Fernando Dacosta

actor, director, dramaturgo e profesor galego

Fernando Dacosta Pérez, coñecido como Fernando Dacosta, nado en Ourense o 23 de outubro de 1969, é un actor, director, dramaturgo e profesor galego.[1]

Infotaula de personaFernando Dacosta
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia
Universidade da Estremadura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director teatral , dramaturgo , docente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Membro de Sarabela Teatro desde 1986.[2]

Traxectoria

editar

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC, doutor en Linguas Modernas e Literatura comparada pola UEX e investigación de doutoramento en Literatura e Teoría da Literatura pola UNED. Profesor asociado no Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo no Campus de Ourense desde 2019.

Director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense desde 1994, da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense MITEU[3] desde 1996 e da Mostra de Teatro Infantil de Ourense MOTI desde 2004.[4]

Autor de múltiples artigos e palestras sobre teatro galego.[5][6]

Recibíu formación de Albert Boadella, Sergi Belbel, Vicente Fuentes, Ángel facio, Ernesto Caballero, Martín Adjemián ou Isabel Úbeda.[7]

Teatro

editar

Con Sarabela

editar
  • 1986: O triciclo, de Fernando Arrabal. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1987: O sangue do tempo, de A. García Pintado. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1989: Xacobe ou a sumisión, de E. Ionesco. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1990: Supertot, de Benet i Jornet. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1990: Madame de Sade, de U. Mishima. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1992: As sillas, de E. Ionesco. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1993: Xacobe e o seu amo, de M. Kundera. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1994: Cama (2 x 2 para 2), de S. Belbel. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1995: Os trasnos da noite, de Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1996: A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1997: Afección, de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1998: Tics, de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 1999: Os soños de Caín, de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2000: O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (dramaturxia Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2001: A illa amarela, de Paloma Pedrero. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2001: Romance de Micomicón e Adhelala, de E. Blanco Amor. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2001: Sexismunda, de P. Calderón de La Barca (dramaturxia de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2002: A conxura dos necios, de John Kennedy Toole (dramaturxia de Ánxeles Cuña). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2003: Así que pasen 5 anos, de Federico García Lorca. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2004: A gata con botas, de Ánxeles Cuña, baseada na obra de Perrault. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2004: Rolda de caricias, de Sergi Belbel. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2005: O Heroe, de Manuel Rivas. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2006: Macbeth, de William Shakespeare. Dirección de Helena Pimenta.
  • 2007: Cristovo e o libro das marabillas, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2007: Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2008: Cósima, de Chris Baldwin. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2008: Dáme veleno, eu tamén soñar, de Ánxeles Cuña. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2009: A esmorga, de E. Blanco Amor (dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2010: O Incerto Señor Don Hamlet, de A. Cunqueiro. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2010: Konrad, de Christine Nöstlinger. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2011: O asombro da auga, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2011: Tango, de S. Mrozek. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2012: A voar, de David Almond. Dramaturxia de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2012: A viaxe a ningunha parte, de Fernando Fernán Gómez (dramaturxia de Ánxeles Cuña). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2013: A idade da pavía, de Arístides Vargas. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2013: Os cantares das musas, dramaturxia de Ánxeles Cuña a partir de textos de Rosalía de Castro. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2014: O último dragón. Dramaturxia de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2014: Pequenas certezas, de Bárbara Colio. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2015: Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago (dramaturxia de Ánxeles Cuña). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2016: O secuestro da bibliotecaria, de Margaret Mahy. Dirección e dramaturxia de Fina Calleja.
  • 2016: Normas para saber vivir na sociedade actual, de Jean-Luc Lagarce (dramaturxia de Ánxeles cuña). Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2017: O rei morre, de E. Ionesco (dramaturxia de Ana Valles). Dirección de Ana Vallés.
  • 2018: Proxecto Noee, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja.
  • 2018: Celebración, A Gran Noite, de Fernando Dacosta. Dirección de Dani Salgado
  • 2019: Crónicas do paraíso. Creación e dirección de Gonçalo Guerreiro con textos de Fernando Dacosta a partir de A. Cunqueiro, Mrozek e María Torres
  • 2020: A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas. Dramaturxia e dirección de Gonçalo Guerreiro con textos de Fernando Dacosta a partir de M. Rivas.
  • 2021: Semente de Nós. Dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña.
  • 2021: Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño. Dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña.
  • 2022: Arraianos, de X.L. Méndez Ferrín. Dramaturxia de Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña.
  • 2022: Asemblea xeral, de Lauro Olmo. Dramaturxia de Fina Calleja e Fernando Dacosta. Dirección Fina Calleja.
  • 2023: Made in Galiza, de Séchu Sende, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.[8]

