Xavier Lama

escritor e xornalista galego

Francisco Xavier Lama López, nado en Santa Euxea (Guntín) o 12 de xullo de 1962, é un escritor e xornalista galego.

Modelo:BiografíaXavier Lama

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Santa Euxea, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalCiencias da Información
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e teatro
Familia
IrmánsMaría Xesús Lama Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1037929 AELG: 241 BUSC: lama-xavier-1962

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias da Información en Universidade Complutense de Madrid e foi un rostros coñecidos dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Mirador de la Complutense, Air France para novos periodistas, o Premio Galicia de Comunicación en 1989 e a Pluma de Ouro do I Premio Borobó en 2009.

Como escritor iniciouse con textos dramáticos e poéticos, pero tamén escribe narrativa. Recibiu varios premios literarios, como o Rafael Dieste (1995) e o Camiño de Santiago-Premio Xacobeo de teatro (1993), ou o Álvaro Cunqueiro de narrativa (1995). No ano 2008 gañou o premio González Garcés de poesía tras impugnar a primeira decisión do xurado, que recaera nunha obra de Eduardo Estévez que xa fora publicada, parcialmente, nun seu blog [1][2].

Teatro

editar

Poesía

editar
  • O fotógrafo Helmut Newton ten unha visión da eternidade (2003, publicado en Internet).
  • Tigres como Fausto con ollos de bruma (2006, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
  • Melancolía líquida da idade das vacas (2008, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
  • Cabalos do alén na cidade das fábulas (2009, Deputación da Coruña).

Narrativa

editar
  • Os moradores da nada (1995, Galaxia).

Literatura infanto-xuvenil

editar
  • Os reloxos preguiceiros de Néboa (2011, Xerais).

Obras colectivas

editar

Premios

editar
  1. "Retíranlle o 'González Arces' a Eduardo Estévez", artigo en Vieiros, 23 de setembro de 2008.
  2. "Resposta de Xavier Lama sobre do premio de poesía González Garcés". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar