Yukio Mishima

Escritor xaponés

Yukio Mishima (三島由紀夫 Mishima Yukio?), pseudónimo de Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), nado en Toquio o 14 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de novembro de 1970, foi un novelista e dramaturgo xaponés. Escribiu máis de 40 novelas, poemas, ensaios e pezas modernas de teatro kabuki e noh.[1]

Modelo:BiografíaYukio Mishima

(1955) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 三島 由紀夫
(ja) 平岡 公威 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 平岡 公威 Editar o valor en Wikidata
14 de xaneiro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Toquio (Xapón) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Toquio (Xapón) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, acoitelamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Tama 35°41′07″N 139°30′35″L / 35.6853, 139.5097 Editar o valor en Wikidata
RelixiónXintoísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito e Política da Universidade de Toquio Editar o valor en Wikidata
Altura163 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, teatro, Actuación, modelaxe, acción política e poesía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Xapón Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, director de cinema, actor de cinema, actor de teatro, director teatral, activista político, modelo, funcionario, crítico, ensaísta, novelista, prosista, tradutor, dramaturgo, poeta, guionista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata - 25 de novembro de 1970 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMinisterio do Tesouro
Bungakuza Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDrama, ensaio, manifesto, clase maxistral e curtametraxe Editar o valor en Wikidata
MovementoNacionalismo xaponés, escola romántica xaponesa, segunda xeración de escritores de posguerra, esteticismo e Posmodernismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioYukio Mishima
榊山保
三島由紀夫 Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoKing Records Editar o valor en Wikidata
DeporteCulturismo
Kendo
Karate Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeYōko Hiraoka (1958–1970), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosNoriko Hiraoka, Iichirō Hiraoka Editar o valor en Wikidata
PaisAzusa Hiraoka Editar o valor en Wikidata  e Shizue Hiraoka Editar o valor en Wikidata
IrmánsChiyuki Hiraoka
Mitsuko Hiraoka Editar o valor en Wikidata
ParentesKoji Tomita, xenro
Hashi Kenkō, tío
Natsu Hiraoka, avoa paterna
Sadatarō Hiraoka, avó paterno
Kenzō Hashi, avó materno
Hiraoka Takichi, paternal great-grandfather
Nagai Iwanojō, bisavó
Hashi Kendō, bisavó
Nagai Naoyuki, tataravó paterno
Matsudaira Yoritaka, tataravó
Matsudaira Noritada, great-great-great-grandparent
Matsudaira Yorisuke, great-great-great-grandparent
Hiraoka Manjirō, tio-avô
Atsushi Ōya, tio-avô Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
25 de novembro de 1970Mishima incident (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGreat Encyclopedia of Cyril and Methodius (en) Traducir
UbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0592758 Allocine: 43546 Rottentomatoes: celebrity/yukio-mishima Allmovie: p49588 TCM: 1211618 Metacritic: person/yukio-mishima TV.com: people/yukio-mishima
BNE: XX941244 Dialnet: 2922552 Last fm: yukio+mishima Musicbrainz: c4dbf00b-4a0c-40f1-ba48-639c9dd570d1 Discogs: 1563852 WikiTree: 平岡-1 Find a Grave: 6133770 Editar o valor en Wikidata

En 1988 creouse o premio Mishima para honrar a súa vida e obra.

Traxectoria

editar

Orixes

editar

Yukio Mishima era o nome artístico utilizado por Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), que naceu na capital do Imperio do Xapón en 1925, onde tivo unha infancia problemática marcada por sucesos que máis tarde influíron fortemente a súa literatura. De neno foi separado dos seus pais e pasou a vivir coa súa avoa paterna, unha aristócrata ligada á era Tokugawa.[2] A avoa deixaba o neno afastarse da súa vista, de xeito que Kimitake tivo unha infancia illada.

Aos doce anos Kimitake volveu vivir cos seus pais e comezou a escribir as súas primeiras historias. Matriculouse nun colexio de elite en Tokio e seis anos despois publicou nunha revista literaria un conto que posteriormente foi editado en libro. O seu pai, un funcionario do goberno, estaba totalmente en contra das súas pretensións literarias. Nesa época adoptou o pseudónimo Yukio Mishima, en parte para ocultar os seus traballos literarios do coñecemento paterno. Foi recrutado polas forzas xaponesas durante a segunda guerra mundial, mais quedou fóra das liñas da fronte por motivos físicos e de saúde.[3] Este feito converteuse nun factor de gran remorso para Mishima que testemuñou a morte dos seus compatriotas e perdeu a oportunidade de ter unha morte heroica. Forzado polo seu pai, matriculouse na universidade de Toquio onde se formou en dereito. Trala graduación conseguiu un emprego no Ministerio de Finanzas.[4] No entanto, desgustouse tanto que acabou por convencer o seu pai a aceptar a súa carreira literaria. O seu pai, rudo e disciplinante dixo que xa que era escritor era mellor que se converterse no mellor escritor que o Xapón vise.

