Alba Galocha

modelo galega

Alba Galocha Vallejo,[1][2] nada o 17 de xaneiro de 1990 en Santiago de Compostela,[3] é unha modelo, actriz e blogger galega.

Infotaula de personaAlba Galocha

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , modelo , actriz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7642538 Instagram: albagalocha Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai é profesor de deseño gráfico na Universidade de Santiago de Compostela e a súa nai traballa como produtora. En 2008 trasladouse a Madrid e comezou a estudar deseño de moda no Istituto Europeo di Design.[1] En 2010 comezou a súa carreira como modelo ao protagonizar o catálogo da marca española Malababa e en 2011 abriu o seu propio blog de moda para Vogue.es chamado Tea Time.

Aínda que é relativamente baixa (mide 1,71 m) en comparación con outras modelos, en 2012 recibiu o premio á "mellor modelo" na semana da moda de Madrid. Unha foto dela co actor Hugo Silva saíu na portada da edición de setembro da revista española Vanidad.[4] Entre 2013 e 2014 foi imaxe para marcas como Loewe e Louis Vuitton.[5] Tamén actuou en varias películas españolas.[6] Foi fotografada para as revistas Self Service e Jalouse.[7]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
2014 Jewel Power for Freedom lovers Protagonista Curtametraxe
2016 El hombre de las mil caras Beatriz García Paesa
No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas Lu
Plan de fuga Helena
2017 Si tu voyais son cœur María
La zona Zoe Montero Serie de televisión
2019 The Spanish Princess Raíña Xoana Serie de televisión
Nuestra calle Curtametraxe
2020 Néboa Vega Serie de televisión

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Alba Galocha". www.vogue.es (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  2. Xabier Sanmartín C. (17 de setembro de 2017). "Una actriz de Santiago en la primera superproducción de ‘Movistar series’". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  3. IMDb.com (ed.). "Alba Galocha - Biography". Consultado o 31 de decembro de 2017. 
  4. Hugo Silva, Alba Galocha featured on the vanidad cover from September 2012
  5. Carmen López Álvarez (14 de setembro de 2016). "¿Por qué deberías conocer a Alba Galocha?". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  6. La top Alba Galocha da el salto al cine de la mano de la hija de Carmena
  7. Paula Menéndez (7 de agosto de 2016). "Alba Galocha: "Los de mi generación nos hemos dado una buena leche"". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar