Xavier Estévez Montoto
actor galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xavier Estévez.
Xavier Estévez Montoto[1], nado na Coruña en 1967, é un actor galego.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Traxectoria
editarConta con grande experiencia teatral, ademais de ter participado en multitude de series de televisión galegas e nacionais e en longametraxes coma Sei quen es (2000) ou O lapis do carpinteiro (2003).
Recibiu o Premio María Casares ó mellor actor secundario dous anos consecutivos, en 2003 por A conxura dos necios e en 2004 por Así que pasen cinco anos, ambas representadas coa compañía Sarabela Teatro.
Cine
editarLongametraxes
editar- Retornos (2010), de Luis Avilés Baquero.
- Celda 211 (2009), de Daniel Monzón.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira Mañá.
Curtametraxes
editar- O cambio (1997), de Ignacio Vilar.
Televisión
editar- Pratos combinados (1996)
- A familia Pita (1996)
- Rías Baixas (2000).
- Mareas vivas (2001-2002).
- Galicia Express (2001).
- Avenida de América (2002-2005).
- Manolito Gafotas (2004)
- Aquí no hay quien viva (2005)
- A vida por diante (2006)
- Hospital Central (2007)
- Cuéntame cómo pasó (2007)
- El comisario (2007)
- Padre Casares (2008-2010)
- Matalobos (2010-)
Teatro
editar- Uvega Teatro:
- Triguilín trángala, escrita e dirixida por Vicente Montoto (1989)
- Fedra Gómez, escrita e dirixida por Vicente Montoto (1989)
- O moucho Clerk
- A caza do Snark, de Lewis Carrol drixida por Rodrigo Roel (1989)
- O rouxiñol da Bretaña de Quico Cadaval dirixida por Xan Cejudo
- Pifano Teatro
- Sacalot e filloas. Escrita e dirixida por Xavier Picallo (1993)
- Kukas Produccións Artísticas
- Librescena
- Cyrano de Bregerac de Edmond Rostand dirixida por Xosé Rabón. (1999)
- Teatro do Noroeste
- A grande noite de Fiz de Miguel Anxo Murado dirixida por Eduardo Alonso (1992)
- As vodas de Fígaro de Pierre-Augustin de Beaumarchais dirixida por Eduardo Alonso (1994)
- Macbeth de William Shakespeare. Versión de Pérez Barreiro-Nolla dirixida por Eduardo Alonso (1994)
- Historias peregrinas de Miguel Anxo Murado dirixida por Eduardo Alonso (1995)
- Noite de Reis de William Shakespeare dirixida por Eduardo Alonso. (1996)
- A Celestina de Fernando de Rojas dirixida por Eduardo Alonso (2000)
- Centro Dramático Galego
- O arce do xardín de Roberto Salgueiro
- A casa dos afogados de Miguel A. Fernán dirixida por Manuel Lourenzo. (1990-91)
- O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro dirixida por Ricard Salvat. (1990-91)
- Como en Irlanda dirixida por Quico Cadaval (1996)
- Lisístrata de Aristófanes en versión de Eduardo Alonso dirixida por Eduardo Alonso (1996)
- O peregrino errante que cansou ó demo de Xavier Lama dirixida por Andrés Pazos (1997)
- O Bufón de El-Rei de Vicente Risco. Dir. Manuel Guede (1997)
- Memoria de Antígona de Quico Cadaval e Xavier Lama dirixida por Guillermo Heras (1998)
- Valle 98 de Ramón María del Valle Inclán (1998).
- El embrujado dirixida por Eduardo Alonso
- Xelmirez ou a gloria de Compostela de Daniel Cortezón dirixida por Roberto Vidal Bolaño (1999)
- A Cacatúa Verde de Arthur Schnitzler dirixida por Eduardo Alonso (2001)
- Sarabela Teatro
- O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas dirixida por Ánxeles Cuña (2000)
- A conxura dos necios de J. K. Toole dirixida por Ánxeles Cuña (2002)
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor actor | Retornos | Nomeado |