Malvela
Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).
Malvela | |
---|---|
Orixe | Mos, Galicia |
Xénero(s) | Folk |
Na rede | |
www.malvela.com | |
Está integrado por 13 cantadeiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina (falecida), Aurita, Teresa, Merche e Adela (falecida)), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).
Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.
Discografía
editar- Que o pano non me namora (2002)
- O Aghinaldo (2004)
- Da miña xanela á túa (2007)
- Raianas (2011)