Elvira Mínguez

actriz española

Elvira Mínguez, nada en Valladolid o 23 de xullo de 1965, é unha actriz española.

Elvira Mínguez
Nacemento23 de xullo de 1965
LugarValladolid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0617799 Allocine: 20945 Allmovie: p197068 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Vinculada nos seus inicios ao teatro, Elvira Mínguez participou en obras como Romeo e Xulieta (1989), La cacatúa verde (1990), ou El carro de heno (1991). En 1993 dirixiuse a ela mesma no escenario na adaptación de Crímenes del corazón.

En 1994 o director de casting Paco Pino contratouna para o filme Días contados. A súa interpretación dunha terrorista de ETA valeulle unha candidatura ao premio Goya á mellor actriz revelación e unha mención da Unión de Actores.

Xa introducida no mundo do cinema, Mínguez dirixiu o ano seguinte a curtametraxe El fumador de pipa. A súa carreira como actriz avanzou con pequenos papeis ao servizo de Ricardo Franco en filmes como La buena estrella (1997) ou Lágrimas negras, rodada o mesmo ano en que obtivo o seu primeiro papel protagonista en Me llamo Sara (1998).

En 2002 deu os seus primeiros paso no cinema internacional con dous filmes, The Dancer Upstairs de John Malkovich e The Reckoning de Paul McGuigan. En España, escribiu xunto a Javier Cámara, María Botto, Juan Diego Botto e Joaquín Oristrell o filme Los abajo firmantes como protesta ao apoio do goberno de José María Aznar ao presidente George W. Bush durante a guerra de Iraq.

En 2004 Juan Cruz e José Corbacho seleccionárona para interpretar en Tapas, o seu debut na realización, a Raquel, unha muller divorciada que afoga a súa soidade chateando por internet e mantendo fortuítos encontros sexuais cun rapaz de vinte e tantos anos. Por esta personaxe gañou a Biznaga de Prata no festival de Málaga e o Goya á mellor actriz secundaria.

En 2015 gañou o premio Mestre Mateo á mellor actriz secundaria por O descoñecido.[1]

Filmografía editar

Notas editar