Paula Prendes
Paula Prendes Martínez, nada en Xixón o 21 de xaneiro de 1983, é unha actriz, presentadora de televisión e xornalista española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1983 (41 anos) Xixón, España |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, actriz |
Traxectoria
editarNaceu o 21 de xaneiro de 1983 en Xixón (Asturias). Cursou os seus primeiros estudos no Colexio Público de Cabueñes. Posteriormente pasou a realizar os seus estudos no IES El Piles, tamén na súa cidade natal, Xixón.[1]
Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca, Paula Prendes foi redactora e locutora de informativos na Cadena Ser de Xixón, de deportes na Cadena Ser de Salamanca, dos informativos de Localia de Madrid e foi reporteira en El octavo mandamiento, programa de entretemento dirixido por Javier Cárdenas en Localia de Madrid. Tamén presentou Electronic Arts, programa emitido nunha coñecida web de videoxogos e colaborou como reporteira na MTV.
En televisión, protagonizou a serie Somos cómplices (Antena 3) e Becarios (Telecinco) e participou noutras como Bicho malo (nunca muere) (Antena.Neox), Hermanos y detectives (Telecinco), así como no derradeiro capítulo de Los hombres de Paco (Antena3).[2]
En Periodistas FC traballaba como presentadora e reporteira do programa xunto aos presentadores Dani Mateo e Ricardo Castella. Dende a cancelación deste programa, incorporouse como reporteira de Sé lo que hicisteis..., tamén en La Sexta. En xuño dese mesmo ano acaparou a portada da revista Primera Línea e en xullo, da revista masculina FHM.[3]
Dende 2011 e até 2013 participou na serie de Antena 3 Gran Hotel como Cristina Olmedo, sendo a irmá de Julio Olmedo (Yon González). En 2012 comeza unha nova serie Imperium, o spin-off de Hispania, la leyenda con Lluís Homar, Nathalie Poza ou Ángela Cremonte entre outros. En novembro dese mesmo ano, volveu ser portada da revista FHM. En 2013 deu vida a Carolina Jiménez en Gran Reserva: El origen para TVE, precuela da serie Gran Reserva. Dende 2014 e até 2015 estivo na serie B&B, de boca en boca para o prime time de Telecinco na que deu vida a Martina.[4][5]
Notas
editar- ↑ "Noticias de Paula Prendes na revista Hola!". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 25 de abril de 2019.
- ↑ "Hermanos y detectives". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 11 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Paula na portada da revista FHM". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 25 de abril de 2019.
- ↑ Paula Prendes en LaHiguera.net
- ↑ Filmografía en Sensacine
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paula Prendes |
Ligazóns externas
editar- Paula Prendes na IMDb (en inglés).