Xosé Antonio Neira Cruz
Xosé Antonio Neira Cruz, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1968, é un escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1968 (56 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, profesor universitario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo) na Universidade de Santiago de Compostela, doutor coa tese Prensa infantil e escolar en Galicia (2001, dirixida por Xosé López García) e tamén doutor coa tese Los albores de la crónica periodística las crónicas del viaje por España y Portugal de Cosimo III de' Medici (2015, (dirixida por María Isabel González Fernández).[2] É mestrado en Dereito Premial.[3]
Foi redactor da revista Tempos e, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.
Foi o responsable das coleccións Sete Mares, Árbore e Costa Oeste da editorial Galaxia e en 2012 foi profesor de Xornalismo na USC. Foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28º Congreso desta organización internacional.[4]
Obra
editarUnha parte importante da súa produción diríxese aos lectores máis novos: Melanio e os paxaros (Sotelo Blanco, 1990; revisado para a súa publicación na Serie Branca da Colección O Barco de Vapor dez anos despois); As porcas porquiñas, con ilustracións de Noemí López; María está a pinta-lo mar, historia dunha nena chea de ilusión disposta a vencer a súa enfermidade coa imaxinación; A memoria das árbores, que inaugura a colección Sondeconto. A recuperación da literatura popular está presente en O home máis rico do mundo, A caixa do tesouro e mais en O xenio do sultán.[5][6]
O seu traballo divulgador da tradición literaria galega comezou en tres edicións do Tren Caixa Galicia, organizado pola Biblioteca "Nova 33", coas biografías de Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño (reeditados como volumes independentes por Edicións Xerais na colección "Así viviu", que incorpora unha biografía de Ánxel Fole). En 1998, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas publicou nunha edición institucional para primeiros lectores senllas lúdicas introducións ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.
Obras
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- Ó outro lado do sumidoiro (1989). Xerais. Premio Merlín, 1988. Ilustracións de Pepe Carreiro. 160 páxs. ISBN 978-84-7507-375-0.
- Melanio e os paxaros (1990). Ed. SM. 64 páxs. ISBN 9788434870758.
- Os gatos de Venecia (1993). Edelvives. 104 páxs. ISBN 978-84-263-2543-3. Foi traducida ao catalán.[7]
- Así viviu Rosalía (1996). Xerais. ISBN 978-84-8302-087-6.
- Así viviu Castelao (1996). Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-8302-088-3.
- Así viviu Paio Gómez Chariño (1997). Xerais. 144 páxs. ISBN 9788483021224.
- Así viviu Ánxel Fole (1997). Xerais. 96 páxs. ISBN 9788483021217.
- As porcas porquiñas (1997). Everest. 48 páxs. Ilustracións de Noemí López. ISBN 9788440304162, 2002.
- Valdemuller (1998). SM. Premio O Barco de Vapor, 1997. Foi traducida ao castelán,[8] ao catalán[9] e ao portugués.[10] 176 páxs. ISBN 9788498540284, 2007. Nova ed. en 2023, ISBN 978-84-1176-017-1.
- O xenio do sultán (1998). Xunta de Galicia - Consellaría de Educación e O. U.
- Caramelos Martín Codax (1998). Xunta de Galicia. Con F. Bueno Capeáns.
- Rumbo á illa de San Simón (1998). Xunta de Galicia. Con Sergio Casas.
- Xograr Cangas e Asociados (1998). Xunta de Galicia.
- María está a pinta-lo mar (1998). Everest. ISBN 9788440304155.
- As cousas claras (2000). Xerais. Premio Merlín 2000. Foi traducida ao castelán,[11] ao portugués[12] e ao catalán.[13] 12º ed. ISBN 978-84-8302-562-8. 176 páxs.
- A memoria das árbores (2000). Kalandraka. Foi traducida ao castelán.[14] Con Marcial de Adalid e Kiko da Silva. ISBN 9788495123992. Libro-CD.
- Os ollos do tangaleirón (2000). Premio O Barco de Vapor, 1999. Foi traducida ao castelán.[15] En Galaxia, 2018, ISBN 978-84-9151-196-0, 184 páxs.
- A caixa do tesouro (2001). Kalandraka. Foi traducida ao castelán.[16] Ilustracións de María Lires. ISBN 9788484641063.
- O home máis rico do mundo (2001). Kalandraka. Foi traducida ao castelán.[17] 40 páxs. Ilustracións de Fernando L. Juárez. ISBN 9788484640974.
- O armiño dorme (2002). Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-8288-612-1. Foi traducida ao castelán,[18] ao catalán[19] e ao portugués.[20]
- Eu son adoptada (2004). Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-8288-718-0. Foi traducida ao castelán,[21] ao catalán,[22] ao éuscaro[23] e ao asturiano.[24]
- A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, rato de compañía de Cosme III de Médicis (2004). Xunta de Galicia. 54 páxs. ISBN 9788445339022. Foi traducida ao castelán[25] e ao italiano.[26]
- Mambrú, cociñeiro de perfumes (2005). Planeta & Oxford. ISBN 9788498110067. Foi traducida ao castelán.[27]
- A noite da raíña Berenguela (2005). Oxford. Ilustracións de Ana Bustelo. ISBN 9788467372779. 136 páxs. Foi traducida ao castelán.[28]
- Gatos e leóns (2006). Oxford. 136 páxs. ISBN 9788467356250. Foi traducida ao castelán.[29]
- Los libros de la almohada (2008). Anaya. 80 páxs. ISBN 978-84-667-7673-8.
- Unha chea de familias (2008). Galaxia. 48 páxs. ISBN 9788498651041. Foi traducida ao castelán.[30]
- O prodixio dos zapatos de cristal (2008). White Ravens 2009. Galaxia, libro-CD. ISBN 978-84-9865-141-6. Ilustracións de Rodrigo Chao. Recreación do conto tradicional de Charles Perrault.
- O debut de Martino Porconi (2008). Galaxia. Ilustracións de Federico Fernández. 40 páxs. ISBN 9788498651393. Libro-CD.
- Un bico de amor e vida (2009). Galaxia. 44 páxs. Ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. ISBN 978-84-9865-142-3. Libro-CD.
- Violeta non é Violeta (2009). Ed. MacMillan. Ilustracións de Jidit Morales. 120 páxs. ISBN 9788479424626.
- Sopa de xarope da amora (2009). Xerais. Teatro infantil. Ilustracións de Marta Álvarez. 88 páxs. ISBN 978-84-9914-147-3.
- O punto da escarola (2009). Premio Barriga Verde 2008. Baía Ed. ISBN 9788492630011.
- Jan estivo alí (2010). Galaxia. Ilustracións de David Soler. 44 páxs. ISBN 978-84-9865-248-2. Foi traducida ao coreano.[31]
- O medo de Mo (2010). MacMillan. 48 páxs. ISBN 9788479427122. Foi traducida ao castelán.[32]
- Unha costura no tempo (2010). Oxford. 184 páxs. ISBN 9788467354447. Foi traducida ao castelán[33] e ao catalán.[34]
- Pedra sobre pedra (2011) Baía Edicións-Xunta de Galicia. 58 páxs. ISBN 9788492630943. Premio Barriga Verde 2009.
- O enigma do baúl pechado (2020). Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-84-9151-553-1. Ilustracións de Luz Beloso.
- O enigma de Santiago (2021). Galaxia, Costa Oeste. 212 páxs. ISBN 978-84-9151-724-5.
- Por mor de cinco pizzas aos catro queixos (2022). Vigo: Galaxia. 182 páxs. ISBN 978-84-9151-848-8. Ilustracións de Víctor Rivas.
Narrativa
editar- O sono das sereas (2017). Galaxia. Premio de Narrativa Breve Repsol 2017. 158 páxs. ISBN 978-84-9151-098-7.
- Veleno de tinta impresa (2020). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-644-5.[35]
Poesía
editar- De esparto e seda (2007). Espiral Maior). 56 páxs. ISBN 978-8496475694.
- Caderno de camiño (2023). A Coruña: Medulia. 60 páxs. ISBN 978-84-19438-31-7.
