Denís Gómez
Denis Gómez Feal, de nome artístico Denís Gómez, nado na Coruña o 24 de setembro de 1978, é un actor de teatro e televisión galego. É coñecido polos seus papeis como actor secundario en series de televisión galegas e españolas aínda que tamén ten caracterizado personaxes secundarios no cine.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Formación
editarIniciou a súa carreira como actor no grupo de teatro Farsalia entre 1997 e 2001. Entre 2001 e 2003 pasou pola escola Shakespeare Company. De 2003 a 2005 estivo no Estudio Internacional do Actor Juan Carlos Corazza. En 2006 fixo un curso de interpretación e dirección de Jaime Chávarri e no 2007-2008 outro de interpretación ante a cámara de Macarena Pombo e Eva Lesmes. Finalmente, en 2011, realizou un curso intensivo de interpretación con John Strasberg.
Filmografía
editarCine
editarAno | Título | Papel |
---|---|---|
2014 | Mapa de recuerdos de Madrid | Denis |
2014 | Cosquillas | |
2013 | Todo el sol del mundo | Mauro |
2011 | Amor Sacro | |
2010 | Años Después | Justino |
2007 | Dias Azules | Luisito |
2006 | Energy | |
2005 | Riazor Blues | Samuel |
2002 | Los lunes al sol | Cobrador do barco |
Televisión
editarTeatro
editarAno | Título |
---|---|
2015-2016 | Fraude |
2015 | Precisiones para entender aquella tarde |
2014 | Las cosas que faltan |
2012-2013 | Luminosa nostalgia |
2012-2013 | Ruta 6.8 |
2007-2010 | Silenciados |
2006 | El apartamento |
2005 | La importancia de ser honesto |
2001 | O Campo |
Premios e nomeamentos
editarAno | Categoría | Serie | Resultado |
---|---|---|---|
2018 | Mellor actor secundario | O sabor das margaridas | Nomeado |