Fina Calleja

actriz española

Fina Calleja é unha actriz galega de teatro e televisión.

Infotaula de personaFina Calleja
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid, e é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Durante anos combinou a actividade escénica con diversos traballos nos medios de comunicación. É membro da compañía Sarabela Teatro desde 1998. Dirixiu o seu interese cara ao mundo da interpretación e as áreas de voz e dramaturxia. É actriz e docente na aula de Teatro Universitaria de Ourense, e asume, no marco de Sarabela Teatro, as responsabilidades de distribuidora e produtora artística.[1]

Recibiu o premio María Casares ao mellor texto adaptado polas versións teatrais de O lapis do carpinteiro e Segismunda, compartido con Ánxeles Cuña Bóveda e Begoña Muñoz. Interveu como actriz en varias series de televisión e creou e dirixiu Cristóbal e o libro das marabillas, espectáculo infantil de Sarabela Teatro.[1]

Teatro editar

Con Sarabela editar

  • 2000: O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (dramaturxia Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2001: Sexismunda, de P. Calderón de La Barca (dramaturxia de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2007: Cristovo e o libro das marabillas, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2007: Margar no pazo do tempo, de A. Cuña Bóveda
  • 2008: Dáme veleno eu tamén soñar, de A. Cuña Bóveda
  • 2008. Cósima, de Cris Baldwin
  • 2009: A Esmorga, de Blanco Amor (Dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro)
  • 2010: Konrad ,de Chistrine Nöstlinger (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)
  • 2010: O incerto Señor Don Hamlet, de Cunqueiro
  • 2011: Tango, de Slawomir Mrózek
  • 2011: O asombro da auga, de Fina Calleja
  • 2012: A voar, de Fina Calleja
  • 2012: A viaxe a ningunha parte ,de F. Fernán Gómez (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)
  • 2013: A idade da pavía, de Arístides Vargas
  • 2014: Pequenas certezas, de Bárbara Colio
  • 2014: O último dragón, dramaturxia e dirección de Fina Calleja
  • 2015: Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)
  • 2016: O secuestro da bibliotecaria, de Margaret Mahy. Dirección e dramaturxia de Fina Calleja.
  • 2018: Proxecto Noee, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2022: Asemblea xeral, de Lauro Olmo. Dramaturxia de Fina Calleja e Fernando Dacosta. Dirección Fina Calleja.
  • 2022: Arraianos, de Méndez Ferrín
  • 2023: Made in Galiza, de Séchu Sende, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.[2]

Ademais editar

  • 2020: Rosalía, de Culturactiva. Dirección de Fina Calleja.[3][4]
  • 2023: Castelao, texto de Paula Carballeira e Cris Collazo. Dirección de Fina Calleja[5]

Televisión editar

Cine editar

  • 2011: Onde está a felicidade?, de Carlos Alberto Riccelli
  • 2014: A esmorga, de Ignacio Vilar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "FINA CALLEJA". Sarabela Teatro. Consultado o 2023-09-21. 
  2. "Sarabela leva Sechu Sende ao teatro". Nós Diario. 2023-09-15. Consultado o 2023-09-16. 
  3. "Fina Calleja lleva al teatro a la niña que fue Rosalía: "Intrépida, imaginativa y creativa"". Faro de Vigo (en castelán). Ourense. 2020-01-22. Consultado o 2023-09-21. 
  4. "Fina Calleja: "Abordamos a figura de Rosalía con atrevemento"". Nós Diario. 2020-02-22. Consultado o 2023-09-21. 
  5. "Fina Calleja: “Castelao tamén foi neno e esta obra conecta á cativada con seu ideario"". La Región. 2023-03-28. Consultado o 2023-09-21.