Fran Lareu

actor galego

Fran Lareu, nado en Lalín o 10 de outubro de 1983, é un actor galego de teatro, cine e televisión, coñecido principalmente pola súa participación en series como Fariña ou A estiba.[1]

Fran Lareu
Fran Lareu.jpg
Nacemento10 de outubro de 1983
LugarLalín
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballou como actor en numerosas obras de teatro, formando parte de compañías como Teatro da Ramboia, ilMaquinario Teatro (da que foi co-fundador), Viravolta, Sarabela Teatro, Elefante elegante ou o Centro Dramático Galego. Estivo nomeado ao Premio María Casares ó mellor actor protagonista en varias ocasións pola súa participación nas obras de ilMaquinario Teatro.[2]

Na televisión comezou como presentador en Canal Deza e tivo unha aparición episódica en Rías Baixas, da Televisión de Galicia. Anos máis tarde interpretou a Iván na serie da FORTA O Faro, durante máis de 200 episodios, dende a terceira tempada até o final da serie, en 2016,[3] e interpretou a Lisardo na serie Fontealba, da TVG, durante as dúas primeiras tempadas. Tamén en 2016 tivo un pequeno papel no filme María (e os demais), de Nelly Reguera.

En 2018 traballou na serie Fariña, para Antena 3, interpretando a Oli, un dos compoñentes da ROS, xunto a Sito Miñanco e Roque. Meteuse no papel de Manuel Murguía para o telefilme galego Contou Rosalía e ademais participou nas tempadas 7 e 8 de Serramoura.

En 2019 interpretou a Ramiro na serie A estiba, da Televisión de Galicia.[4] o que lle valeu un nomeamento aos Premios Mestre Mateo como Mellor Interpretación Masculina Secundaria. En 2020 participou na serie Vivir sin permiso de Telecinco, no papel de Federico.

FilmografíaEditar

TelevisiónEditar

LongametraxesEditar

CurtametraxesEditar

  • TAGLINE, de Ángel Manzano. Corvus Belli.
  • Burbujas, de Rubén Lino. Fundación Carlos Casares TV.
  • Alzheimer, de Álex Sampayo. Ciudadano Frame

TeatroEditar

  • O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia. Dir. María Peinado
  • Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro. Dir. Gonçalo Guerreiro.
  • Animal sagrado, de Aporia Escénica. Dir. Diana Mera.
  • Resaca, de ilMaquinario Teatro. Dir: Tito Asorey
  • Perplexo, de ilMaquinario Teatro. Dir: Tito Asorey
  • As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, do Centro Dramático Galego. Dir. José Caldas
  • O home almofada, de ilMaquinario Teatro. Dir. Tito Asorey.
  • A casa do rato, por Viravolta
  • O forno, por Elefante Elegante
  • Os tres porquiños, por Viravolta
  • O frautista de Hammelin, por Viravolta
  • Hansel e Gretel, por Seisdedos e Pentafonía
  • Varietés, por Seisdedos
  • Dueto de fío, por Seisdedos
  • O Cego dos monifates, por Seisdedos
  • A familia Nolfini, por Boneca Lareta
  • A Patrulla Tola, por Nadrovia Producciones
  • Lela anda en bicicleta, por Navia de Espectáculos
  • Zampón, o Lambón, por Fantoches Baj
  • Zuco, zaca e zico. Perigo, por Zancalino Produs
  • A lenda do conde santo, por Teatro da Gavela
  • Titiriteiros, por Viravolta
  • Unha de piratas, por Viravolta
  • Cabezudos, por Viravolta
  • A Torre do Trebón, por Viravolta
  • Histerias da Historia, por Teatro Secundario
  • Radioquia, por Teatro Secundario
  • O príncipe de Velasvir, por Teatro Secundario

Premios e NomeaciónsEditar

Premios Mestre Mateo
Ano Categoría Película/Serie Resultado
2020 Mellor Interpretación Masculina Secundaria A Estiba Nomeado
Premios María Casares
Ano Categoría Espectáculo Resultado
2018 Mellor Actor Protagonista Resaca Nomeado
2015 Mellor Actor Protagonista Perplexo Nomeado
2014 Mellor Actor Protagonista O Home Almofada Nomeado

NotasEditar

  1. "CV de Fran Lareu" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. "El actor Fran Lareu y el artista Luchi optan al premio teatral María Casares". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de marzo de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  3. "Entrevista a Fran Lareu". www.lalin.gal. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. "A Estiba, mucho más que un thriller". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar