marín Lluís Homar Pepe Sancho Nathalie Poza Jesús Olmedo Iván Sánchez |
País de orixe | España |
Episodios | 6 |
Produción | |
Duración | 60 min. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 5 de setembro de 2012 |
Derradeiro episodio | 11 de outubro de 2012 |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/imperium | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira e única tempada ten 6 capítulos. Inicialmente, estaban previstos 13 episodios, pero a cadea acordou finalmente rodar só 6 episodios para observar os datos en audiencia. O 11 de outubro a cadea española Antena 3 puxo punto e final para a serie debido á baixa audiencia, menos da que se esperaba considerando a gran mercadotecnia que se fixo dela.
Argumento
editarGalba é un home poderoso e respectado en Roma. Conta co apoio dos senadores máis importantes, encabezados polo senador Quinto... e por iso encargáronlle unha última campaña; acabar coa resistencia de Numancia. Galba parte cara a alí convencido da súa vitoria e de que iso lle outorgará, ao seu regreso, o recoñecemento definitivo. Pero regresa da campaña en Numancia derrotado, humillado... Os hispanos acabaron co seu exército. Galba perdeu a súa honra e, sobre todo, o seu poder en Roma. E non foi casual; alguén lle traizoou.
Galba non está disposto a renderse; a súa familia, os Sulpicio, ha de volver ocupar o lugar que merece en Roma, e para iso está disposto a facer calquera cousa, ata a empezar unha nova guerra con aqueles que lle fixeron caer. Non sabe que un erro do seu pasado perséguelle. Un erro que ten nome de muller: Cora. Unha muller que, para salvar ao seu pai, está disposta a pactar cos seus maiores inimigos, un home empeñado en recuperar a gloria perdida e unha familia que quere controlar toda Roma.
Repartimento
editarPersonaxe | Actor / Actriz |
Servio Sulpicio Galba | Lluís Homar |
Quinto Servilio Cepión | Pepe Sancho |
Claudia Fabia Mara | Nathalie Poza |
Marco | Jesús Olmedo |
Octavio | Antonio Mourelos |
Antonia | Elvira Mínguez |
Cordelia | Belén Fabra |
Décimo | Robert González |
Sabina | Ángela Cremonte |
Tito † | Javier Ríos |
Diana / Cora de Capua | Aura Garrido |
Aurora / Vistilia | Lucía Martínez |
Vera | Paula Prendes |
Druso | Fernando Andina |
Gaia | Thais Blume |
Tiberio Lucio Varo | Carlos Álvarez Novoa |
Craso | Nasser Saleh |
Libo | Santi Marín |
Messina | Alicia González Laá |
Mario Terentio Ruga | Manuel Sánchez Ramos |
Catón | José Ángel Egido |
Apio Claudio | Helio Pedregal |
Petra | Elena Furiase |
Fabio † | Iván Sánchez |
Capítulos e audiencias
editarCapítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
1 | Sulpicio | 5 de setembro de 2012 | 1 849 000 | 10,9% |
2 | El último hombre en pie | 12 de setembro de 2012 | 1 581 000 | 10,2% |
3 | La mujer del tribuno | 20 de setembro de 2012 | 1 415 000 | 8,8% |
4 | Hijos | 27 de setembro de 2012 | 1 528 000 | 9,2% |
5 | La máscara | 4 de outubro de 2012 | 1 358 000 | 9,0% |
6 | El asalto | 11 de outubro de 2012 | 1 088 000 | 7,0% |
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor fotografía | Jacobo Martínez | Nomeado |