Néboa (serie de televisión)

serie de televisión

Néboa é unha serie de televisión producida pola RTVE e Voz Audiovisual estreada en xaneiro de 2020 na primeira cadea de TVE[1][2].

Néboa
XéneroSuspense
Escrito porAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra
Dirixido porGonzalo López-Gallego, Jorge Saavedra e Manu Gómez
Intérpretesvéxase a sección de seu
Lingua(s)castelán
Temporadas1
Episodios8 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Fernanda Tabarés, Mar Díaz
Produtor(es)RTVE, Voz Audiovisual
Emisión orixinal
Primeiro episodio15 de xaneiro de 2020
Derradeiro episodio4 de marzo de 2020
Na rede
https://www.rtve.es/alacarta/videos/neboa/
IMDB: tt10370978 Filmaffinity: 926212
Facebook: NeboaFan Instagram: neboatve Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Durante a primeira noite de Entroido da illa de Néboa[3] aparece o corpo dunha rapaza adolescente no Burato do Demo,[4] un lugar rodeado de lendas urbanas: xa apareceron na mesma cova os cadáveres asasinados do mesmo xeito en 1919 e 1989. Nos dous casos estes crimes foron o inicio dunha serie de asasinatos durante os oito días das festas do Entroido. Eses asasinatos nunca se resolveron. A crenza popular di que o asasino é o "Urco", un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar os vivos e que, ao mesmo tempo, é unha das figuras representativas do Entroido de Néboa. Agora, Mónica e Carmela, dúas investigadoras da Garda Civil, teñen que atopar o verdadeiro asasino antes de que se esgote o tempo.[5]

Néboa é unha illa (ficticia) de 62 quilómetros cadrados situada a 11 quilómetros da costa da Coruña. Os seus 6.673 veciños viven principalmente do mar e o turismo, e a celebración do Entroido é o seu principal atractivo. Á illa só se pode chegar nun barco que fai a travesía dúas veces por día.[6]

É un suspense policial, de crimes, de asasino en serie.[7]

No seu paso por TVE non acadou moito éxito de audiencia, non logrou conectar cos espectadores desde o primeiro capítulo.[8]

Elenco editar

Principais[9] editar

  • Emma Suárez - Mónica. Tenente da UCO especializada en homicidios.
  • Isabel Naveira - Carmela. Sarxento do cuartel de Néboa. Seu pai era tenente cando os crimes do 89.
  • Nancho Novo - Teniente Ferro. Especialista no traballo policial de proximidade.
  • Antonio Durán “Morris” - Antón. Patrón dun dos barcos dos Ulloa.
  • Alba Galocha - Vega. Filla de Mónica.
  • Denisse Peña - Ana. Filla máis vella de Antón e Rosa.
  • María Vázquez - Rosa. Defende os seus intereses e os dos compañeiros da conserveira.
  • Xabier Deive - Gonzalo. O cura. Home calmado, reservado e curioso.
  • Denís Gómez - Roque. Marido de Carmela e mellor amigo de Antón.
  • Santi Prego - Alejandro. O cacique do pobo, cabeza de familia dos Ulloa.
  • Eva Fernández - Mara. Vela pola familia dos Ulloa.
  • Carmela Martins - Comba.
  • Nacho Nugo - Gael
  • Jorge Varandela - Roi
  • Santi Cuquejo - Turco

Secundarios editar

Episódico editar

  • Toni Salgado– Miguel Ferreiro "Pinche"
  • Iolanda Muíños – Isabel Grandío
  • Fina Calleja– Benita Pillado
  • Rebeca Montero– Nati Mosqueira
  • Uxío Losada – José Manuel "Cholo" Suoto
  • Jaime Vilasoa – Médico forense
  • David Pereiro – Garda civil
  • Patricia Basoa – Garda civil
  • Fé Besteiro – Nai de Comba
  • Fran Muíño – Pai de Turco
  • Tacho GonzálezBieito Blanco
  • Sofía Rivas – Emma Montes
  • Alejandro Carro – Axente da funeraria
  • Xosé Eirín – Gabino Mosteiro
  • Miguel Rodríguez – Alejandro Ulloa (mozo)
  • Sabela Ríos – Rosa Seoane (moza)
  • Alfredo Andreu – Gonzalo Torreiro (mozo)
  • Rebeca Mirás – Dona Amparo (moza)
  • Teresa Sánchez – Isabel Grandío (moza)
  • Maruxa Vázquez – Carmucha
  • Luis Novo – Veciño
  • Cristina Fuentes – Laura Domínguez
  • Lois Soaxe – Silverio Rodríguez
  • Saamira Ganay – Tareixa Carnota
  • Iván Feal – Camareiro
  • Víctor Maceiras – Requeixo
  • Fernando Morán– Manuel Figueroa
  • Rebeca Zajac – Mara Cabezas (moza)
  • Sarai Ríos – María Neira
  • Toni Baldomir – Garda civil
  • Tito Asorey – Tenente Táboas
  • Machi Salgado – Matías
  • Fernando Rivas – Garda marítimo
  • Ana Santos–
  • Nieves Rodríguez –
  • Ana Oca –

Produción editar

A serie anunciouse oficialmente a finais de marzo de 2019 . En maio dese mesmo ano, a rodaxe da serie comezou a confirmar boa parte do elenco final, incluída a protagonista principal, Emma Suárez.[10]  Ademais, anunciouse a trama principal da serie. En agosto de 2019 rematou oficialmente a rodaxe. O mesmo mes comezou a anunciarse en TVE.[11]

Ambientada en Galicia, o suspense gravouse no Cabo Ortegal, Estaca de Bares, O Barqueiro, Ortigueira e Cariño.[12]

Para a produtora executiva de Voz Audiovisual, Fernanda Tabarés, “Néboa’ é un estado de ánimo: o equipo é maioritariamente galego. Rodamos na zona de Cabo Ortegal menos coñecida e retratamos unha Galicia non tópica”.[13]

Primeira tempada editar

N.º
(serie)
Título Director Guionista(s) Data de emisión Audiencia
1 "Mércores de fariñada" Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra15 de xaneiro de 20201 573 000 (10,3%)[14]
2 "Xoves de folións" Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra22 de xaneiro de 20201 233 000 (8,2%)[15]
3 "Venres de máscaras" Jorge SaavedraAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra29 de xaneiro de 20201 318 000 (8,7%)[16]
4 "Sábado de meigas" Jorge SaavedraAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra5 de febreiro de 20201 044 000 (7,0%)[17]
5 "Domingo de bica" Manu GómezAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra12 de febreiro de 20201 133 000 (7,5%)[18]
6 "Luns borralleiro" Manu GómezAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra19 de febreiro de 20201 201 000 (8,1%)[19]
7 "Martes de Entroido" Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra26 de febreiro de 20201 237 000 (8,5%)[20]
8 "Mércores de fariñada" Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra4 de marzo de 20201 216 000 (8,5%)[21]

Notas editar

  1. "«Néboa» engancha al público en su preestreno". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-14. Consultado o 2020-01-14. 
  2. Fernández, Miguel Anxo (2020-01-15). "«Néboa»: Óptima lección de suspense galaico". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-01-16. 
  3. vertele.eldiario.es (2020-01-10). "'Néboa', la nueva serie estelar de TVE, se estrena el miércoles 15 en La 1". vertele (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  4. Onieva, Álvaro (2020-01-12). "La serie ‘Néboa’ llega a TVE el 15 de enero". Medium (en inglés). Consultado o 2020-01-13. 
  5. RTVE, PRENSA (2019-05-22). "Néboa. Emma Suárez protagoniza 'Néboa', el nuevo thriller de RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  6. RTVE, PRENSA (2020-01-13). "La 1 estrena 'Néboa', su nuevo thriller ambientado en Galicia". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  7. "Néboa (Serie de TV) (2019)" (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  8. Pérez, Laura (2020-03-04). "Adiós a 'Neboa', la última apuesta de ficción de TVE que pasa inadvertida". vertele (en castelán). Consultado o 2020-03-07. 
  9. RTVE, PRENSA (2019-08-28). "'Néboa', de RTVE, ultima su rodaje en espectaculares localizaciones naturales de la costa gallega". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  10. "TVE comienza el rodaje de 'Néboa' con Emma Suárez de 'prota'". El Televisero (en castelán). 2019-05-22. Consultado o 2020-01-13. 
  11. "'Néboa', la nueva serie de RTVE ambientada en la costa gallega, concluye su rodaje | Cine y Tele" (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  12. SensaCine. "Néboa". Consultado o 2020-01-13. 
  13. Herruzo Martínez, Ignacio (2020-01-14). "'Néboa': el crimen llega a Galicia con la serie de Emma Suárez". Diez Minutos (en castelán). Consultado o 2020-01-30. 
  14. 'El pueblo' se estrena como líder (19,4%) mientras 'Néboa' firma un 10,3% en su debut
  15. '¿Quién quiere ser millonario?' se estrena con un gran 17,4% y supera a 'El pueblo', que baja a un buen 15,7%
  16. '¿Quién quiere ser millonario?' se alza a un gran 17,8% en un duelo en el que 'El pueblo' (16,7%) también sube
  17. '¿Quién quiere ser millonario?' cede, pero lidera con un gran 17% frente a la bajada de 'El pueblo' (15,4%)
  18. 'El pueblo' (16,2%) lidera en espectadores y adelanta a '¿Quién quiere ser millonario?', que baja al 16,4%
  19. [https://www.formulatv.com/noticias/audiencias-19-febrero-quien-quiere-ser-millonario-gran-el-pueblo-99757/ '¿Quién quiere ser millonario?' marca un buen 15,4% frente a 'El pueblo' (14,5%), que es lo más visto
  20. [https://www.formulatv.com/noticias/audiencias-26-febrero-el-pueblo-arrebata-liderazgo-quiere-ser-millonario-99946/ 'El pueblo' (16%) le arrebata el liderazgo a '¿Quién quiere ser millonario?' (15,3%), que se mantiene
  21. [https://www.formulatv.com/noticias/audiencias-4-marzo-quien-quiere-ser-millonario-crece-el-pueblo-despide-100138/ '¿Quién quiere ser millonario?' (17,2%) crece y lidera frente a 'El Pueblo', que se despide con un gran 16,8%