Inicio da carreira literaria

editar

Mishima tiña 24 anos cando publicou Confesións dunha máscara (面の告白 Kamen no Kokuhaku?),[4] unha historia sobre un mozo homosexual que precisa esconderse detrás dunha máscara para evitar a sociedade. A novela alcanzou un tremendo éxito literario, o que levou a Mishima á celebridade e continuou con outras publicacións e traducións, converténdoo nun autor internacionalmente coñecido. Yukio Mishima foi candidato en tres ocasións ao premio Nobel de literatura;[5] o último deles (1968) foi concedido ao seu amigo, Yasunari Kawabata[6], que o introducira nos círculos literarios de Tokio na década de 1940.

Despois da publicación de Kamen no Kokuhaku, Mishima adquiriu unha posición máis realista e activa, intentando deixar atrás o mozo fráxil e obsesivo. Comezou a practicar artes marciais e alistouse no Exército de Autodefensa xaponés, onde, un ano despois, formou o Tatenokai (Sociedade da Armadura), unha entidade de extrema dereita composta de mozos estudantes de artes marciais que estudaban o bushido baixo a disciplina e tutela de Mishima. Casou en 1958 con Yoko Sugiyama, tendo con ela un fillo e unha filla. Nos últimos dez anos da súa vida, traballou como actor en filmes e codirixiu unha adaptación dunha das súas historias.

 
Monumento "O son das ondas" de homenaxe á obra de Yukio Mishima

Tentativa de golpe de estado e seppuku

editar

O 25 de novembro de 1970, Yukio Mishima, acompañado de 4 membros do Tatenokai, renderon o comandante do cuartel xeral das Forzas de Autodefensa xaponesas en Tokio. Realizou un discurso patriótico na tentativa de persuadir os soldados do cuartel a restituíren ao Emperador os seus poderes.[7] Notando a indiferenza dos soldados, Yukio Mishima cometeu seppuku, sendo asistido por Hiroyasu Koga, unha vez que Masakatsu Morita fallou no momento final.[8] A mañá antes da súa morte esciribiu:

A vida humana é finita mais a min me gustaría vivir para sempre

Crese que Mishima tiña o seu suicidio preparado durante un ano. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou.[9]

Mishima reservaba para si unha individualísima marca de nacionalismo ao final da súa vida. Foi odiado pola extrema dereita, en particular polo seu compromiso declarado co bushido, o código de honra e conduta do samurai, e por nacionalistas tradicionais por causa da súa afirmación, no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debería ter abdicado e asumido a responsabilidade pola perda de vidas na guerra.

Cando morreu, Mishima tiña acabado de escribir O Mar da Fertilidade (豊穣の海 Hōjō no Umi?).

Obras principais

editar
Título en xaponés Título traducido Ano
假面の告白
Kamen no Kokuhaku
Confesións dunha máscara 1948
愛の渇き
Ai no Kawaki
Sede de amor 1950
禁色
Kinjiki
Cores prohibidas 1953
潮騷
Shiosai
O tumulto das ondas 1954
金閣寺
Kinkaku-ji
O pavillón dourado 1956
鏡子の家
Kyōko no Ie
A casa de Kyoko 1959
宴のあと
Utage no Ato
Despois do banquete 1960
午後の曳航
Gogo no Eikō
O mariñeiro que perdeu as grazas do mar 1963
絹と明察
Kinu to Meisatsu
Seda e visón 1964
三熊野詣
Mikumano Mōde
(conto)
Actos de adoración 1965
サド侯爵夫人
Sado Kōshaku Fujin
(obra de teatro)
Madame de Sade 1965
憂國
Yūkoku
(conto)
O patriotismo[10] 1966
眞夏の死
Manatsu no Shi
Morte no verán 1966
葉隠入門
Hagakure Nyūmon
O camiño do samurai 1967
わが友ヒットラー
Waga Tomo Hittorā
(obra de teatro)
O meu amigo Hitler 1968
太陽と鐡
Taiyō to Tetsu
Sol e azo 1970

豐饒の海
Hōjō no Umi O mar da fertilidade tetraloxía: (1969-1970)

editar
Título en xaponés Título traducido Ano
  I. 春の雪
Haru no Yuki
   1. Neve de primavera 1969
  II. 奔馬
Honba
   2. Cabalos en fuga 1969
  III. 曉の寺
Akatsuki no Tera
   3. O templo da aurora 1970
  IV. 天人五衰
Tennin Gosui
   4. A caída do anxo 1970
  1. Biografia pela The Internet Movie Database
  2. Naoki Inose & Hiroaki Sato, Persona: A Biography of Yukio Mishima (Naoki Inose, Hiroaki Sato) (Stone Bridge Pr 2012)
  3. Mishima, Yukio (1957). わが思春期 [My Puberty] (en Japanese). Myōjō, Shueisha. 
  4. 4,0 4,1 Artigo no jornal ingles “The Guardian”
  5. "Nomination Database: Yukio Mishima". Nobel prize. Consultado o 12-5-2016. 
  6. Nobel Prize Organization
  7. Mishima, Yukio; O Hagakure; A Ética dos Samurais; (1987); p 9; Editora Rocco ltda.
  8. Biografía de Yukio Mishima
  9. Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.
  10. Dende Xapón ao Carballiño coa maleta chea de libros e de lembranzas

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar