Abrir o menú principal

Mon Santiso, nado na Coruña o 24 de febreiro de 1959, é un xornalista e presentador de televisión galego.

Mon Santiso
Detalle de Mon Santiso na Revista FDS.jpg
Nacemento24 de febreiro de 1959
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e presentador de televisión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Interpretación e máis tarde introduciuse no mundo da interpretación, como axudante de dirección e actor en teatros. A súa popularidade débese, con todo, á televisión. Debuta no medio en 1985, na Televisión de Galicia, conducindo programas como Atalaia, Espacio aberto ou Mono. Desde esa emisora salta ao desaparecido Canal 10. Con todo, a súa faciana comeza a ser coñecida no resto de España 1998, ano no que acompaña a Ana Rosa Quintana nos labores de presentación do popular magazine Sabor a ti en Antena 3. Mantense no programa ata 2000.

O recoñecemento do público permítelle aceptar outras ofertas e en anos sucesivos presenta en solitario varios programas. Paralelamente volveu á Televisión de Galicia, conducindo primeiro o magazine Actual no verán de 2002 e actuando na comedia Fíos en 2002-2003. En 2005 ficha por Televisión Española e durante uns meses conduce o espazo España es, centrado nas novas tecnoloxías. En 2006 regresou á TVG, co magazine vespertino O Programón.

 
Mon Santiso no plató do programa A Revista Fin de Semana

En numerosas ocasións puxo voz ao microespazo televisivo Cada día un libro, e eventualmente presenta o programa A Revista Fin de Semana da TVG.