Mondragón, Guipúscoa
Mondragón[1] (en castelán: Mondragón, en éuscaro: Arrasate e no dialecto local Mondragoe[Cómpre referencia]; oficialmente Arrasate/Mondragón) é un concello de Guipúscoa, o máis poboado da comarca de Debagoiena, no País Vasco, con 22.116 habitantes, que ocupan unha área de 30,8 km².
Mondragón (es) Arrasate (eu) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Debagoiena | |||
Poboación | ||||
Poboación | 21.867 (2023) (639,39 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 34,2 km² | |||
Altitude | 236 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 15 de maio de 1260 | |||
Día festivo | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ignacio Azcarraga-Urizar Larrea (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20500 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 20055 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | arrasate.eus | |||
Economía
editarÉ coñecido pola súa activitade cooperativa, que orixinou a creación de empresas como Euskadiko Kutxa/Caja Laboral, Eroski, Fagor, Universidade de Mondragón etc. Todas estas cooperativas forman parte de Mondragón Corporación Cooperativa (MCC). Moitos habitantes de Arrasate e da comarca, e aínda de todo o País Vasco, traballan en diferentes empresas desta cooperativa.
Demografía
editarXeografía
editarArrasate está situado no suroeste do territorio de Guipúscoa, no límite coas provincias de Áraba e Biscaia. O municipio está nun val, arrodeado de montañas, entre as que cómpre destacar o Udalatx (1.117 m), e con menor elevación o Murugain (778 m) e o Kurtzetxiki (532 m).
O concello limita o norte con Elorrio (Biscaia) e Bergara, ao sur con Aretxabaleta, ao leste con Oñati e ao oeste con Aramaio (Áraba).
Festas e tradicións
editar- Sanjuanak (San Xoán) son as festas patronais de Arrasate, entre o 23 e o 26 de xuño.
- Maritxu Kajoi (Maruxa a do caixón), no primeiro venres de outubro. É unha festa nova que se ven celebrado desde 1977, máis que ten acadado unha enorme popularidade. A xente viste as mellores galas e pechan a festa perante unha imaxe de María, que realiza todos os anos un "milagre".
Notas
editar- ↑ Forma maioritaria de uso en galego, como por exemplo en Olealdecoa, Garbiñe (1990). "As cooperativas de crédito, a súa configuración na Lei 1/1982 do 11 de febreiro do Parlamento Vasco; a experiencia de Mondragón". Cooperativismo e economía social (Vigo) (2).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Mondragón, Guipúscoa |