La barraca é unha novela do autor español Vicente Blasco Ibáñez publicada en 1898 incardinada no movemento literario denominado naturalismo.

La barraca

Tipoobra literaria Editar o valor en Wikidata
Forma artísticanovela Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aVicente Blasco Ibáñez Editar o valor en Wikidata
Temática
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
RedesBNE: XX1892685
Wikidata ] C:Commons ]

Argumento

editar

O libro desenvólvese na Valencia rural de finais do século XIX, describindo con precisión as duras condicións de vida da poboación campesiña e agricultora. O tío Barret vese imposibilitado de seguir traballando a horta que cultivaran os seus antepasados durante xeracións ao non poder pagar o arrendamento ao propietario da terra, D. Salvador. Como consecuencia, todos os veciños da aldea, con Pepeta e Pimentó á cabeza se conxuran para impedir que ninguén volva traballar nesa parcela.

Ata que chega Batiste e a súa familia (a súa muller Teresa e os seus fillos Roseta, Batistet e Pasqualet) que, aguillados pola necesidade, instálanse na leira e acceden a pagar o arrendamento correspondente para poder cultivar o terreo. A partir dese momento veranse infatigablemente acosados polo resto da comunidade, que os acusaba de pregarse ás esixencias do terratenente prexudicando con iso os intereses do colectivo.

O fostigamento chega ao seu punto culminante cando os fillos pequenos da familia de Batiste teñen un enfrontamento con outros nenos da aldea, como consecuencia do cal o pequeno Pasqualet termina falecendo. Un sentimento de culpa e compaixón asolaga a comunidade.

Pero será temporal. Batiste enfróntase a Pimentó nunha trifulca tabernaria e poucos días despois ao ser Batiste disparado responde ferindo de morte ao seu agresor, o mesmo Pimentó. As represalias non se fan esperar: A barraca onde habitan Batiste e a súa familia é incendiada e eles vense na obriga de abandonar o pobo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar