Abrir o menú principal

Yon González Luna, nado en Bergara (Guipúscoa) o 20 de maio de 1986, é un actor español. É irmán do tamén actor Aitor Luna.

Yon González
Nome completoYon González
Nacemento20 de maio de 1986 (33 anos)
LugarBergara, Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mentres aínda estaba a estudar o bacharelato na localidade de Arrasate decidiu trasladarse a Madrid para traballar en televisión. O seu debut interpretativo tivo lugar na serie xuvenil diaria SMS en 2006, onde coincidiu con actores como Amaia Salamanca, Aroa Gimeno, María Castro ou Mario Casas. Finalizada a serie, incorporouse ao elenco de El internado para dar vida a Iván Noiret durante as sete tempadas que durou a ficción. O seu papel levouno a ser nomeado no Festival de Televisión de Montecarlo na súa 49ª edición na categoría de mellor actor de drama e a ser galardoado pola Asociación de Cronistas de Espectáculos de Nova York como mellor actor revelación.

Tras debutar na gran pantalla en 2009, con Rabia e Mentiras y gordas retomou a súa carreira televisiva en 2011. Ese ano foi Manuel Hernández na serie Gran Reserva e Julio Olmedo en Gran Hotel que se prolongou durante tres tempada ata concluír no primeiro trimestre do ano 2013.

En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrado xunto a Blanca Romero.

TelevisiónEditar

Ano Serie Papel Cadea Notas
2006-2007 SMS Andrés La Sexta Personaxe principal (187 episodios)
2007-2010 El internado Iván Noiret León Antena 3 Personaxe principal (71 episodios)
2010 Sofía Constantino II de Grecia Antena 3 Personaxe principal (2 episodios)
2011 Gran Reserva Manuel Hernández TVE Personaxe principal (13 episodios)
2011 Los Quién Paco Antena 3 Personaxe secundario (1 episodio)
2011-2013 Gran Hotel Julio Olmedo Antena 3 Personaxe principal (37 episodios)
2015 Bajo sospecha Víctor Reyes / Víctor Lago Sánchez Antena 3 Personaxe principal (13 episodios)

CineEditar

Ano Película Personaxe Notas
2009 Rabia Adrián Papel secundario
Mentiras y gordas Nico Papel principal
2011 Transgression Helio Papel secundario
Torrente 4: Lethal Crisis Peralta Papel secundario
2014 El club de los incomprendidos Rodrigo Papel secundario
Matar el tiempo Boris Papel secundario
2015 Perdiendo el Norte Hugo Papel principal

CurtametraxesEditar

Premios e candidaturasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar