Abrir o menú principal

Carlos Ignacio Labraña Barrero, nado en Cedeira o 29 de maio de 1969, é un escritor galego.

Carlos Labraña
Carlos Labraña Barrero 2.jpg
Nacemento29 de maio de 1969 (50 anos)
 Cedeira, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
IrmánsSabela Labraña
XénerosTeatro infantil e xuvenil
EstudosArquitectura Técnica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carlos Labraña (Cedeira, 1969), arquitecto técnico de profesión, é un dos dramaturgos máis premiados da literatura dramática infantil galega. Comezou a súa relación co teatro asistindo aos cursos de técnica actoral impartidos pola actriz Fusa Guillén. Xuntos fundarían no ano 1988 o Colectivo Garola, dedicado á difusión do teatro infantil galego. Con este colectivo participou na escrita de numerosas pezas de teatro para nenas e nenos, das que podemos salientar: O segredo de Daniel (1998) e A Escada (1994), ámbalas dúas premiadas na Mostra de Teatro Xeración Nós.

Afastado de Cedeira por motivos laborais, Carlos Labraña comezou a súa escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Sabela e Antón, con títulos como O teatro dos soños, A viaxe de Farrapos ou Esperta, principiño! Froito da colaboración coa Asociación de Amigos do Samaín na recuperación do tallado de cabazas é a obra Indo para o Samaín, traducida posteriormente ao castelán.

Coa peza Os sons da bugina resultou finalista do premio Meiga Moira de Literatura Infantil no ano 2006. Foi galardoado en dúas edicións co premio Estornela de teatro para nenos con Teatro de Xoguete (2010) e A pequena compaña (2014), e mención de honra con A fraga das árbores das palabras (2012). Tamén recibiu en tres ocasións o premio O Facho de teatro infantil polas obras Espantallo (2013), Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (2014) e Estrela...fugaz? (2015) e o premio Manuel María de literatura dramática infantil por O valo (2016).

Participa activamente na promoción do teatro infantil galego a través de diferentes plataformas, como a Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ), de cuxa directiva formou parte, a Asociación de Literatura Dramática Galega (DRAMATURGA), da que é socio fundador, ou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), na que coordina un grupo traballo para a elaboración da Guía do teatro infantil e xuvenil galego.

Recentemente, fundou a compañía de teatro Os furabolos para levar á escena as súas obras, e na que desenvolve tamén a súa faceta como actor. Estrelamar é a primeira montaxe estreada.

ObrasEditar

Teatro infanto-xuvenilEditar

  • O teatro dos soños, 2005, Colectivo Garola.
  • Os sons da buguina, 2006, Baía Edicións.
  • Esperta, Principiño!, 2008, Edicións Embora.
  • Estrelamar, 2008, Edicións Fervenza.
  • Lendas da noite de San Xoán, 2008, Everest Galicia.
  • Os ratos, 2008, Edicións Fervenza.
  • Peter Pan no cabo do mundo, 2010, Revista Casahamlet.
  • Teatro de xoguete, 2011, Edicións Fervenza.
  • A fraga das árbores das palabras, 2013, Edicións Embora.
  • O Galo de Portugal camiño de Compostela, 2015, Edicións Fervenza.
  • Espantallo, 2015, Edicións Fervenza.
  • Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada, 2016, Galaxia.
  • O apalpador, 2016, Galaxia.
  • O valo, 2017, Xerais.
  • A fada pirata, 2018. Edicións Fervenza
  • Estrelecer, 2019, Galaxia
  • A Pequena Compaña, 2019, Edicións Embora

Obras colectivas infanto-xuvenísEditar

  • O segredo de Daniel, 1993, Sotelo Blanco.
  • A escada, 1996, Xerais. 2ª edición en 2009, en Edicións Embora.
  • Hai gato pechado na caixa de Torcuato?, 1996.
  • Unha avoa a catro patas, calcetíns e gravatas. ¡Escapa que vén a Paca!, 1996.
  • O mexillón, 2001, Colectivo Garola.
  • Indo para o Samaín, 2002, Everest. Traducido ao castelán en 2005 na mesma editora co título Camino al Samaín: la fiesta de las calabazas.[1]
  • Pampón tiña razón, 2005.
  • A viaxe de Farrapos, 2008, Xunta de Galicia.
  • Un traballo é un traballo, 2010, Edicións Embora.

PremiosEditar

  • Gañador do II Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantís no 1988, por O segredo de Daniel.
  • Gañador do VII Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantis no 1994, por A escada, e finalista nesa mesma edición con O teatro dos soños.
  • Finalista no II Premio Meira Moiga de Literatura infanto-xuvenil no 2006, por Os sons da buguina.
  • Gañador do VI Premio Estornela de teatro para nenos no 2010, por Teatro de xoguete.
  • Mención de honra do VII Premio Estornela de teatro para nenos no 2012, por A fraga das árbores das palabras.
  • Gañador do XIV Concurso O Facho de teatro infantil no 2013, por Espantallo.
  • Gañador do XV Concurso O Facho de teatro infantil no 2014, por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada.
  • Gañador do VIII Premio Estornela de teatro para nenos no 2014, por A pequena compaña.
  • Gañador do XVI Concurso O Facho de teatro infantil no 2015, por Estrela... fugaz?.
  • Premio á mellor obra de teatro da II Gala do Libro Galego no 2017, por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada.
  • Finalista á mellor obra de teatro da IV Gala do Libro Galego no 2019, por A fada pirata.

Vida persoalEditar

Foi irmán da lingüista Sabela Labraña.

NotasEditar

  1. "Camino al Samaín: La fiesta de las calabazas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01. 

Véxase taménEditar