O Faro (serie de televisión)

Serie de televisión

O Faro é unha serie de televisión producida pola FORTA-Canal Extremadura e emitida na TVG, noutras televisións autonómicas e en cinco países.[1] Foi gravada en Galicia.[2]

O Faro
XéneroDrama
Creado porZaza Ceballos (1ª)
Desenvolvido porFORTA, Canal Extremadura (1ª), TVG(2ª)
Escrito porZaza Ceballos, Deysi Porras, Gilda Santana  Alba Araújo, Rosa Castro, Raúl García, Omar J. Ietum (1ª)
Dirixido porXerardo Rodríguez, Kiko Ruiz, Simón Casal (1ª)
Lingua(s)Galego
Temporadas2
Episodios510 (1ª), 10 (2ª)
Produción
Produtor(es)Atlántida Media (1ª), Derameira TV (2ª)
Duración50 min
DistribuidorFORTA (1ª), RTVG (2ª)
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG, FORTA
Primeiro episodio14 de outubro de 2013 (1ª), 10 de abril de 2023 (2ª)
Derradeiro episodio28 de xuño de 2016 (1ª), 5 de xuño de 2023 (2ª) (1ª)
editar datos en Wikidata ]

A primeira tempada (2013-2016) titulouse Cruce de camiños, a segunda (2023) O reencontro.

O Faro. Cruce de camiños (primeira tempada) editar

O Faro é unha serie española producida pola galega Atlántida Media, emitida na TVG entre 2013 e 2016 e tamén noutras cadeas autonómicas. Naceu como unha produción conxunta das cadeas integradas na FORTA. Canal Sur, TV3, Telemadrid, Canal Nou, Televisión de Galicia, Euskal Telebista, Televisión Canaria, Castilla La Mancha Media (daquela, Castilla La Mancha Televisión), Aragón Televisión, Televisión del Principado de Asturias e IB3 foron as integrantes dos proxecto. 7RM, a televisión de Murcia, foi a única membro da FORTA que non participou. Canal Extremadura tamén participou aínda sen formar parte da agrupación.[3]

Comezaron cun orzamento de 2,7 millóns de euros, 22.000 € para cada un dos 120 capítulos previstos inicialmente.[4]

A primeira tempada rexistrou bos datos de audiencia na TVG (no último capítulo, un 20’5% de share en Galicia[1]) e Aragón TV mais non foi o mesmo no resto das cadeas. Por iso a segunda tempada foi producida só pola TVG. A serie foi premiada pola Academia de Televisión de España co Premio Iris á mellor serie nun canal autonómico.[5]

Foi estreada o 14 de outubro de 2013 na sobremesa da televisión de Galicia, Telemadrid e as cadeas de La Mancha ty, Asturias, e o último episodio, o nº 510, foi emitido o 28 de xuño de 2016[6]. Na Tv de Euskadi foi emitida a partir de 2015.[7]

No elenco están veteranos actores do panorama televisivo español como Luisa Merelas (Matalobos), Manuel Millán (Amar es para siempre) ou Carlos Olalla (Historias robadas) xunto á parella protagonista, os actores Fernando Tato (Libro de familia) e Raquel Espada, que con este traballo debutou en televisión.[8]

A música foi de Iago Pico e Iago Pies e a fotografía de Juan Morgade.[9]

Trama editar

No formato de serie diaria (de 50 min[10]), contaba as angueiras da familia Peña, propietaria dun restaurante na costa, o Faro, e a familia Muñoz, propietaria dunha empresa de construción. Os Muñoz van tentar facerse co negocio dos Peña mentres vai xurdindo o amor entre Lucía Peña e Ricardo Muñoz.[11]

Elenco editar

Faro. O reencontro (segunda tempada) editar

A segunda tempada estreouse na TVG o 10 de abril de 2023 con dous capítulos e seguiu con capítulos cada semana. O 10º e último capítulo emitiuse o 5 de xuño de 2023.[12]

Foi producida por CRTVG e Demareira TV.[13]

Incorporáronse novos actores como Christian Escuredo.

Trama editar

Pasados uns anos a xente de O Faro volve encontrarse por mor da voda de dous dos seus protagonistas, Lucía e Ricardo.

O que semellaba unha xuntanza tranquila axiña se volverá algo moi diferente. Hai unha vítima e son varios os sospeitosos do crime. Todos os asistentes á cerimonia nupcial deberán defender a súa coartada para demostrar a súa inocencia. Máis intriga, misterio, amor, humor e sobre todo, moita emoción.[12]

  • Capítulo 1: Lucía e Ricardo reúnen a familiares e amizades para o seu esperado casamento. Todo empeza moi ben, mais unha grande sorpresa vai interromper a festa.
  • Capítulo 2: Aparece unha vítima no xardín, as pistas levan a pensar que é Lucía. A policía abre unha investigación, todos son sospeitosos de entrada.
  • Capítulo 3: Ricardo dille a Lucía que intentou cancelar o casamento. Dora esperta do coma e non lembra nada dos feitos. A policía segue a investigar con Erea como principal sospeitosa.
  • Capítulo 4: Ricardo pídelle a Lucía que non o deixe, pero ela xa non está por esas. Hai novas pistas na escena do crime. Dora comeza a lembrar o acontecido.
  • Capítulo 5: Lucía descobre algo moi importante na súa relación con Ricardo. Ademais Carlos desconfía de Rosa, xa que durante o día dos feitos, ela xa non estaba no cárcere.
  • Capítulo 6: Ricardo sospeita que Lucía e Antón andan en amores. Rosa dille a Carme que vai dar coñecemento sobre a proba de esterilidade de Ricardo. Álex visita Dora no hospital.
  • Capítulo 7: Ricardo non atura que Lucía poida estar namorada de Antón. Álex vai ao hospital para ver a Dora e falar con ela sobre o día do accidente.
  • Capítulo 8: Álex acusa a Erea de atacaar a Dora, segundo todas as pistas. Lucía sospeita que a súa nai lle oculta cousas. Vense os intereses de Antón amosa por Lucía e sábese da relación de Carme con Arturo.
  • Capítulo 9: Nova sorpresa. Carlos descobre unha pista nova sobre a agresión a Dora. Lucía e Ricardo por fin falan.
  • Capítulo 10: Dora pensa que a culpable da súa agresión é Erea. Mais nunha das imaxes do seu móbil semella ser Patri a principal sospeitosa.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 REDACCIÓN (2023-04-10). "A Televisión de Galicia estrea esta noite a serie ‘O Faro. O reencontro’". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-06-01. 
  2. Sevilla, Diario de (2013-10-15). "'El Faro', el nuevo serial de Canal Sur, se estrena antes en varias autonómicas". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 2023-06-02. 
  3. FormulaTV. "El Faro". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  4. Jabonero, Daniel (2013-10-14). "'El faro', una serie de 2,7 millones de euros para las autonómicas". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-06-02. 
  5. SensaCine. "El Faro: cruce de caminos" (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  6. FormulaTV. "El Faro". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  7. "El Faro". www.eitb.eus (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  8. rsbagency.com, RSB Agency-. "El Faro (Serie)". Guía TV de Expansión (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  9. "El Faro (Cine.com)" (en castelán). Consultado o 2023-06-01. 
  10. "El Faro". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  11. "El faro (Serie de TV) (2013)" (en castelán). Consultado o 2023-05-31. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Faro. O reencontro CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-06-01. 
  13. Teleame (2023-04-10). "A Televisión de Galicia presenta hoxe en Santiago a serie 'O faro. O reencontro'". Teleame. Consultado o 2023-06-01.