Antonio Mercero
Antonio Mercero Juldain, nado en Lasarte-Oria o 7 de marzo de 1936 e finado en Madrid o 12 de maio de 2018,[1] foi un director e guionista de cine e televisión de orixe vasca.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Mercero Juldain 7 de marzo de 1936 Lasarte-Oria, España |
Morte | 12 de maio de 2018 (82 anos) provincia de Guadalaxara, España |
Causa da morte | Alzhéimer |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Período de actividade | 1962 - |
Familia | |
Fillos | Ignacio Mercero, Antonio Santos Mercero |
Premios | |
Traxectoria
editarNaceu en Lasarte-Oria, Guipúscoa. Licénciase en Dereito na Universidade de Valladolid en 1958 e obtivo o título de Director de cine na Escola Oficial de Cine de Madrid en 1962. Debutou profesionalmente ese mesmo ano coa curtametraxe Lección de arte, coa que conseguiu o seu primeiro premio no Festival de San Sebastián. En 1963 dirixiu a súa primeira longametraxe Se necesita un chico, presentada no Festival de Bordighera (Italia) e de 1966 a 1970 rodou varios documentais para televisión.
Cabe salientar a súa película La cabina con José Luis López Vázquez en 1972. En 1970 comezou a realizar en TVE programas de ficción, sendo director das series de televisión como Verano azul (19 episodios), Crónicas de un pueblo (52 episodios) e Farmacia de guardia, todas elas con grande éxito e recoñecemento.
É pai de Antonio Santos Mercero, guionista de televisión coñecido por series como Hospital Central ou Lobos.
Filmografía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Premios
editar- 2010 Premio Goya de honra.[2]
- 2003 Festival de Cine de Montreal. Premio ó mellor director por Planta cuarta.
- Premio Emmy, outorgado pola Academia Nacional de Televisión e Ciencias de Nova York en 1973 por La cabina.[3]
- Mellor programa dramático do Canal 47 de Nova York (1973).
- Premio da Crítica Internacional do Festival de Montecarlo (1973).
- Premio Marconi de Mifed de Milán (1973)
- Quixote de Ouro Mellor Director, concedido pola crítica española en 1972.
- Premio Nacional 1972.
- Premio Ondas 1972.
- Antena de Ouro 1972.
- Premio TP de Ouro 1972.
- Mención Especial no Festival de Cork (Irlanda)
- Premio do Sindicato Nacional do Espectáculo.
- A curtametraxe Lección de Arte, obtén a Cuncha de Ouro e a Perla do Cantábrico no Festival de Cine de San Sebastián (1962).
- Premio na Bienal de Arte de París en 1965 pola súa práctica de fin de Carreira Trotín Troteras.
Notas
editar- ↑ Antonio Mercero, cineasta y director de televisión, muere a los 82 años (en castelán)
- ↑ "Lo más emotivo". premiosgoya.com. Consultado o 12-05-2018.
- ↑ "Antonio Mercero, Goya de Honor 2009". elmundo.es. Consultado o 12-05-2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Mercero |
Ligazóns externas
editar- Entrevista (en castelán)
- Multitude de premios (en castelán)
Predecesor: Jesús Hermida |
Presidente da ATV 1998 - 2000 |
Sucesor: Ignacio Salas |