Tito Valverde
Fernando García Valverde, nado en Ávila o 26 de abril de 1951, é un actor español máis coñecido como Tito Valverde.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando García Valverde 26 de abril de 1951 (73 anos) Ávila (España franquista) |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1977 - |
Familia | |
Cónxuxe | María Jesús Sirvent |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarRealizou tamén destacables traballos en teatro, televisión e coma actor de dobraxe. O seu debut cinematográfico foi a cinta Mala racha, de José Luis Cuerda, á que seguiron outras coma La guerra de papá, de Antonio Mercero ou, anos máis tarde, El bosque animado, de novo ás ordes de José Luis Cuerda.
Tamén ten unha ampla traxectoria televisiva, destacando a serie Pepa y Pepe en 1995, xunto a Verónica Forqué, e o seu papel protagonista en El Comisario, onde interpreta o papel de Gerardo Castilla desde 1999.
Participou tanto na película, en 1994, coma na versión televisiva de 1997 de Todos los hombres sois iguales.
Está casado coa tamén actriz María Jesús Sirvent, coa que ten coincidido nalgúns dos seus proxectos.