Xosé Luís Bernal

humorista e actor galego

Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco, nado en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1942[1], é un humorista e actor galego.

Xosé Luís Bernal López
Xosé Lois Bernal “Farruco” María Casares 2014.JPG
Xosé Lois Bernal na gala de entrega dos premios María Casares do 2014.
Nome completoXosé Luís Bernal López
Alcume/outrosFarruco
Nacemento15 de abril de 1942
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor, presentador
Na rede
IMDB: nm0076034 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De novo traballou na ferraxaría dos seus pais en Santiago con escapadas a feiras e festas para facer actuacións. Durante o servizo militar fixéronlle un consello de guerra por indisciplina. Librou por intervención eclesiástica. Dedicouse a facer actuacións e monólogos humorísticos en galego. Algúns deles foron gravados e vendidos en cintas de casete, o que lle deu grande sona.

Colaborou con diversas emisoras de radio como a Cadena SER, COPE, Onda Cero ou a Radio Galega. Como actor participou en filmes como Divinas palabras, Entre bateas, Sei quen es e A vida que che espera e en series como Terra de Miranda. Actualmente (2010) Farruco está a traballar no programa da TVG Vivir aquí, un programa en que a xente denuncia sucesos.

 
Xosé Luís Bernal sinala a portada dunha gravación dos seus chistes no programa Land Rober Tunai Show. Xunto a el están Carlos Blanco Vila (esq.) e Roberto Vilar

En outubro de 2019 o programa Land Róber Tunai Show rendeulle homenaxe.

ObraEditar

Eles e mais eu. Compostelaneando (2020). Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-463-3.

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Filme Resultado
2002 Mellor actor secundario Terra de Miranda Nomeado
2008 Mellor comunicador Vivir aquí Nomeado
2009 Mellor comunicador Vivir aquí Nomeado

NotasEditar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Bernal López, Xosé Luis (Farruco)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 67. ISBN 84-8064-113-4. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar