Código Emperador

filme de 2022 dirixido por Jorge Coira

Código emperador é un filme franco-español de suspense producido por Vaca Films, dirixido por Jorge Coira e escrito por Jorge Guerricaechevarría. Está protagonizado por Luís Tosar, Alexandra Masangkay e Georgina Amorós, entre outros.[1]

Código Emperador
Ficha técnica
Título orixinalCódigo Emperador
DirectorJorge Coira
GuiónJorge Guerricaechevarría
Intérpretes
MúsicaXavi Font
Elba Fernández
FotografíaPablo Rosso
MontaxeSandra Sánchez
EstudioVaca Films
Proyecto Emperador AIE
Playtime
DistribuidoraA Contracorriente Films
Estrea18 de marzo de 2022
Duración105 minutos
OrixeEspaña España
Francia
XéneroSuspense
Na rede
IMDB: tt13660916 Filmaffinity: 138634 Rottentomatoes: m/code_name_emperor Editar o valor em Wikidata

Emitiuse en galego pola TVG o luns 6 de novembro de 2023.[2] A dobraxe dirixiuna Charo Pena e o texto traduciuno Manuel Arca.[2]

Sinopse editar

Thriller de intriga que entra na cara máis oculta da realidade sociopolítica española e ambientado nas altas esferas do poder e a espionaxe, no que o protagonista se mergulla nos recunchos dun sistema no que as aparencias son enganosas, a mentira está á orde do día e a chantaxe é a mellor moeda de cambio. Juan (Luís Tosar) traballa para os servizos secretos. Co fin de ter acceso ao chalé dunha parella implicada no tráfico de armas achégase a Wendy (Alexandra Masangkay), a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela unha relación que se irá volvendo cada vez máis complexa. En paralelo, Juan realiza outros traballos non oficiais para protexer os intereses das elites máis poderosas do país, que agora puxeron os seus ollos en Ángel González, un político aparentemente anódino cuxos trapos sucios deberá buscar ou inventar coa axuda de Marta (Georgina Amorós), a filla dun recoñecido actor.[3]

Personaxes editar

Produción editar

A película é unha produción de Vaca Films e Proyecto Emperador AIE, en coprodución con Playtime, coa participación de RTVE, Netflix, TVG e co apoio de ICAA (Ministerio de Cultura), Agadic e Programa Media. En España está distribuída por por A Contracorriente Films, mintres que a distribución internacional corre a cargo de Netflix.[8][9]

Rodaxe editar

A rodaxe comezou en abril de 2021 e levou a cabo en cidades como Bilbao, Madrid, A Coruña, Budapest e A Habana.[10]

Notas editar