Padre Casares
Padre Casares é unha serie de televisión galega estreada no ano 2008, converténdose na serie revelación da tempada na TVG. Dirixida por Manuel A. Espiñeira, Jorge Coira, Carlos Sedes e Marta Piñeiro, escrita por Carlos Portela e producida por Voz Audiovisual, emitiuse con éxito os luns pola noite na TVG desde o 15 de xaneiro de 2008 ata o 28 de setembro de 2015. Os exteriores foron gravados na parroquia de Santaia de Liáns (Oleiros), e no lugar de Redes (Ares) e en Santiago de Compostela.
Padre Casares | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | comedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Director/a | Manuel A. Espiñeira Jorge Coira Carlos Sedes e Marta Piñeiro |
Compositor/a | Malvela ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Produtor/a executivo | Carlos Portela Alfonso Blanco Carlos Carballo |
Emisora orixinal | Televisión de Galicia ![]() |
Datas | |
Comezo | 15 de xaneiro de 2008 ![]() |
Remate | 28 de setembro de 2015 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 5 minutos ![]() |
Episodios | 232 ![]() |
Tempadas | 15 ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Foi o espazo con máis audiencia da TVG nas tempadas 2008-09 e 2009-10, e segundo a tempada anterior, por detrás de Libro de familia. A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, Canal Sur andaluz en castelán, Padre Medina, e o Canal 9 en valenciano Senyor retor, dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán.
Argumento
editarEsta produción estaba protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote acabado de saír do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1.000 habitantes, en substitución de don Crisanto, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 23 episodios da primeira tempada da serie.
1ª tempada
editarO padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, ten un soño: ir a Ruanda como misioneiro. Pero é destinado a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila da costa galega, para substituír a don Crisanto, o párroco de toda a vida. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas, aprendendo a convivir e aceptarse os uns aos outros. Malia todos os seus esforzos por adaptarse, Horacio acabará por pedirlle ao bispo que o releve do seu cargo. Pero don Crisanto adiviñará a verdadeira razón pola que Horacio quere marchar: Iria, a mestra da vila.
2ª tempada
editarOs habitantes de Louredo comezan a sentir afecto polo padre Casares, aínda que non acaban de entender os seus modernos costumes. Católicos e ateos únense para evitar que Horacio marche da vila. O sacerdote resolve as súas dúbidas e decide aceptar o seu destino como párroco de Santo Antonio. Quédanlle por diante uns meses repletos de emocións: un roubo na igrexa, unha praga bíblica, un neno abandonado na reitoral, unha voda gai... e as eleccións locais. O vello don Crisanto pretende arrebatarlle o poder a Delmiro, o alcalde comunista da vila. E a votación final non pode ser máis axustada...
3ª tempada
editarO novo alcalde de Louredo comeza a impoñer as súas estritas normas. As mulleres do PCAR (Partido Católico Apostólico Romano) semellan encantadas co cambio de edil. Pero non todos os veciños están dispostos a vivir baixo o réxime de don Crisanto, e mesmo os funcionarios pensan ir á folga. O padre Casares buscará un sorprendente aliado para conseguir que as cousas volvan ao rego. A traxedia sacudirá á vila e os acontecementos farán que a xente, á fin, considere a Horacio “un dos seus”. Por iso, non pensan permitir que o sacerdote pase só o seu primeiro Nadal en Louredo.
4ª tempada
editarO padre Casares leva un ano na vila, pero os seus fregueses non deixan de sorprendelo: mesmo fan unha colecta para que o sacerdote marche de vacacións. O que non sabe é que todo forma parte dunha estratexia para poder celebrar o salto do porco. Á volta da viaxe, Horacio resolverá un misterio relacionado con Amelia. Pero o da súa gobernanta non será o único segredo que saia á luz. Horacio atoparase nunha nova encrucillada, e unha decisión mudará para sempre a súa vida en Santo Antonio de Louredo. Nada volverá ser igual desde ese momento para o padre Casares.
5ª tempada
editarO cambio de goberno na Xunta de Galicia trunca as expectativas políticas de Delmiro, que tardará en asimilar o golpe. Pero malia que non vaia ser Conselleiro, os veciños de Santo Antonio de Louredo aínda precisan do seu alcalde. Aproxímanse tempos tumultuosos na vila, e o padre Casares deberá afrontalos sen un dos seus principais apoios: Iria, a mestra. Con todo, Horacio recibirá a uns visitantes inesperados que non deixarán indiferente a ningún dos seus fregueses.
6ª tempada
editarÉ tempo de festa en San Antonio de Louredo e un sospeitoso gromo de gripe A pon en perigo a presenza do padre Casares no Salto do porco. Pero non é a gripe a única preocupación de don Horacio: a súa boa fama corre perigo cando os veciños descobren que asistiu a despedida de solteiro de Miñato nun bar de alterno. Non será a única dor de cabeza ó párroco os amores de Miñato. E se de amores falamos, o de Fina e Josito verase enturbado polos manexos dos veciños. Nin sequera Delmiro é quen de axudar ó seu cuñado. Bastante ten con non volverse tolo: asegura que Fidel Casto aparéceselle por todas partes. A decisión de Santi de facerse sacerdote, a saúde de don Crisanto, que non deixa de comer ás agachadas, e finalmente, a visita da ex-moza de Horacio, farán que este dubide da súa vocación coma sacerdote. O regreso de Iria á vila xogará un importante papel na súa decisión final.
7ª tempada
editarAs dúbidas de Horacio sobre a súa vocación sacerdotal son cada vez máis fortes. O apaixonado bico que Iria e máis el se deron no salón de baile, fará que o sacerdote teña que cuestionarse o que quere facer coa súa vida. Mentres tanto, Delmiro terá que enfrontarse a un dos seus máis difíciles retos como alcalde: lograr que o Concello de Louredo supere a crise económica máis forte da súa historia. Ademais, a visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela revolucionará ós fregueses da vila. Sobre todo a Delmiro, que fará todo o posible para evitar que Louredo renda a súa particular homenaxe ó Gran Corvo Branco.
Equipo técnico
editar- Guión: Carlos Portela
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Dirección de produción: Ana Míguez
- Script (continuista): Mónica Aguiar, Loreto Martínez, Ozo
- Microfonista: Rubén Bermudez, Victor Seixo, Martiño Lois Méndez
Repartimento
editarPrincipal
editar- Pedro Alonso como o padre Horacio Casares e posteriormente Señor Bispo
- Antonio Durán "Morris" como Delmiro Ferreira Iglesias, o alcalde
- Gonzalo Rei Chao como don Crisanto Amancio Peña, o predecesor de Horacio
- Tuto Vázquez como don Crisanto Amancio Peña, o predecesor de Horacio, falecido en 2010.
- Mercedes Castro como Amelia, a gobernanta
- Eva Fernández como Maite Costas, a animadora sociocultural
- Federico Pérez como José "Josito" Raña Vázquez, o bedel do Concello
- Fina Calleja como Ramona "Moncha" Raña Vázquez, a muller do alcalde e beata
- Ana Santos como Elsa, a pastora e beata
- Covadonga Berdiñas como Puri, beata
- Patricia Vázquez como Lidia Seoane, a dona do bar e beata
- Tacho González como Sindo, o dono do bar
- Avelino González como Miñato, o chapuzas
- Xúlio Abonjo, como don Perfecto, terceiro cura de Louredo
- María Vázquez como Iria, a mestra
Secundario
editar- Xosé Manuel Olveira "Pico" como o bispo Xosé Nogueira
- Xavier Estévez como Urbano, o policía
- Beatriz Bravo como Fina, filla de Puri
- Xosé Antonio Touriñán como Rodolfo, fillo de Puri
- Iolanda Muíños como a irmá Preciosa, a sobriña de don Crisanto
- Xosé Luís Bernal “Farruco” como Camilo, o doutor
- Carolina Vázquez, como Conchita de Tapeirán
- Xaquín Domínguez como o padre Rodrigo Álvarez do Val
- Isabel Risco como Cecilia, ex-sancristá
- María Tasende como Ana, a sobriña de Amelia e muller de David
- Omar Rabuñal como David Ferreira, fillo de Delmiro e Moncha e home de Ana
- Mon Santiso como Sabino, o policía
- Alejandro Carro como Santi, o sancristán
Episódicos
editar- Fely Manzano como Asunción
- Xosé Barato como o padre Ismael
- Mela Casal como Divina, nai de Horacio
- Antonio Mourelos como Suso, tío de Horacio
- Ricardo de Barreiro como Don Rafael, sacerdote substituto
- Monti Castiñeiras como Víctor Barreiro, pai do fillo de Iria
- Antón Coucheiro
- Juanillo Esteban
- Rodrigo Flieller
- Darío Loureiro, como fillo de Conchita de Tapeirán
Episodios
editarPrimeira tempada
editar- O milagre de Santo Antoniño de Louredo (15 de xaneiro de 2008)
- Onde dous ou tres reúnense no meu nome (22 de xaneiro de 2008)
- Un toque de cor (29 de xaneiro de 2008)
- O segredo está nas formas (5 de febreiro de 2008)
- Santo Antonio Peregrino (12 de febreiro de 2008)
- A voda do ano (19 de febreiro de 2008)
- Confianza (26 de febreiro de 2008)
- Amador, o apóstata (4 de marzo de 2008)
- Josito ten praza (11 de febreiro de 2008)
- Elsa in love (18 de marzo de 2008)
- Delmiro contra todos (25 de marzo de 2008)
- Cuestión de fe (1 de abril de 2008)
- Lembranzas (8 de abril de 2008)
Segunda tempada
editar- Ruanda (15 de abril de 2008)
- O moisés de Louredo (21 de abril de 2008)
- No limbo (28 de abril de 2008)
- Sodoma e Louredo (5 de maio de 2008)
- O sacristán de Louredo (12 de maio de 2008)
- Santa Rita, o que se da... (19 de maio de 2008)
- A ovella perdida e atopada en Louredo (26 de maio de 2008)
- Líbranos de peste e males (2 de xuño de 2008)
- Deixade que os vellos que se acheguen a min (9 de xuño de 2008)
- Que ven o bispo! (16 de xuño de 2008)
- Polas ánimas do purgatorio! (15 de setembro de 2008)
- Vota don Crisanto! (22 de setembro de 2008)
- O voto é decreto (29 de setembro de 2008)
Terceira tempada
editar- Volver ás catacumbas! (6 de outubro de 2008)
- Sen tele non hai paraíso (13 de outubro de 2008)
- Non non non, Crisanto dimisión (20 de outubro de 2008)
- Ama o teu próximo... pero non tanto (27 de outubro de 2008)
- Corre, Josito, corre (3 de novembro de 2008)
- Tempo de Samain (10 de novembro de 2008)
- Os mansos herdarán a terra (17 de novembro de 2008)
- Non desexarás á muller do próximo (24 de novembro de 2008)
- A segunda comunión (1 de decembro de 2008)
- A vida entre as mans (8 de decembro de 2008)
- Falar da caza e mercala na praza (15 de decembro de 2008)
- O belén de Santo Antonio de Louredo (22 de decembro de 2008)
- Mister Xaneiro (29 de decembro de 2008)
Cuarta tempada
editar- Ouro, incenso e discordia (5 de xaneiro de 2009)
- Festas de Santo Antonio 2009 (12 de xaneiro de 2009)
- O espírito de Louredo (19 de xaneiro de 2009)
- As vodas de ouro de don Crisanto (26 de xaneiro de 2009)
- Maridos e mulleres (2 de febreiro de 2009)
- A epístola de San Paulo (9 de febreiro de 2009)
- Bautizo democrático (16 de febreiro de 2009)
- A calor do diñeiro (23 de febreiro de 2009)
- ¡Entroido! (2 de marzo de 2009)
- A samaritana (9 de marzo de 2009)
- Atado no ceo (16 de marzo de 2009)
- O que a ferro mata... (23 de marzo de 2009)
- A paixón de Josito (30 de marzo de 2009)
- E ao terceiro día, resucitou (6 de abril de 2009)
- Dies Irae (13 de abril de 2009)
Quinta tempada
editar- Yes, we can! (21 de setembro de 2009)
- Adán e o mono (28 de setembro de 2009)
- Vaga de calor (5 de outubro de 2009)
- Bosteiros (12 de outubro de 2009)
- Corpo de Cristo (19 de outubro de 2009)
- Furia de Titán (26 de outubro de 2009)
- Santo Antón, que me toque o cupón (2 de novembro de 2009)
- Viño de Caná, pataca de Galicia e porco vietnamita (9 de novembro de 2009)
- Alcalde, fascista, o porco é ecoloxista! (16 de novembro de 2009)
- A cornetada (23 de novembro de 2009)
- Teu pai, miña nai e Josito (30 de novembro de 2009)
- A avoa de Louredo (7 de decembro de 2009)
- Mater Misericordiae (14 de decembro de 2009)
- Suso non sempre é Xesús (21 de decembro de 2009)
- Un Nadal vermello (28 de decembro de 2009)
Sexta tempada
editar- Os anxos de Crisanto (4 de xaneiro de 2010)
- Á terceira vai a vencida (11 de xaneiro de 2010)
- A despedida (18 de xaneiro de 2010)
- Na riqueza e na pobreza (25 de xaneiro de 2010)
- Cadea de erros (1 de febreiro de 2010)
- Camarada Delmiro (8 de febreiro de 2010)
- Por moer (15 de febreiro de 2010)
- O demo e a carne (22 de febreiro de 2010)
- Augas termais e exercicios espirituais (1 de marzo de 2010)
- Auga pasada... (8 de marzo de 2010)
- Tempo de crise (15 de marzo de 2010)
- Que a paz sexa convosco (22 de marzo de 2010)
- A última tentación de Josito (29 de marzo de 2010)
- A natureza das cousas (5 de abril de 2010)
- O último baile (12 de abril de 2010)
Sétima tempada
editar- A encrucillada (20 de setembro de 2010)
- O Pai, o Fillo e o Espíritu Santo (27 de setembro de 2010)
- O salvador (4 de outubro de 2010)
- A decisión de Iria (11 de outubro de 2010)
- O bo pastor (18 de outubro de 2010)
- Cuestión de santidade (25 de outubro de 2010)
- Ano santo (1 de novembro de 2010)
- Soñar non ten cancela (8 de novembro de 2010)
- O nacemento dunha tradición (15 de novembro de 2010)
- Mentiras piadosas (22 de novembro de 2010)
- Día de autos (29 de novembro de 2010)
- A verdade faravos libres (6 de decembro de 2010)
- A gran crise (13 de decembro de 2010)
- Canción de Nadal (20 de decembro de 2010)
- Fin da viaxe (27 de decembro de 2010)
Oitava tempada
editar- O home tranquilo (3 de xaneiro de 2011)
- Un porco, dous porcos, tres porcos (10 de xaneiro de 2011)
- O muro das lamentacións (17 de xaneiro de 2011)
- De estrea (24 de xaneiro de 2011)
- As árbores non deixan ver o bosque (31 de xaneiro de 2011)
- Cousa de rombos (7 de febreiro de 2011)
- O que necesitas é amor (14 de febreiro de 2011)
- Man de santo (21 de febreiro de 2011)
- No nome da nai (28 de febreiro de 2011)
- Luns de Entroido (7 de marzo de 2011)
- Menos lobos (14 de marzo de 2011)
- Todos somos camiño (21 de marzo de 2011)
- Un ferrado no ceo (28 de marzo de 2011)
- O cofre (4 de abril de 2011)
- O que Deus une (11 de abril de 2011)
Novena tempada
editar- África (19 de setembro de 2011)
- Tí a Mali e eu a Louredo (26 de setembro de 2011)
- A febre da auga (3 de outubro de 2011)
- Traspaso de poderes (10 de outubro de 2011)
- Pobres de espírito (17 de outubro de 2011)
- Na virtude está a riqueza (24 de outubro de 2011)
- E no principio foron os porcos (31 de outubro de 2011)
- Morte morrida (7 de novembro de 2011)
- Dous homes e un cativo (14 de novembro de 2011)
- Recuperando o toque (21 de novembro de 2011)
- Dar xogo (28 de novembro de 2011)
- Carta aberta (5 de decembro de 2011)
- Segou (12 de decembro de 2011)
- Nadal: Votos en contra? (19 de decembro de 2011)
- A canción do Nadal (26 de decembro de 2011)
- Natividade (2 de xaneiro de 2012)
Décima tempada
editar- Ano novo, vida nova (9 de xaneiro de 2012)
- Morrer de amor...ou por amor (16 de xaneiro de 2012)
- Porquiños non!. Grazas (23 de xaneiro de 2012)
- O teu día e o meu (30 de xaneiro de 2012)
- Camiño á casa (6 de febreiro de 2012)
- Nin contigo nin sen ti (13 de febreiro de 2012)
- Cada entroido, seu choqueiro (20 de febreiro de 2012)
- Moito heroe (27 de febreiro de 2012)
- Un día na vida dun heroe (5 de marzo de 2012)
- Alarmados (12 de marzo de 2012)
- Día do pai (19 de marzo de 2012)
- Hai alguén aí? (26 de marzo de 2012)
- O terceiro día (2 de abril de 2012)
- Volta á casa (9 de abril de 2012)
- Pechado ata novo aviso (16 de abril de 2012)
Undécima tempada
editar- Indignado (17 de setembro de 2012)
- A tentación vén de fóra (24 de setembro de 2012)
- Crego ou becerro (1 de outubro de 2012)
- Noviza á fuga (8 de outubro de 2012)
- Cuestión de peso (15 de outubro de 2012)
- Máis dura será a caída (22 de outubro de 2012)
- Noite de medo (29 de outubro de 2012)
- En po te has de converter (5 de novembro de 2012)
- Pídello, pídello, pídello (12 de novembro de 2012)
- A historia dun marco (19 de novembro de 2012)
- Unha viaxe, un comezo (26 de novembro de 2012)
- Cinco e acción (3 de decembro de 2012)
- Fallar o penalti (10 de decembro de 2012)
- Z de raposo (17 de decembro de 2012)
- Demasiados compromisos (24 de decembro de 2012)
Duodécima tempada
editar- Noivos e noivas (7 de xaneiro de 2013)
- Cousas de Pilatos (14 de xaneiro de 2013)
- Habelos hainos (21 de xaneiro de 2013)
- Condenados a entenderse (28 de xaneiro de 2013)
- A arte da guerra (4 de febreiro de 2013)
- Compadres e comadres (11 de febreiro de 2013)
- Liberade a Puri (18 de febreiro de 2013)
- Escrito para sempre (25 de febreiro de 2013)
- Tres problemas (4 de marzo de 2013)
- Que foi do libre albedrío? (11 de marzo de 2013)
- Falsas apariencias (18 de marzo de 2013)
- Unha longa Semana Santa (1ª parte) (25 de marzo de 2013)
- Unha longa Semana Santa (2ª parte) (1 de abril de 2013)
- De vigas e motas (8 de abril de 2013)
- E agora, ¿que? (16 de abril de 2013)
- O último que se perde (23 de abril de 2013)
- Rexeitamento (30 de abril de 2013)
- Aceptación (7 de maio de 2013)
- As dúas caras da verdade (14 de maio de 2013)
- Cando marcha un amigo (21 de maio de 2013)
Décimo terceira tempada
editar- Portas pechadas (25 de setembro de 2013)
- En pé de guerra (2 de outubro de 2013)
- Talión ao rescate. 1ª parte (9 de outubro de 2013)
- Talión ao rescate. 2ª parte (16 de outubro de 2013)
- Pobre de pedir (23 de outubro de 2013)
- O amor está no aire (30 de outubro de 2013)
- Unha noite no inferno (6 de novembro de 2013)
- A canción de Elsa (13 de novembro de 2013)
- O xogo de Elsa (20 de novembro de 2013)
- Cinco noites e demasiados días (27 de novembro de 2013)
- Os soños, instrucións de uso (4 de decembro de 2013)
- Unha canción desesperada (11 de decembro de 2013)
- Pim, pam, pum! (18 de decembro de 2013)
- Louredo resiste! (25 de decembro de 2013)
- Conta atrás (1 de xaneiro de 2014)
Décimo cuarta tempada
editar- Mal raio te parta (8 de xaneiro de 2014)
- Algo cheira a podre en Louredo (19 de xaneiro de 2014)
- Desprendemento de rutina (26 de xaneiro de 2014)
- Resacón en Louredo (2 de febreiro de 2014)
- Okupación (9 de febreiro de 2014)
- A derradeira misa (16 de febreiro de 2014)
- Símbolos (23 de febreiro de 2014)
- O inferno é Louredo (2 de marzo de 2014)
- Caído do ceo (9 de marzo de 2014)
- Mando universal (16 de marzo de 2014)
- In nomine Patris (23 de marzo de 2014)
- A irmandade do salto do porco (30 de marzo de 2014)
- Elvis vive (6 de abril de 2014)
- Auga bendita (13 de abril de 2014)
- Adeus, Louredo (20 de abril de 2014)
Décimo quinta tempada
editar- A conversión de Delmiro (7 de outubro de 2014)
- Educando a Delmiro (14 de outubro de 2014)
- Auga corrente non mata xente (21 de outubro de 2014)
- O admirador secreto (28 de outubro de 2014)
- Que vén Horacio (4 de novembro de 2014)
- O silencio das ovellas (11 de novembro de 2014)
- Santo Antonio de (18 de novembro de 2014)
- Louredo independente (26 de novembro de 2014)
- Cambio de papeis (2 de decembro de 2014)
Décimo sexta tempada
editar- De vello, gaiteiro (1 de xullo de 2015)
- Á novena vai á vencida (8 de xullo de 2015)
- A patacada de Louredo (15 de xullo de 2015)
- En po te has converter (22 de xullo de 2015)
- Quince vodas e un funeral (29 de xullo de 2015)
- A vinganza de Delmiro (5 de agosto de 2015)
- Baleiro de poder (12 de agosto de 2015)
- Noivos e noivas (19 de agosto de 2015)
- O segredo (26 de agosto de 2015)
- Os inmortais (2 de setembro de 2015)
- Polo legal (9 de setembro de 2015)
- Vexetarianos (16 de setembro de 2015)
- Sindo quere voar (21 de setembro de 2015)
- Un paseo por Louredo (28 de setembro de 2015)
Audiencia
editar- 1ª tempada: 221.000 espectadores (20,47% de share)
- 2ª tempada: 265.000 espectadores (24,52% de share)
- 3ª tempada: 291.000 espectadores (27,06% de share)
- 4ª tempada: 284.000 espectadores (28,32% de share)
- 5ª tempada: 230.000 espectadores (20,61% de share)
- 6ª tempada: 253.000 espectadores (23,29% de share)
- 7ª tempada: 234.000 espectadores (21,45% de share)
- 8ª tempada: 248.000 espectadores (22,35% de share)
- 9ª tempada: 185.000 espectadores (16,34% de share)
- 10ª tempada: 205.000 espectadores (18,24% de share)
- 11ª tempada: 174.000 espectadores (15,56% de share)
- 12ª tempada: 159.000 espectadores (13,45% de share)
- 13ª tempada: 127.000 espectadores (12,17% de share)
- 14ª tempada: 153.000 espectadores (12,54% de share)
- 15ª tempada: sen datos
- 16ª tempada: 109.000 espectadores (10,18% de share)
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Pedro Alonso | Nomeado | |
Antonio Durán "Morris" | Nomeado | ||
Mellor interpretación masculina secundaria | Tuto Vázquez | Nomeado | |
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Araceli G. Cabreira Gema R. Neira Lidia Fraga |
Nomeados | |
Mellor realización | Jorge Coira Carlos Sedes Manuel Espiñeira Álex Sampayo |
Gañadores | |
Mellor son | Rubén Bermúdez Víctor Seixo |
Nomeados | |
Mellor música orixinal | Manuel Riveiro | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Ana Míguez Alfonso Blanco |
Nomeados | |
Mellor dirección de fotografía | Carlos Vilas | Nomeado | |
Mellor deseño de vestiario | Ruth Díaz Julia Rodríguez |
Nomeadas | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Natalia Arcay Beatriz Vázquez Noelia Arcay |
Nomeadas | |
2009 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Pedro Alonso | Nomeado | |
Antonio Durán "Morris" | Nomeado | ||
Mellor interpretación feminina protagonista | Mercedes Castro | Nomeada | |
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Lidia Fraga |
Nomeados | |
Mellor realización | Manuel Espiñeira | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Ana Míguez Alfonso Blanco Paula Fernández |
Nomeados | |
Mellor deseño de vestiario | Julia Rodríguez | Nomeadas | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Beatriz Vázquez Noelia Arcay |
Nomeadas | |
2010 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Mellor realización | Manuel Espiñeira Marta Piñeiro |
Nomeados | |
2011 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación femenina secundaria | Fina Calleja | Nomeada | |
2012 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Mellor interpretación masculina secundaria | Tacho González | Nomeado | |
2013 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Mercedes Castro | Nomeada | |
Mellor interpretación feminina secundaria | Covadonga Berdiñas | Nomeada |
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor Programa Autonómico de Ficción | Gañador |
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Ninfa de Ouro á Mellor serie de TV - Drama | Nomeado | |
Ninfa de Ouro ao Mellor actor dramático | Pedro Alonso | Nomeado | |
Ninfa de Ouro ao Mellor actor dramático | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Ninfa de Ouro á Mellor actriz dramática | María Vázquez | Nomeada | |
Ninfa de Ouro á Mellor actriz dramática | Mercedes Castro | Nomeada | |
Ninfa de Ouro ao Mellor produtor europeo | Carlos Carballo Carlos Portela Alfonso Blanco |
Nomeados | |
Ninfa de Ouro ao Mellor produtor internacional | Carlos Carballo Carlos Portela Alfonso Blanco |
Nomeados |
En 2010 recibiu o premio ¡Bravo!, da Conferencia Episcopal Española, polo seu servizo a prol da «dignidade do home, os dereitos humanos e os valores evanxélicos»[1].
Outros datos
editar- O actor Tuto Vázquez, que daba vida a don Crisanto, abandonou a serie antes de finalizar a rodaxe da primeira temporada debido a motivos de saúde, falecendo meses despois. O seu personaxe pasou a ser interpretado por Gonzalo Rei Chao.[2]
Notas
editar- ↑ Premios Bravo! 2010 Arquivado 14 de abril de 2013 en Wayback Machine., Web da Conferencia Episcopal Española, 21/10/2010
- ↑ «É un traballo arduo interpretar un papel creado por outro actor» La Voz de Galicia, 15/6/2008.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Padre Casares na IMDb (en inglés).
- O soportal do audiovisual galego
- Una parroquia muy concurrida AISGE (en castelán).