Amaia Salamanca

Amaia Salamanca Urízar, nada en Madrid o 28 de marzo de 1986, é unha actriz española famosa por series de televisión como SMS ou Sin tetas no hay paraíso.

Amaia Salamanca
AMAIA SALAMANCA 2013.jpg
Nome completoAmaia Salamanca Urízar
Nacemento28 de marzo de 1986 (34 anos)
LugarEspaña Madrid
NacionalidadeEspaña
Parella(s)Rosauro Varo
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Amaia Salamanca naceu en Madrid o día 28 de marzo de 1986. Por parte materna é de familia vasca. Inicialmente non pensaba dedicarse á interpretación, pero no primeiro casting no que participou, para a serie de televisión SMS, conseguiu xa o seu primeiro traballo como actriz. En SMS traballaría con outras novas promesas do cine e a televisión como: Yon González, Aroa Gimeno, Mario Casas e María Castro (actriz coa que comparte repartición en Sin tetas no hay paraíso).

Á parte do seu labor como actriz, Amaia traballa como modelo para sesións fotográficas, videoclips e espectáculos.

Vida profesionalEditar

Antes de facer o seu primeiro papel nunha serie de televisión, Amaia xa traballara en campañas publicitarias para grandes empresas como Telecable e Movistar, participado no videoclip Ansiedad, de Antonio Romeu e no de Pignoise, Sigo llorando por ti, traballado como modelo de Marco Aldany en tres exposicións e ademais foi imaxe da firma Blue Image.

Ao terminarse SMS, Amaia seguiu traballando no mundo da televisión e sacou un disco chamado Que queres que che diga, con Raúl Pena e María Castro, todos membros de SMS. Tivo varias secuencias na popular serie Los hombres de Paco de Antena 3 aínda que non conseguiu verdadeiramente chegar á fama ata que chegou a súa participación como protagonista da serie de Telecinco Sin tetas no hay paraíso. Actualmente estase emitindo a terceira tempada na noite dominical, a última na que aparecerá Amaia. Tamén traballou na campaña de Tampax en 2008 e en 2009 na campaña da marca de calzados Mustang.

En abril de 2009, estreouse no cine como protagonista coa comedia Fuga de cerebros. A película, na súa primeira semana liderou o despacho de billetes cun gran éxito e é a película máis taquillera do 2009 (a 6 de setembro de 2009), con case 7 millóns de euros en recadación e 1,2 millóns de espectadores. O 5 de novembro de 2009 estreouse no teatro coa obra "La Marquesa de la O" compartindo escenario con Josep Linuesa, Juan José Otegui e Tina Saiz. Representáronse nove funcións entre Alacant, Zaragoza e Huesca para despois representala no teatro de Belas Artes de Madrid ata o 10 de xaneiro para emprender unha xira por toda España.

TraxectoriaEditar

TelevisiónEditar

CineEditar

CurtametraxesEditar

TeatroEditar

  • La marquesa de O (2009) - Marquesa

MúsicaEditar

  • 4 elementos (2009), single do grupo La Musicalité.
  • Sigo llorando por ti, single do grupo Pignoise.
  • Que queres que che diga (2007), Grupo SMS.
  • Ansiedad, single do disco La Primera Vez de Antonio Romero.

DobraxesEditar

  • Space Chimps: Misión Espacial. Dobraxe do personaxe protagonista feminino, Lúa (2008)

Campañas de publicidadeEditar

  • Intimissimi España (2009) (INTIMISSIMI)
  • Mustang outono-inverno (2009-2010) (MUSTANG)
  • Mustang primavera-verán (2009) (MUSTANG)
  • Chica tampax (2008) (TAMPAX)

Ligazóns externasEditar