Con Miguel e Iván Caride Produción

editar
  • 2016: O rebelde, de Miguel e Iván Caride. Textos de Padraig Pearse. (Dirección teatral Elena Seijo).

Co Centro Dramático Galego

editar

Audiovisual: cinema, televisión

editar
  • 1989: Os outros feirantes (1 cap.). Dirección Xosé Cermeño. Galaxia. TVG.
  • 1993: A metade da vida. Dirección Raul Veiga. Fenda Films. Cinema
  • 1994: Compuesta y sin novio (1 cap.) Dirección Pedro Masó. Pedro Masó. A3.
  • 1995-98: Pratos Combinados (49 cap.) Dirección Carlos Serrano. Ed. Compostela. TVG.
  • 1997: A Familia Pita (1 cap.) Dirección Mateo Meléndrez. Continental. TVG.
  • 1997: Con perdón (3 prog.) Dirección Manolo Bello. Vídeo Voz. TVG.
  • 1999-2000: Xabarín Natural: (2 prog.) Dirección Suso Iglesias. TVG.
  • 2002: Spot publicitario para a TVG:  Somos actores. TVG.
  • 2002: Pequeno Hotel (1 cap.) Dirección Giselle Janio. CTV. TVG.
  • 2004: Rías Baixas (1 cap.) Dirección Xerardo Rodríguez. Zenit. TVG.
  • 2005: Spot publicitario para TVG:  Campaña a prol do audiovisual e o teatro galego. TVG.
  • 2005: As leis de Celavella (1 cap.) Dirección Jorge Coira e Carlos Sedes. Vídeo Voz. TVG.
  • 2006: Quart (1 cap.) Dirección Joaquín Llamas. Endemol (Zeppelin TV). A3.
  • 2006: Cuéntame como pasó (1 cap.) Dirección Agustín Crespí. Ganga Producciones. TVE.
  • 2007: Hospital Central (1 cap.) Dirección J.L. García Berlanga. Videomedia. Tele5.
  • 2007- Pradolongo. Dirección Ignacio Vilar. Vía Láctea Filmes. Cinema.
  • 2013: P.I.B. (3 cap.) Dirección Mighele de Currás. Os Ghairas. Serie web
  • 2013: Chapa e pintura (13 cap.) Dirección Jorge Saavedra Mancebo. Voz Audiovisual. TVG.
  • 2014: Serramoura (3 cap.) Dirección Miguel Conde e Manuel Espiñeira. Voz Audiovisual. TVG.
  • 2014: E agora que? criaturiñas en apuros (1 prog.) Dirección Jorge Saavedra Mancebo. Areca films. TVG.
  • 2016: Vidago Palace (3 cap.) Dirección Henrique Oliveira e Jorge Coira. Portocabo / Hop!. TVG e TP.
  • 2016: El Final del Camino (4 cap.) Dirección Miguel Conde, Óscar Pedraza e Miguel Alcantud. Voz Audiovisual. TVE.
  • 2016: Os fillos do sol. Dirección Kiko Ruíz. Portocabo / Diagonal TV. TV movie. TVG e TV3.
  • 2016: O rebelde. Dirección Óscar Doviso. Zinemusik / Miguel Caride. Curtametraxe
  • 2018: Audiovisual para MEGA (Museo de Estrella Galicia). Imandra Project
  • 2019: A estiba (11 cap.) Dirección Miguel Conde. Voz Audiovisual. TVG.
  • 2020: El desorden que dejas (1 cap.) Dirección Roger Guai. Netflix
  • 2021: Mitra. Dirección Anita Pico. Fas Muvi. Festival de Cine de Ourense OUFF.
  • 2021: Auga seca (2 cap.) Dirección Toño López. Portocabo / SP Televisão. TVG. HBO Max
  • 2021: Audiovisual para o museo de Pescanova. Imanda Projec.

Dirección

editar

Aula de Teatro Universitaria de Ourense “Maricastaña”

editar
  • 1995: Ubú Rei, de A. Jarry.
  • 1996: Terror e miseria da nación poderosa, de B. Brecht.
  • 1997: Hamlet, de W. Shakespeare.
  • 1998: No tempo do crepúsculo, versión de "Crimes exemplares" de Max Aub.
  • 1999: O país das últimas cousas, versión da novela de P. Auster.
  • 2000: Conto de inverno, de William Shakespeare.
  • 2001: Vodas de sangue, de F. García Lorca.
  • 2002: Fahrenheit 451, versión da novela de Ray Bradbury.
  • 2003: O despertar, de Fernando Dacosta. Baseada en “Despertar de Primavera”.
  • 2003: Perfusión, de Fernando Dacosta.
  • 2004: Totem, versión de “Señor das moscas” de W. Golding.
  • 2005: Frankenstein, versión da novela de Mary W. Shelley.
  • 2006: Rampante, dramaturxia de "O Barón rampante" de Italo Calvino.
  • 2007: Unicornio, de Fernando Dacosta
  • 2008: 84, dramaturxia de "1984" de George Orwell.
  • 2008: A Equipaxe, a partir de "El equipaje del rey José" de Galdós.
  • 2009: Hide, dramaturxia de Dr. Jekyll e Mr. Hyde, de R. L. Stevenson
  • 2010: Odisea Espacial, dramaturxia das novelas "2001, Unha Odisea espacial" e "2010, Odisea 2" de A. C. Clarke.
  • 2011: Leve, a nada entre as mans, dramaturxia de SEDA de Alessandro Baricco.
  • 2011: Schengen, de Fernando Dacosta. Acción teatral.
  • 2012: Un novo mundo feliz, dramaturxia da novela de A. Huxley.
  • 2013: Suicidio colectivo con encanto, a partir da novela de A. Paasilinna.
  • 2013: Non teño nada, mais teño a miña vida. Acción teatral de intercambio co FATAL (Festival da Académica de Lisboa).
  • 2014: Café Liberdade, de Fernando Dacosta.
  • 2015: III, dramaturxia a partir de Ricardo III de William Shakespeare.
  • 2015: Arca, de Fernando Dacosta. Acción teatral para as festas de Ourense.
  • 2016: Demediado, dramaturxia a partir de O Vizconde demediado de Italo Calvino.
  • 2017: A última cornixa do mundo, dramaturxia a partir de "Océano mar" de Alessandro Baricco.
  • 2018: As ondas das pedras no río, dramaturxia a partir "O deus das pequenas cousas" de Arundathi Roy.
  • 2019: Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, dramaturxia a partir da saga Malaussène de Daniel Pennac.
  • 2020: Imperator, dramaturxia a partir de "A resistible ascensión de Artur Ui".
  • 2021: Aínda que siga brillando a lúa, dramaturxia a partir de "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury.
  • 2022: O parke do crepúskulo, dramaturxia a partir de "Sunset Park" de Paul Auster.

