Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Logotipo de Instagram | |
Tipo | Fotografía e vídeo |
Fundación | 6 de outubro de 2010 (14 anos) |
Fundador | Kevin Systrom Mike Krieger |
Industria | Internet |
Na rede | |
https://www.instagram.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Instagram foi creada por Kevin Systrom e Mike Krieger e foi lanzada en outubro de 2010. A aplicación gañou popularidade de forma doada, con máis de 100 millóns de usuarios activos en abril do 2012 e superou os 300 millóns en decembro de 2014.[1] Instagram foi deseñada orixinalmente para iPhone e á súa vez dispoñíbel para os seus irmáns iPad e iPod co sistema iOS 3.0.2 ou superior. A principios de abril de 2012, publicouse unha versión para Android.
A partir da versión 4.0 a aplicación permite ao usuario a toma de filmes cunha duración máxima de 15 segundos. Esta nova ferramenta inclúe estabilización de imaxe.
Filtros
editarInstagram identifícase polos seus coñecidos filtros os cales veñen de Polaroid que fan alusión a que foron tomadas polas mesmas.
- Slumber
- Crema
- Ludwig
- Aden
- Perpetua
- Amaro
- Mayfair
- Rise
- Valencia
- Hudson
- Willow
- X-Pro II
- Lomo-fi/Lo-fi
- Sierra
- Earlybird
- Sutro
- Toaster
- Brannan
- Inkwell
- Walden
- Hefe
- Nashville
- 1977
- Lord Kelvin/ Kelvin
Notas
editar- ↑ "Con 300 millones de usuarios, Instagram ya supera a Twitter". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instagram |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|