Sarabela Teatro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Sarabela Teatro é unha compañía teatral fundada en 1980 por Ánxeles Cuña. Entre os seus integrantes ao longo do tempo estiveron, ademais da propia directora, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz Seoane, Tito Asorey e Nate Borrajo.
Sarabela Teatro | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro |
Data de fundación | 1980 |
Fundador(es) | Ánxeles Cuña |
Premios | Premio Cultura Galega das Artes Escénicas |
País | España |
Na rede | |
https://sarabelateatro.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia da compañía
editarAínda que comezou a facer traballos como grupo un par de anos antes, en 1980 constitúese como asociación teatral de carácter independente, e a partir de 1990 como empresa profesional. É a compañía privada que acadou máis premios María Casares da historia, e os seus espectáculos representáronse ademais de en Galicia, en España e outros países.
Como grupo de creación colectiva, ten tamén publicados os textos correspondentes a Tics, Os soños de Caín, a adaptación do Romance de Micomicón e Adhelala e A gata con botas, ademais do libro Sarabela Teatro 25 anos. A compañía tamén realiza actividade docente, traballos de animación á lectura, e participa da organización da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), da MOTI (Mostra de Teatro Infantil) e do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).
Montaxes
editarEsta sección precisa reformularse seguindo unha orde cronolóxica. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Ano | Obra | Autoría | Dirección | Comentarios |
---|---|---|---|---|
2023 | Made in Galiza | Sechu Sende | Fina Calleja | Estreada en Ourense |
2021 | Morgana en Esmelle | Begoña Caamaño | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense |
2020 | A lingua das bolboretas | Manuel Rivas[1] | Gonçalo Guerreiro | Estreada en Ourense Premio María Casares ó mellor espectáculo |
2020 | Proxecto Noé | Fina Calleja | Fina Calleja | Estreada en Ourense |
2019 | Crónicas do paraíso | Fernando Dacosta[2] | Gonçalo Guerreiro | Estreada en Ourense |
2018 | Celebración. A gran noite | Fernando Dacosta[3] | Daniel Salgado | Estreada en Ourense |
2017 | O rei morre | Eugène Ionesco | Ana Vallés | Estreada en Ourense |
2016 | O secuestro da bibliotecaria | Fina Calleja[4] | Fina Calleja | Estreada en Barbadás |
2016 | Normas para saber vivir na sociedade actual | Jean-Luc Lagarce | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense |
2015 | Ensaio sobre a cegueira | José Saramago | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense Premio María Casares á mellor maquillaxe |
2014 | Pequena certezas | Bárbara Colio | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense |
2014 | O último dragón | Fina Calleja | Fina Calleja | Estreada e Celanova |
2013 | A idade da pavía | Arístides Vargas (adaptación) | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense |
2012 | A voar | David Almond (adaptación) | Fina Calleja | Estreada no Carballiño |
2012 | Viaxe a ningunha parte | Fernando Fernán Gómez (adaptación) | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense |
2011 | Tango | Slawomir Mrózek | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense |
2010 | O incerto señor Don Hamlet | Álvaro Cunqueiro | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares á mellor iluminación. |
2010 | Konrad | Cristine Nösterling (adaptación) | Ánxeles Cuña | Estreada no Barco. |
2009 | A esmorga | Eduardo Blanco Amor | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares ó mellor espectáculo Premio María Casares ó mellor actor secundario Premio María Casares á mellor iluminación Premio María Casares á mellor escenografía María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido. |
2008 | Cósima | Cris Baldwin | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. |
2008 | Dáme veleno, eu tamén soñar | Ánxeles Cuña | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. |
2007 | Margar no pazo do tempo | Ánxeles Cuña | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. |
2007 | Cristovo e o libro das marabillas | Fina Calleja | Fina Calleja | Estreada en Narón. |
2006 | Macbeth | William Shakespeare | Helena Pimenta | Estreada en Ourense. Premio María Casares á mellor maquillaxe |
2005 | O heroe | Manuel Rivas | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares ao mellor vestiario Premio María Casares á mellor escenografía |
2004 | A gata con botas | Charles Perrault (adaptación) | Ánxeles Cuña | Estreada en San Sadurniño. |
2004 | Caricias | Sergi Belbel | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. |
2003 | Así que pasen cinco anos | Federico García Lorca | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares ó mellor espectáculo Premio María Casares á mellor dirección Premio María Casares ó mellor actor secundario Premio María Casares ó mellor vestiario Premio María Casares á mellor escenografía Premio María Casares á mellor maquillaxe |
2002 | A conxura dos necios | John Kennedy Toole | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares ó mellor actor secundario Premio María Casares á mellor maquillaxe |
2001 | Sexismunda | Pedro Calderón de la Barca (adaptación) | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense.[5] Premio María Casares á mellor actriz protagonista |
2001 | A illa amarela | Paloma Pedrero | Ánxeles Cuña | Estreada no Barco. |
2000 | O lapis do carpinteiro | Manuel Rivas | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares ó mellor espectáculo Premio María Casares á mellor dirección Premio María Casares ó mellor actor protagonista Premio María Casares ó mellor vestiario Premio María Casares á mellor escenografía Premio María Casares á mellor maquillaxe Premio María Casares á mellor iluminación María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido |
1999 | Os soños de Caín | Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro, Begoña Muñoz e Fernando Dacosta |
Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. |
1999 | Romance de Micomicón e Adelhala | Eduardo Blanco Amor (adaptación) | Ánxeles Cuña | Estreada en Culleredo. Premio Celestina de la Crítica (Madrid). |
1998 | Tics | Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro, Begoña Muñoz e Fernando Dacosta |
Ánxeles Cuña | Estreada no Barco. Premio María Casares ó mellor actor protagonista Premio María Casares ó mellor vestiario Premio María Casares á mellor maquillaxe Premio María Casares á mellor iluminación |
1997 | Afección | Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro, Begoña Muñoz e Fernando Dacosta |
Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. |
1996 | A esmorga | Eduardo Blanco Amor | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. Premio María Casares ó mellor actor secundario |
1994 | Cama (2 X 2 para 2) | Sergi Belbel | Ánxeles Cuña | Estreada en Ourense. 3 premios Compostela. |
1993 | Xacobe e o seu amo | Milan Kundera | Ánxeles Cuña | Estreada en Ribadavia. Un premio Compostela. |
1992 | As sillas | Eugène Ionesco | Ánxeles Cuña | Estreada en Sargadelos. Un premio Compostela. |
1990 | Madame de Sade | Yukio Mishima | Ánxeles Cuña | Estreada en Santiago de Compostela. Un premio Compostela. |
1989 | Supertot | Josep Maria Benet i Jornet | Ánxeles Cuña | |
1988 | Xacobe, ou a submisión | Eugène Ionesco | Ánxeles Cuña | |
1987 | O sangue do tempo | Ángel García Pintado | Ánxeles Cuña | |
1986 | A contrasicanálise ou malia todo quérote papá | Helena Castro | Ánxeles Cuña | |
1985 | O triciclo | Fernando Arrabal | Ánxeles Cuña | |
1984 | Hoxe de hoxe, de mil novecentos hoxe | Antonio Robles | Ánxeles Cuña | |
1983 | A Tuta e a Ramona | Llorenç Villalonga | Ánxeles Cuña | |
1983 | Os faladores | Miguel de Cervantes | Ánxeles Cuña | |
1982 | Barriga verde | Manuel María | Ánxeles Cuña | |
1982 | Poema nuclear | Celso Emilio Ferreiro (adaptación) | Ánxeles Cuña | |
1982 | O relevo | Gabriel Celaya | Ánxeles Cuña | |
1981 | Noite de hóspedes | Peter Weiss | Ánxeles Cuña | |
1980 | Fando e Lis | Fernando Arrabal | Ánxeles Cuña | |
1979 | Xaulas | Creación colectiva | Ánxeles Cuña | |
1979 | Mimo | creación colectiva | Ánxeles Cuña |
Premios e recoñecementos
editarPremios María Casares
editarSarabela leva colleitado 36 premios María Casares.
- 4 premios María Casares ó mellor espectáculo: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, Así que pasen cinco anos e A esmorga (2010)
- 2 premios María Casares á mellor dirección: O lapis do carpinteiro e Así que pasen cinco anos
- 3 premios María Casares ó mellor actor protagonista: Tics, O lapis do carpinteiro e A conxura dos necios,
- 1 premio María Casares á mellor actriz protagonista: Sexismunda,
- 4 premios María Casares ó mellor actor secundario: A esmorga (1996), Sexismunda, Así que pasen cinco anos, A esmorga (2010)
- 4 premios María Casares á mellor iluminación: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A esmorga (2010), O incerto Señor Don Hamlet
- 5 premios María Casares á mellor escenografía: Tics, O lapis do carpinteiro, Así que pasen cinco anos, O heroe, A esmorga (2010)
- 8 premios María Casares á mellor maquillaxe: Tics, O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A conxura dos necios, Así que pasen cinco anos, Macbeth, Dáme veleno, eu tamén soñar, Ensaio sobre a cegueira
- 4 premios María Casares ó mellor vestiario: Tics, O lapis do carpinteiro, Así que pasen cinco anos, O heroe
- 3 premios María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A esmorga (2010)
Ademais, foi nomeada a distintas categorías destes premios noutras 42 ocasións (ata 2010). As obras máis nomeadas foron A conxura dos necios (11, das que obtivo 2), a montaxe d'A esmorga de 2009 (11, das que obtivo 5), Así que pasen cinco anos (10, das que obtivo 6), O heroe (10, dos que obtivo 2) e O lapis do carpinteiro (10, dos que obtivo 8).
Premios Compostela
editarSarabela colleitou seis premios Compostela, galardóns máximos do teatro galego, e que cando desapareceron foron substituídos polos María Casares.
- Tradución e adaptación: As sillas e Xacobe e o seu amo
- Actor: Madame de Sade
- Actor secundario: Cama (2x2 para 2).
- Actriz secundaria: Cama (2x2 para 2).
- Vestiario: Cama (2x2 para 2).
Foi ademais nomeada aos premios Compostela en seis ocasións máis, entre elas Cama (2x2 para 2) ao mellor espectáculo.
Outros galardóns
editar- Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia por toda a súa traxectoria.
- A obra Tics obtivo cinco premios FETEN: texto, vestiario, actor protagonista, dirección e espectáculo.
- O Romance de Micomicón e Adhelala, obtivo o Premio Celestina da Crítica ao mellor espectáculo infantil.
- O lapis do carpinteiro conseguiu o premio do espectador do Festival de Teatro de Carballo, en 2001.
- Finalista ao mellor espectáculo revelación por Sexismunda, nos Premios Max de 2002.
- Premio Cultura Galega das Artes Escénicas 2016
Notas
editar- ↑ Versión de Fernando Dacosta.
- ↑ A partir da obra As crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro.
- ↑ A partir da obra Noce de Jean-Luc Lagarce.
- ↑ Baseada no conto de Margaret Mahy.
- ↑ Finalista dos Premios Max ao mellor espectáculo revelación.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Varios (2005). 25 anos Sarabela Teatro. 1980-2005. Difusora de letras, artes e ideas. Ourense. ISBN 978-84-933390-6-4.