Marcial del Adalid
Marcial del Adalid Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Liáns, Oleiros) o 16 de outubro de 1881, foi un compositor musical galego. É considerado o pai do xénero da melodía galega.
Marcial del Adalid | |
---|---|
![]() Retrato de Marcial del Adalid. | |
Nacemento | 24 de agosto de 1826 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 16 de outubro de 1881 |
Lugar de falecemento | Lóngora |
Soterrado | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | compositor |
Pai | Francisco del Adalid y Laredo |
Cónxuxe | Fanny Garrido |
Fillos | María del Adalid |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a París coa intención de estudar con Frédéric Chopin, pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a Londres, onde entre 1844 e 1849 estudou con Ignaz Moscheles. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de Liszt. De volta a España viviu algúns anos en Madrid e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera Inese e Bianca, con libreto italiano de Achille de Lauzières. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola Universidade da Coruña o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.
ObraEditar
A súa obra está principalmente composta para piano e voz, e amosa unha grande influencia de Chopin e Charles Gounod. Musicou moitos dos poemas da súa dona, a escritora Fanny Garrido. Tamén se interesou pola música galega e reuniu folclore galego para o Cancionero de Inzenga. En 1877 publicou os seus primeiros cadernos da colección Cantares viejos y nuevos de Galicia, a súa obra mais interpretada. A publicación non finalizou ata despois da súa morte, chegando a vinte seis cancións, quince delas orixinais e nove harmonizacións de melodías tradicionais. Maurice Ravel empregou o seu Adios meu meniño, adios na súa Chanson espagnole, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.
Obra escénicaEditar
- Inés e Bianca, ópera.
- Pedro Madruga, zarzuela (inconclusa).
OrquestraEditar
- Varias marchas para orquestra.
- Serenata para orquestra de cordas.
PianoEditar
- 3 sonatas.
- 2 Sonatinas para piano a catro mans.
- Nocturnos.
- Baladas.
- Impromptus.
- Elexías.
- Romanzas sen palabras.
Música de cámara:
CanciónsEditar
- Cantares viejos y nuevos de Galicia.
- Un centenar de mélodies francesas sobre poemas de Lamartine, Victor Hugo etc.
- Lied sobre Goethe.
- Outras cancións en castelán, italiano e latín.
- Motetes corais en latín.
LegadoEditar
A súa única filla e herdeira, María del Adalid, por consello de Félix Estrada Catoyra, depositou o 12 de decembro de 1928 na Real Academia Galega a biblioteca e arquivo do seu pai.[1] "Un fondo musical único e valiosísimo, máis importante co da Biblioteca Nacional", en palabras de Xosé Ramón Barreiro.[2]
RecoñecementosEditar
A Real Academia Galega de Belas Artes ‘Nosa Señora do Rosario’ entrega a Medalla de Oro ‘Marcial del Adalid’ a institucións e músicos non profesionais.
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcial del Adalid |
BibliografíaEditar
- "Adalid Gurrea, Marcial del". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 11.
- "Adalid Gurrea, Marcial del". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Adalid, Marcial del". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 49. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Ritmo: revista musical ilustrada: n.º 480 (1978) (en castelán).
- Ritmo: revista musical ilustrada: n.º 493 (1979) (en castelán).
- del Adalid, M. (1965). Vals brillante, improvisación, elegía, andantino con variaciones (para piano). A Coruña: Real Academia Galega.
- Queipo, C. (2013). "La música insonora del fondo Adalid o la invisibilidad de la práctica musical…" (PDF). Brocar (en castelán) (37): 61–86. ISSN 1885-8309.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Arquivo Marcial del Adalid Galiciana. Arquivo de Galicia.
- Rodríguez, Ana (19/5/2008). "El otro patrimonio mundial coruñés". La Opinión A Coruña (en castelán).
- Touriñán Morandeira, Laura (2022). "Marcial del Adalid". no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.