Trécola Teatro

editar
  • 2006: Encerradas, versión de A casa de Bernarda Alba, de García Lorca.
  • 2010:  A verdadeira historia do corazón reloxo, dramaturxia de María Díaz a partir da novela de M. Malzieu "A mecánica do corazón".

Grupo De Teatro Eis da Facultade de Filoloxía da USC

editar
  • 1989: Exercicios de estilo, de R. Queneau.
  • 1990: A mente de un mundo, de Fernando Dacosta.
  • 1991: A resistible Trascensión de Artur Ui, de B. Brecht.
  • 1992: O réxime informa, de Fernando Dacosta.
  • 1993: Caricias, de S. Belbel.
  • 1994: O exemplo da Señora Pot, versión de Mockinpot de P. Weiss.
  • 1995: A cociña, de A. Wesker.

Colexio Maior Fonseca De Compostela

editar
  • 1991: Viva el duque nuestro dueño, de Alonso de Santos.
  • 1992: El Relevo, de G. Celaya.

Aula de teatro da 3ª idade “Aturuxo”.

editar
  • 1994: A zapateira prodixiosa, de García Lorca.
  • 1995: A Costa de Baialdo, de Martín de Abeleda

Talía Teatro

editar
  • 1997: Retén, de Ernesto Caballero.

Sarabela

editar
  • 1999: Tres pontes, tres tempos, de Begoña Muñoz.
  • 2000: A ponte dos tempos e Travesía fantástica, de Begoña Muñoz. Codirección xunto a Suso Díaz.

Teatro Novo (Ars Actus)

editar
  • 2007: O viaxeiro, dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "O pequeno Príncipe" de Saint-Exüpery. Codirección xunto a Suso Díaz

Premios

editar
  • 1991: Compostela ao mellor actor de Galicia polo papel de Madame de Saint- Fond en Madame de Sade.
  • 1995: Compostela ao mellor actor secundario de Galicia polo papel de O Home en Cama.
  • 1998: Premio ao mellor actor do FETEN de Xixón polo papel de Luis Brandán en Tics.
  • 1998: Premio Feten (Xixón) ao mellor texto orixinal (xunto a Ánxeles Cuña, Begoña Muñoz e Carlos Couceiro) por Tics.
  • 1999: María Casares ao mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Luís Brandán en Tics.
  • 2000: María Casares ao mellor actor secundario de Galicia polos papeis en Se o vello Sinbad volvese ás illas.
  • 2001: María Casares ao mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Herbal en O lapis do carpinteiro.
  • 2003: Finalista María Casares ao mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Ignatius Rei en A conxura dos necios.
  • 2004: Finalista María Casares ao mellor actor protagonista de Galicia polo papel de O Mozo en Así que pasen 5 anos.
  • 2006: Finalista María Casares ao mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Caronte en O heroe.
  • 2021: María Casares á mellor adaptación (xunto a Gonçalo Guerreiro) por A lingua das bolboretas.
  • 2022: María Casares ao mellor actor secundario de Galicia polos papeis en Morgana en Esmelle.
  1. "Fernando Dacosta Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2023-05-05. 
  2. "Fernando Dacosta". aaag.gal. Consultado o 2023-05-05. 
  3. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2023-05-05. 
  4. "Fernando Dacosta, actor e director: «Agardemos a que haxa un cambio de escenario para recuperar a MOTI»". La Voz de Galicia. 2022-10-09. Consultado o 2023-05-05. 
  5. "Dacosta Pérez, Fernando". Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (en castelán). Consultado o 2023-05-05. 
  6. "Fernando Dacosta". ignatiusrei.blogspot.com. Consultado o 2023-05-05. 
  7. "FERNANDO DACOSTA". Sarabela Teatro. Consultado o 2023-05-05. 
  8. Diario, Nós (2023-09-15). "Sarabela leva Sechu Sende ao teatro". Nós Diario. Consultado o 2023-09-16.