Begoña Muñoz
Begoña Muñoz Saa, nada en Barakaldo en 1961 e finada en Ourense o 17 de abril de 2010, foi unha profesora e autora teatral galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 ![]() Barakaldo (España) ![]() |
Morte | 17 de abril de 2010 ![]() Ourense (España) ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dramaturga, escritora, mestra, tradutora ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de Lingua Galega e Literatura e de Iniciación á Arte Dramática no IES Otero Pedrayo de Ourense.
Foi coautora, con Xosé Carlos Couceiro, Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta, das obras Afección, Tics e Os soños de Caín representadas pola compañía Sarabela Teatro. Foi co-adaptadora de Xacobe ou a submisión, de Eugène Ionesco; Madame de Sade, de Yukio Mishima; As sillas, de Ionesco; Cama dous por dous para dous (Talem), de Sergi Belbel; A esmorga, a partir da novela homónima de Eduardo Blanco Amor; O lapis de carpinteiro, segundo a novela de Manuel Rivas; e Sexismunda, adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca, tamén representadas por Sarabela Teatro.
Finou en Orense o 17 de abril de 2010.[1]
Galardóns
editar- Premio Compostela de Teatro pola adaptación de Madame de Sade de Mishima (1990).
- Premio Compostela de Teatro pola adaptación de As sillas de Ionesco (1992).
- Premio ao mellor texto por Tics no Festival Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud (FETEN) de Xixón (1997).
- Premio María Casares á mellor adaptación por O lapis do carpinteiro (2001).
- Premio María Casares á mellor adaptación por Sexismunda (2002).
- Premio María Casares á mellor adaptación por A esmorga (2010).
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 19-4-2010, p. 12