Ensaio
editar- As vidas de... Antonio Fraguas (2019). Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-9151-333-9.
En obras colectivas
editar- "Un somnífero moi particular" en Contos da campaña, 3 (1992).
- "O plumífero de Xurxo" en Tres triscadas (1993).
- "Rosalía tralas máscaras do tempo" en Contos da viaxe (1994).
- "Castelao no Mar do Tempo" en Contos da travesía (1995).
- "Paio Gómez Chariño, ...a mui gran coita do mar" en Contos da ruta (1996).
- E dixo o corvo... (1997). Xunta de Galicia.
- "Orellas de podengo" en Imos xuntos camiñar (1999).
- Diccionario da literatura galega. III. Obras (2000). Galaxia.
- "Un agasallo inesperado " en Contos para levar no peto (2001).
- "A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro" en Quen casa ten de seu (2009).
Premios
editar- Ó outro lado do sumidoiro, Premio Merlín 1988.
- Os gatos de Venecia, finalista na VIII convocatoria do Premio Lola Anglada no 1991.
- Valdemuller, Premio O Barco de Vapor 1997 .
- Os ollos do Tangaleirón, Premio Barco de Vapor 1999.
- As cousas claras, Premio Merlín 2000.
- O armiño dorme, Premio Raíña Lupa 2002.
- A noite da raíña Berenguela, Premio Lazarillo 2004.
- É oco habitado gañou, Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2007.
- Pedra sobre pedra, Premio Barriga Verde 2009
- Sopa de Xarope de amora, IV Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2009
- Veleno de tinta impresa, Certame de Narración Curta Ánxel Fole, 2019.
- O enigma do baúl pechado, II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2019.[36]
- O enigma de Santiago, XIV Premio Raíña Lupa 2021.[37]
- Por mor de cinco pizzas ós catro queixos, Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2021.[38]
- Caderno de camiño, XI Premio de Poesía Ardeiro, de Negreira 2022.[39]
Notas
editar- ↑ "Xosé Antonio Neira Cruz". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-29.
- ↑ "XOSE ANTONIO NEIRA CRUZ - Universidad de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2021-10-29.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-10-29.
- ↑ "Xosé Antonio Neira Cruz". Literatura Infantil y Juvenil SM. Consultado o 2021-10-29.
- ↑ "Xosé Antonio Neira Cruz". Los diccionarios y las enciclopedias sobre el Académico (en castelán). Consultado o 2021-10-29.
- ↑ "Autores - Neira Cruz, Xosé A.". baiaedicions.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-29.
- ↑ "Els gats de Venècia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "La estrella de siete puntas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "La vall de les bruixes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Vale de mulher". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Las cosas claras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "As coisas claras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "Les coses clares". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "La memoria de los árboles". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "Los ojos sin párpados". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "La caja del tesoro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "El hombre más rico del mundo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "El armiño duerme". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "L'ermini dorm". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "O arminho dorme". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Soy adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Sóc adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Alaba adoptatua naiz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Soi adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "El viaje a Compostela de Renato Ratoni, ratón de compañía de Cosme III de Médicis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "Il viaggio a Compostella di Renato Ratoni, topo di compagnia di Cosimo III de' Medici". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "Mambrú, cocinero de perfumes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "La noche de la reina Berenguela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "Gatos y leones". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Un montón de familias". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "[Jan estivo alí]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "O medo de Mo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ "Una costura en el tiempo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Una costura en el temps". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-02-19.
- ↑ "Xosé A. Neira Cruz gaña o II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro". Editorial Galaxia. 2019-07-03. Consultado o 2019-07-06.
- ↑ "Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil". www.dacoruna.gal. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ "Neira Cruz volve a gañar o Carlos Mosteiro". La Voz de Galicia. 2021-11-30. Consultado o 2021-12-01.
- ↑ Galicia, Xunta de (2023-05-09). "A Xunta e o Concello de Negreira entregan o XI Premio de Poesía Ardeiro ao escritor Xosé A. Neira Cruz". Xunta de Galicia. Consultado o 2023-05-17.