Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
O Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é un galardón teatral creado en 2006 polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e despois de 2007 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).[1] Premia as obras dirixidas especificamente ao público infantil, ten dotación económica, en 2006 de 4000 euros e en 2018 de 6000 euros. O premio tamén consiste na publicación da obra gañadora.[2]
Inicialmente a periodicidade foi anual, mais nalgunhas ocasión a súa convocatoria foi cada dous anos. Na páxina do AGADIC fala da súa periodicidade anual.[3] Recoñece a figura de Manuel María.
Obra premiada
editarEdición | Ano | Obra | Autor/a |
---|---|---|---|
1ª | 2006 | Boas noites | Paula Carballeira |
2ª | 2007 | Game over | Carlos Losada Galiñáns |
3ª | 2008 | Pingueiras e tarteiras | Teresa González Costa |
4ª | 2009 | Sopa de xarope de amora | Xosé A. Neira Cruz |
5ª | 2010 | Os reloxos preguiceiros de Néboa | Xavier Lama |
6ª | 2011 | O refugallo | Paula Carballeira |
7ª | 2012 | Deserto[3] | |
8ª | 2014 | Xogando con gatos | Antón Cortizas |
9ª | 2016 | O valo | Carlos Labraña[4] |
10ª | 2018 | Somos os monstros | Paula Carballeira[5] |
12ª | 2022 | Nin me amoles | Ana Carreira [6] |
Notas
editar- ↑ Estévez, José Luis (16 de maio de 2007). "Cultura crea una agencia que sustituirá al IGAEM y gestionará las ayudas". El País (en castelán). Consultado o 12 de xullo 2018.
- ↑ "O IGAEM crea o Premio de Literatura Dramática Infantil Manuel María". AGADIC. 19 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Premios". AGADIC. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ "Acta de ditame do xurado do XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil e XII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicrecres" (PDF). AGADIC. 2 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 12 de xullo 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2018.
- ↑ http://www.agadic.gal/premios