Mondragón Corporación Cooperativa

cooperativa

A Mondragón Corporación Cooperativa é un grupo de cooperativas e empresas orixinaria do País Vasco e actualmente estendido por outros países. Está considerado o primeiro grupo empresarial de Euskadi e o sétimo de España[Cómpre referencia], así como o maior grupo cooperativo do mundo[Cómpre referencia][1]. Foi fundado polo sacerdote José María Arizmendiarrieta no 1956 e a súa sede central localízase na vila de Arrasate, no Val de Léniz. O 1 de abril de 2008 anunciou que cambiaba a súa marca corporativamente a Mondragón.

Mondragón Corporación Cooperativa

Editar o valor en Wikidata
TipoCooperativa
Fundación1956
LocalizaciónPº Jose Mª Arizmendiarrieta nº 5 20500 Arrasate - Guipúscoa País Vasco País Vasco
FundadorJosé María Arizmendiarrieta
Persoas claveJavier Sotil (presidente)
IndustriaElectrónica, telecomunicacións, servizos, tecnoloxía etc
Número de empregados83.000 (en 2012)
Na rede
http://www.mondragon-corporation.com/
editar datos en Wikidata ]

A Corporación Mondragón está composta por 264 empresas e entidades que se dividen principalmente en tres sectores: financeiro, industrial e distribución, ademais de abranguer tamén as áreas de investigación e formación. A súa marca máis coñecida é Fagor.

Cooperativas

editar
 
Primeira cooperativa Ulgor, no barrio de San Andrés de Arrasate.

Área financeira

editar

Área industrial

editar

É o máis importante do grupo. Está organizado internamente en varias divisións:

Mondragón Automatización Industrial: empresas de MCC dedicadas á automatización de procesos industriais.

Mondragón Automoción. Agrupa ás empresas de MCC que pertencen ao sector de compoñentes da automoción:

  • Cikautxo: Pezas de caucho para fundicións de condución de fluídos, amortiguación, estanquidade e protección.
  • Ecenarro: Parafusos, espárragos, rótulas e pezas especiais.
  • Fagor Ederlan: Brazos de suspensión. Portamanguetas. Cárteres de mecanismos. Cárteres de embrague. Tapas caixas de cambio. Discos. Tambores. Calipers. Tapas de culata. Carcasa diferencial. Caixas de transmisión.
  • F.P.K.: Soportes de montaxe en plástico. Tapas de motor. Cápsulas de insonorización.
  • Maier: Inxección de plásticos. Matrizaría. Acabados: cromado, serigrafía, termograbado, tampografía, pintura, láser.
  • Mapsa: Fabricación de lamias de aluminio. Fabricación de carcasas para bomba de auga. Pezas de aluminio fundidas por baixa presión e gravidade.

Goikide. É o grupo industrial que agrupa as empresas cooperativas naturais da comarca guipuscoana do Goierri. É un grupo que non está formado por empresas do mesmo sector.

  • Urola: envases de plástico.

Mondragón Compoñentes. É un grupo industrial da corporación que agrupa as cooperativas que se adican a fabricar compoñentes, principalmente, para o sector dos electrodomésticos.

  • Consonni: fabricante de resistencias eléctricas.
  • Copreci: fabricante de termóstatos, presostatos e controis electrónicos para electrodomésticos.
  • Eika: fabricante de resistencias, placas eléctricas de cocción e controis para fornos.
  • Embega: fabricante de compoñentes metálicos e decorativos; xuntas de estanquidade e teclados de membrana.
  • Fagor Electrónica: compoñentes electrónicos para electrodomésticos e automoción. Telecomunicacións e enerxía.
  • Matz-Erreka: elementos de fixación e automatismos para portas e ventás.
  • Orkli: compoñentes de seguridade, regulación e control para sistemas de calefacción, auga quente sanitaria e fluídos.
  • Tajo: transformación de plástico por inxección. Construción de moldes para inxección de plástico.

Construción. É o grupo industrial que agrupa as cooperativas da corporación relacionadas co sector da construción.

  • Biurrarena: venda, alugueiro e reparación de maquinaria de obra pública.
  • Elur: solución integral de estruturas de madeira en láminas.
  • Etorki: escadrarías de pino insignis.
  • Fagor Industrial: fabricación e montaxe de cociñas industriais.
  • Kide: paneis illantes e portas para cámaras frigoríficas, recintos refrixerados, minicámaras.
  • Lana: taboleiro de encofrar, para mobles, tres estratos e de uso estrutural.
  • Rochman: roletes, instalacións de manutención e máquinas de envase e embalaxe.
  • Urssa: enxeñaría, fabricación de estruturas metálicas.

Elevación. É o grupo industrial que agrupa as cooperativas da corporación relacionadas coa fabricación de ascensores.

  • Electra Vitoria. Fabricación e mantemento de ascensores.
  • Orona. Fabricación e mantemento de ascensores.

Equipamento. Agrupa as cooperativas que fabrican certo tipo de bens de consumo, así como compoñentes eléctricos non asimilábeis aos sectores de automoción ou electrodomésticos.

  • Alkargo: transformadores eléctricos.
  • Becker: Esmaltación e trefilación de condutores eléctricos.
  • Coinalde: fabricante de puntas, arames e mallas metálicas.
  • Dikar: armas de avancarga.
  • Ederfil: fabricante de condutores eléctricos.
  • Eredu: fabricante de mobles metálicos.
  • MccGraphics: empresa de impresión gráfica.
  • Oiarso: equipo sanitario.
  • Orbea: bicicletas.
  • Osatu: equipos electro-médicos.
  • Wingroup: tendas de campaña e aparatos de ximnasia.
 

Fogar. Agrupa as cooperativas que fabrican bens de consumo destinados ao fogar (electrodomésticos e mobles). Inclúe Fagor Electrodoméstricos, a cooperativa en torno á cal se creou MCC.

  • Coinma: Equipamento integral de oficinas.
  • Danona: fabricante de mobles de chapa e melamina e sofás tapizados.
  • Domusa: fabricante de caldeiras individuais.
  • Fagor: electrodomésticos de liña branca.
  • Gerodan: mobiliario adaptado a anciáns.

Mondragón Enxeñaría e Servizos. Como o seu nome indica agrupa as cooperativas que realizan actividades de enxeñaría e servizos de consultoría, formación etc...

Máquinas Ferramenta. Agrupa as empresas da corporación que pertencen ao sector da máquina-ferramenta. A principal cooperativa deste grupo é Danobat de Elgoibar e a maior parte delas están agrupadas dentro do Grupo Danobat.

  • Danobat máquina ferramenta.
  • Danobat-Sistemas: maquinaría especial. Máquinas especiais e transfer. Liñas flexibles de mecanizado.
  • Dano-Rail: produtos para o mantemento ferroviario.
  • Doiki: utillaxe de verificación dimensional.
  • Egurko: maquinaria para a madeira: chapeadoras de cantos, perfiladoras, combinadas (chapeadas + perfiladas) e lixadoras.
  • Estarta: fabricante de rectificadoras sen centros.
  • Goimek: mecanizado de alta precisión.
  • Goiti: punzonadoras.
  • Ideko: desenvolvemento e innovación de máquinas ferramenta e sistemas.
  • Latz: brocas e ferramentas de corte.
  • Lealde: tornos CNC.
  • Ortza: maquinaria para a madeira: serras escadradoras e seccionadoras; centros de mecanizado.
  • Soraluce: centros de fresado de columna móbil. Fresadoras CNC de bancada fixa. Centros de mecanizado. Trades radiais.

Sistemas Industriales. Está formado por varias cooperativas que forman o Grupo ULMA.

Mondragón Utillaxe (útiles para a industria) e Sistemas.

  • Aurrenak: Utillaxe para as diferentes tecnoloxías de fundición de ferro e aluminio no mercado de automoción.
  • Batz: Fabricación de Cuños.
  • Loramendi: solucións completas para a fabricación de maquinaria de fundición e ensamble de partes de aeronaves.
  • Matrici: cuños para automoción.
  • MB Sistemas: enxeñaría para sistemas de montaxe en automoción.

Área distribución

editar

Dentro deste sector destaca como empresa principal a cooperativa Eroski. Esta é a principal empresa da corporación MCC, tanto en número de empregados como en facturación. É un dos líderes da distribución alimentaria en España coa súa rede de hipermercados, supermercados, axencias de viaxes, perfumarías, ...

O resto de empresas desta área relaciónanse co sector alimenticio principalmente.

  • Auzo-Lagun: servizos de restauración a colectividadese pratos cociñados. Limpezas edificios e locais. Servizo integral sanitario.
  • Barrenetxe: cultivos hortícolas en invernadoiros e ao aire libre.
  • Behi-Alde: leite e gando.
  • Xestión de Servizos Residenciais GSR: xestión integral de servizos sociosanitarios para persoas maiores.
  • Miba: pensos compostos. Ferretería e pequena maquinaria agrícola. Fertilizantes e sementes. Fitosanitarios. Servizo veterinario.
  • Multifood: comida preparada.
  • Unekel: granxa de coellos.

Centros de formación

editar

Mondragón Corporación Cooperativa ten os seguintes centros de ensinanza e formación; entre eles unha universidade privada.

Centros de investigación e I+D

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar