Hospital Central
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Hospital Central (anteriormente Línea Roja)[1] foi unha serie de televisión española, producida por Videomedia e emitida pola cadea española Telecinco. Estreouse o 30 de abril de 2000 e finalizou o 27 de decembro de 2012. Ten a marca de ser a serie española semanal máis lonxeva da historia.
Hospital Central | |
---|---|
Formato | Drama |
Intérpretes | Jordi Rebellón Antonio Zabálburu Mar Regueras Roberto Drago Begoña Maestre Pablo Carbonell Bárbara Muñoz Mónica Estarreado Luís Castro Nani Jiménez José Lamuño |
País de orixe | España |
Episodios | 300 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Eva Sánchez Cristina Castilla |
Duración | aproximadamente 90 minutos por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 30 de abril de 2000 |
Derradeiro episodio | 27 de decembro de 2012 |
Na rede | |
http://www.telecinco.es/hospitalcentral/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
De carácter dramático, o seu argumento vira ao redor das vidas persoais e profesionais dos traballadores do ficticio Hospital Central de Madrid. A súa marca de audiencia é de 6 527 000 espectadores (35,3% de share).[2]
Sinopse
editarA serie narra as historias do ficticio Hospital Central de Madrid mesturando as tramas médicas coas persoais protagonizadas polos profesionais que traballan no centro médico. Ademais do elenco protagonista, en cada episodio hai varios actores invitados que adoitan protagonizar as tramas médicas.
Historia
editarO elenco inicial estaba encabezado por María Casal (Elisa) e Sergi Mateu (Santiago) e completábano Jordi Rebellón (Vilches), Rosa Mariscal (Andrea), Antonio Zabálburu (Javier), Fátima Baeza (Esther), Jesús Cabrero (Mario), Reyes Moleres (Diana), Diana Lázaro (Leonor), Lola Casamayor (Cecilia), Chusa Barbero (Susana), Marisol Rolandi (Teresa), Ángel Pardo (Rusti) e Ángel Rouco (Diego). Este elenco manteríase sen practicamente cambios ata a terceira etapa, na que se incorporaban Amaia Lizarralde (Cristina), Paulina Gálvez (Ana) e Diana Palazón (Laura).
Na cuarta tempada (estreada o 22 de setembro de 2002) incorpóranse varios personaxes de longo percorrido da serie como son os interpretados por Alicia Bogo (Eva), Nacho Fresneda (Aimé), Armando del Río (Fran) e Lluís Marco (Dávila), mentres que na quinta colaboran Fernando Guillén (Germán Prada), Enrique Alcides (Raúl) e Pepa Roldán (Queca). Na sexta etapa prodúcense as primeiras baixas importantes da serie: Sergi Mateu (Santiago) e Rosa Mariscal (Andrea), cuxo personaxe quedaría suplido coa fichaxe de Alicia Borrachero (Cruz), incorporación desta quenda de episodios xunto a Roberto Drago (Héctor).
A sétima, estreada o 20 de abril de 2004, conta coa colaboración de Leticia Dolera (Miriam), mentres que a oitava, iniciada o 7 de setembro de 2004, última de María Casal (Elisa), supón un punto de inflexión na serie coa incorporación de Patricia Vico (Maca) e Fátima Baeza (Esther), que se namoran, converténdose nunha das parellas homosexuais máis famosas da televisión. Esta foi unha das tramas máis aplaudidas, premiadas e recordadas da serie.
O 3 de maio de 2005 estréase a novena tempada, coas fichaxes de Mercè Llorens (Begoña), Jesús Olmedo (Carlos) e Marco de Paula (Rober). Non se producen máis cambios relevantes no elenco de actores ata a undécima, última de Ángel Pardo (Rusti). A décimo segunda tempada, estreada o 5 de setembro de 2006, supón a renovación do equipo do SAMUR, con Iván Sánchez (Raúl) e Bea Segura (Mónica). Tamén empezan a aparecer Bárbara Muñoz (Alicia) e Elia Galera (Claudia), que co paso dos capítulos irían adquirindo máis protagonismo ata converterse en fixas.
En marzo de 2007, a piques de comezar a emisión a súa décimo terceira tempada (o 12 de abril), última de Diana Palazón e Alicia Borrachero, a serie recibiu o seu primeiro TP de Ouro á mellor serie española, galardón ao que xa había estado nomeada anteriormente e polo que competía nesta ocasión con Aída e Cuéntame cómo pasó. O ano anterior fíxose co Premio Ondas á mellor serie española e no 2008 foi de novo finalista ao TP, aínda que o premio foi para a serie El internado.
O 7 de novembro de 2007, dentro da súa décimo cuarta tempada, a serie celebraba os seus 200 episodios emitindo un especial no que participaron algúns dos actores que formaron parte do elenco e abandonaron a serie e que conseguiu o liderado de audiencia no prime time. Pouco despois anunciábase a marcha da serie do actor Jordi Rebellón, que interpretaba desde o inicio da produción a un dos seus personaxes máis emblemáticos, o doutor Vilches. Esta produciuse no último episodio desa décimo cuarta tempada, emitido o 12 de decembro de 2007. Esta etapa era a primeira de Carles Francino Navarro (Rai), Marián Álvarez (Lola) e Carolina Cerezuela (Vero).
En xaneiro de 2008 comezaba a rodaxe da décimo quinta tempada, coas fichaxes dos actores Pedro Casablanc (Fernando), Juana Acosta (Sofía) e David Andrade (Waldo) e as colaboracións de María Barranco (Manuela), Fran Perea (Enrique) e María Vázquez (Trini). Confirmouse tamén o cameo de Ana Obregón en varios episodios da nova entrega, cuxa emisión daría comezo o 23 de abril de 2008 e concluiría o 30 de xullo do mesmo ano.
O 3 de setembro de 2008 Telecinco comezou a emitir a 16ª tempada. Nesta etapa incorpórase ó elenco de actores Pablo Carbonell (Gimeno), mentres que Luis Castro convértese en fixo no papel de Guillermo Vilches, que xa levaba aparecendo de forma esporádica na serie desde o ano 2004. O 2 de xuño de 2009 finalizou a 17ª tempada, que contou coas incorporacións dos actores Núria Prims (Leyre), Fèlix Pons (Jacobo), Sara Casasnovas (Jose), e Begoña Maestre (Raquel), así como coa colaboración de Mónica Estarreado (Valeria), Paco Valladares e Cristina Higueras entre outros. Ademais, os cineastas Gracia Querejeta e Miguel Albaladejo dirixiron respectivamente o cuarto capítulo desta entrega, titulado El tiempo entre los dedos e o último Es tan fácil morir.
En febreiro de 2010 paralizouse a emisión da súa 18ª tempada, que comezara en outubro do ano anterior, en substitución de De repente, los Gómez, que fracasou en audiencia. Esta etapa supón precisamente o retorno á serie de Jordi Rebellón no personaxe de Rodolfo Vilches. Ademais, súmanse ó elenco de actores dous personaxes de pouco percorrido, os interpretados por Montse Germán (Sandra) e José María Galeano (Daniel).
En decembro de 2009, as actrices Fátima Baeza e Patricia Vico anunciaron a súa marcha da serie, que se produciría a principios da décimo novena etapa da mesma tras máis de dez anos interpretando o personaxe de Esther e Maca. Con todo, os últimos resultados de audiencia da serie fixeron que perigase a súa continuidade e a posibilidade desa décimo novena tempada. Finalmente paralizouse a rodaxe durante dous meses, entre o 15 de febreiro e o mes de abril, nos que estaba previsto realizar unha reestruturación da serie como consecuencia desa baixada de audiencia.
O 10 de novembro de 2010 comezou a emisión (con novo horario, os mércores a partir das 23.45 horas) dos episodios da 18ª tempada que xa estaban gravados cando se interrompeu a emisión o 2 de febreiro de 2010 e que Telecinco promocionou xa como parte da nova etapa. Tras catro capítulos, a tempada volveuse a interromper debido aos seus malos datos de audiencia, retomándose a mediados de xaneiro de 2011 xa en prime time. Xusto ao mesmo tempo, o actor Ángel Pardo (Rusti) revelou nunha entrevista que participaría na rodaxe dun final para a serie, que contaría co regreso de varios personaxes emblemáticos como o seu, no mes de febreiro.
Inmediatamente logo da emisión dos episodios que quedaban da 18ª tempada, comezou a décimo novena propiamente dita, coas fichaxes dos actores Rafael Amaya (Enrique) e Adriana Torrebejano (Irene) e a colaboración en cinco capítulos, dous deles gravados no Perú, da actriz Adriana Ugarte (Natalia), así como as de Rocío Peláez, Álvaro Monje e Maggie Civantos nos papeis dos estudantes Victoria, Manu e Candela. Ademais, prodúcense os cameos de Concha Velasco e Victoria Abril.
Unha vez finalizado a rodaxe da 19ª etapa e antes de que concluíse a súa emisión, Telecinco decidiu pór o punto final á serie coa gravación de catro episodios máis. O primeiro deles conta coa colaboración de Verónica Forqué no papel da irmá de Vilches, Amalia, e coa baixa de Marisol Rolandi, Teresa, un dos poucos personaxes que habían estado na serie desde o seu inicio. O último capítulo, que é o que ía dar por concluída a serie, conta coa reaparición de varios personaxes emblemáticos como Aimé (Nacho Fresneda), Cruz (Alicia Borrachero), Rusti (Ángel Pardo), Maca (Patricia Vico), Esther (Fátima Baeza) e a propia Teresa (Marisol Rolandi), que abandonara a serie a tan só tres capítulos de finalizar a mesma.
Con todo, varios días antes de emitirse o capítulo pensado e rodado para pechar a serie, previsto para o 11 de maio de 2011, algúns medios publicaron que os seus guionistas estaban traballando na tempada 20, debido aos pobres datos de audiencia que obtiveran as novas series estreadas pola cadea durante 2011. Así, un día antes da emisión do último capítulo da 19ª tempada, a propia cadea confirmou na súa páxina web que a serie ía ser renovada por unha tempada máis de 16 capítulos, o que lle suporá alcanzar os 300 episodios.
No verán de 2011 comezou a rodaxe da tempada 20, na que se incorporan á serie Mar Regueras (Manuela), José Lamuño (Gorka) e Nani Jiménez (Ariadna) e abandonan a serie Iván Sánchez (Raúl) e Elia Galera (Claudia). Ademais, Jordi Rebellón roda algunhas escenas en Salamanca que contan coa colaboración dos actores Ben Temple e Elsa Pinilla e Telecinco organiza un concurso para que un fan participe na serie. O mércores 16 de maio, un ano logo de finalizar a anterior etapa, é a data escollida por Telecinco para a estrea da vixésima, que conta con cameos de Blanca Portillo, Jorge Sanz, Ana Belén, José Luis García Pérez ou Pilar Bardem, entre outros.
Tamén houbo cameos de multitude de actores e artistas coñecidos entre os que podemos citar a Óscar Jaenada, Elsa Pataky, Ruth Núñez, Alberto Jiménez, Mariví Bilbao, Lolita Flores, Agustín González, José Luis López Vázquez, Paloma e Fernanda Hurtado, Miguel Ángel Muñoz, Yohana Cobo, Remedios Cervantes, María Isbert, Eva Isanta, José Ángel Egido, Luis Merlo, Chenoa, Emma García, Julieta Venegas, Llum Barrera, Silvia Tortosa, Fiorella Faltoyano, Isabel Prinz, Carmen Rossi, Cesáreo Estébanez, Guillermo Montesinos, Luisa Martín, Amparo Climent, Sancho Gracia, Emma Suárez, Julieta Serrano, Paco Valladares, María Luisa Merlo, Álvaro de Luna e Asunción Balaguer entre outros moitos.
Elenco de actores
editar- Jordi Rebellón como Rodolfo Vilches
- Antonio Zabálburu como Javier Sotomayor
- Mar Regueras como Manuela Rubio
- Roberto Drago como Héctor Béjar
- Begoña Maestre como Raquel Castaño
- Pablo Carbonell como David Gimeno
- Bárbara Muñoz como Alicia Monasterio
- Mónica Estarreado como Valeria Peralta
- Luís Castro como Guillermo Vilches
- Nani Jiménez como Ariadna Rubio
- José Lamuño como Gorka
Audiencias
editarTempada | Capítulos | Espectadores | Share |
---|---|---|---|
Primeira | 1-13 | 3 762 000 | 23,23% |
Segunda | 14-26 | 3 799 000 | 21,70% |
Terceira | 27-51 | 4 409 000 | 28,53% |
Cuarta | 52-64 | 4 461 000 | 27,30% |
Quinta | 65-72 | 4 899 000 | 28,23% |
Sexta | 73-88 | 4 445 000 | 27,10% |
Sétima | 89-102 | 4 558 000 | 27,87% |
Oitava | 103-120 | 4 983 000 | 27,91% |
Novena | 121-131 | 4 787 000 | 31,32% |
Décima | 132-145 | 5 213 000 | 29,77% |
Undécima | 146-160 | 4 825 000 | 29,06% |
Duodécima | 161-175 | 5 159 000 | 30,28% |
Décimo terceira | 176-190 | 4 009 000 | 23,52% |
Décimo cuarta | 191-205 | 4 189 000 | 25,29% |
Décimo quinta | 206-219 | 3 254 000 | 20,97% |
Décimo sexta | 220-236 | 3 469 000 | 20,57% |
Décimo sétima | 237-249 | 3 061 000 | 17,16% |
Décimo oitava | 250-268 | 2 601 000 | 15,44% |
Décimo novena | 269-283 | 2 489 000 | 13,99% |
Vixésima | 284-300 | 1 931 000 | 11,8% |
Premios e candidaturas
editar- 2001
- Premio Zapping á mellor serie.
- 2003
- Premio Zapping ao mellor actor para Jordi Rebellón (Vilches).
- Candidatura ao premio da ATV ao mellor programa de ficción.
- Candidatura ao premio TP de Ouro á mellor serie nacional.
- 2004
- Candidaturas ao premio Gayo como mellor interpretación lésbica para Fátima Baeza (Esther) e para Patricia Vico (Maca)
- Premio Gayo á mellor interpretación lésbica para Patricia Vico (Maca)
- Premio Gayo á mellor serie de televisión
- Premio Gayo: Premio do público á mellor serie de televisión
- 2005
- Premio Ondas á mellor serie española.
- Candidatura ao premio da Unión de Actores á mellor actriz protagonista de televisión para Alicia Borrachero (Cruz)
- Candidatura ao premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Fátima Baeza (Esther)
- Candidatura ao premio Fotogramas de Prata á mellor actriz de televisión para Patricia Vico (Maca)
- Candidatura ao Premio Zapping ao mellor actor para Roberto Moreira Dragó (Héctor)
- Premio Shangay á mellor interpretación para Fátima Baeza (Esther) e Patricia Vico (Maca)
- Premio da Mostra Lambda para Patricia Vico (Maca] e Fátima Baeza (Esther)
- Mención especial outorgada polos premios Gayo para Hospital Central e Patricia Vico (Maca)
- Premio LesGay á mellor Visibilidade homosexual da televisión para Fátima Baeza (Esther) e Patricia Vico (Maca)
- 2006
- Candidatura ao premio TP de Ouro á mellor serie nacional.
- Candidatura ao premio Fotogramas de Prata ao mellor actor protagonista para Jordi Rebellón (Vilches)
- Premio San Jorge para Hospital Central
- 2007
- Premio TP de Ouro á mellor serie nacional.
- Candidatura ao premio TP de Ouro ao mellor actor para Jordi Rebellón (Vilches)
- Candidatura ao premio Fotogramas de Prata á mellor actriz de televisión para Diana Palazón (Laura)
- Candidatura ao premio Fotogramas de Prata á mellor actor de televisión para Jordi Rebellón (Vilches)
- Candidatura ao premio Zapping ao mellor actor para Jordi Rebellón (Vilches)
- Candidatura ao premio Zapping á mellor actriz para Diana Palazón (Laura)
- Candidatura ao premio Zapping á mellor actriz para Alicia Borrachero (Cruz)
- Candidatura ao premio Zapping ao mellor actor para Nacho Fresneda (Aimé)
- Candidatura ao premio Zapping ao mellor actor para Roberto Moreira Dragó (Héctor)
- 2008
- Candidatura ao premio Zapping ao mellor actor para Roberto Moreira Dragó (Héctor)
- Candidatura ao premio Shangay á serie que reflicta obxectivamente a realidade de gais, lesbianas e transexuais
- Premio AEDEM-COCEMFE, outorgado pola Asociación Española de Esclerose Múltiple.
- Premio á serie que máis fomenta a igualdade de sexos outorgado polo Instituto da Muller.
- Premio Shangay á mellor interpretación homosexual para Fátima Baeza, Patricia Vico e Carolina Cerezuela
- Candidatura aos premios 2008 "AfterEllen Visibility Awards" como mellor serie con personaxes homosexuais/bisexuais non americana.
- Candidatura ao premio TP de Ouro á mellor serie nacional.
- Candidatura ao premio TP de Ouro á mellor actriz para Patricia Vico.
- Candidatura ao premio TP de Ouro á mellor actriz para Carolina Cerezuela.
- Candidatura ao premio TP de Ouro ao mellor actor para Antonio Zabálburu.
- Premio "Carlos Margarit", polo traballo "a favor do transplante e a doazón de órganos" para Hospital Central e a produtora Videomedia.
- Premio Fotogramas de Prata á mellor actriz televisiva do ano para Patricia Vico (Maca)
Hospital Central e Galicia
editar- En 2005 rodouse un episodio na localidade lucense de Quiroga, onde se desenvolvía unha trama protagonizada por Roberto Drago (Héctor) e a actriz galega Camila Bossa. Tamén o actor galego Nacho Castaño colaboraba nese episodio[3].
- A actriz viguesa Marta Larralde interpretou un personaxe fixo secundario (Luna) durante unha temporada completa de Hospital Central. Tamén Víctor Mosqueira interpretou un personaxe de continuidade en varios episodios e a ourensá Myriam Gallego fíxoo na décimo cuarta tempada. En 2008 María Vázquez interpretou tamén un papel secundario, o dunha prostituta chamada Trini. En marzo de 2009 incorporouse ó elenco Sara Casasnovas, co papel fixo da residente Jose e en outubro do mesmo ano a viguesa Uxía Gonzalvo colaborou nalgúns episodios da serie co personaxe de Vanessa.
- Os actores galegos Carlos Blanco, Paco Campos, Mariana Carballal, Sonia Castelo, Monti Castiñeiras, Belén Constenla, José Ángel Egido, Tacho González, Pilar Pereira, Xosé Manuel Olveira "Pico", Marcos Orsi, Santi Romay, Gonzalo Uriarte, Luis Zahera, Berta Ojea, Patricia Vázquez ou Mighello Blanco entre outros partiparon con personaxes capitulares na serie, algúns en máis dunha ocasión.
- En xuño de 2007 rodaron en Ourense escenas para dous episodios da décimo cuarta temporada da serie[4] emitidos en outubro do mesmo ano e un dos cales levaba por título "A Ribeira Sacra". A trama estaba protagonizada por Jordi Rebellón (Vilches) e tamén colaboraron actores galegos como Abelardo Gabriel, Tegra Vázquez, Cristina Pascual, Fernando Dacosta e Xavier Estévez.
Notas
editar- ↑ "De ‘Hospital Central’ a ‘Velvet’: series que cambiaron su nombre (sin avisar)". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 07 de setembro de 2014.
- ↑ "Récord de audiencia de Hospital Central". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 29 de novembro de 2009.
- ↑ "Noticia". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2009. Consultado o 02 de setembro de 2007.
- ↑ Noticia