Premio María Casares ó mellor actor protagonista
categoría dos Premios María Casares
Os Premios de Teatro María Casares ao mellor actor outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores actores de teatro da temporada anterior.
Os galardóns
editarOs Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor actor protagonista os seguintes profesionais:
- 1997: Gonzalo Uriarte por A noite das tríbades (Teatro do Atlántico).
- 1998: Josito Porto por Nano (Teatro do Adro).
- 1999: Fernando Dacosta por Tics (Sarabela Teatro).
- 2000: Xosé Manuel Olveira "Pico" por Si o vello Sinbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego).
- 2001: Fernando Dacosta por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro).
- 2002: Roberto Vidal Bolaño por Os papalagui (Teatro do Aquí).
- 2003: Xosé Manuel Olveira "Pico" por Binomio de Newton (Teatro do Adro).
- 2004: Artur Trillo por Bicos con lingua (Teatro do Adro).
- 2005: Roberto Leal por Indignos (María a Parva).
- 2006: Xan Cejudo por Tío Vania (A Factoría Teatro).
- 2007: Luís Tosar por Hamlet (RTA-ROSP Coruña).
- 2008: Ernesto Chao por As últimas lúas (Lagarta Lagarta).
- 2009: Víctor Mosqueira por Obra (No comment) (Producións Teatrais Excéntricas).
- 2010: Toño Casais por Palabras encadeadas (Talía Teatro).[1]
- 2011: Evaristo Calvo por Un cranio furado (Producións Teatrais Excéntricas)[2].
- 2012: Evaristo Calvo por Oeste solitario (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2013: Xosé Manuel Olveira "Pico" por Kafka e a boneca viaxeira (Eme2).
- 2014: Josito Porto por As Mil Vidas de Matías Houseman (Teatro do Adro).
- 2015: Machi Salgado por O Feo (CatroCadeiras).
- 2016: Toni Salgado por O principio de Arquímedes (Teatro do Atlántico)
- 2017: Santi Romay por O tolleito de Inishmaan (Contraproducións e FIOT Carballo)
- 2018: Iván Marcos por A cabeza do dragón (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2019: Miguel Borines por Casa O' Rei (Ibuprofeno Teatro)
- 2020: Machi Salgado por Idiota (Redrum Teatro)
- 2021: Davide González por Microspectivas dun marica millennial (Incendiaria)
- 2022: Tatán por Terceiro acto.
- 2023: Josito Porto por Smoke on the water.
Actores máis premiados
editarOs actores co galardón en tres ocasións foron Xosé Manuel Olveira e Josito Porto. Evaristo Calvo e Fernando Dacosta conseguírono en dúas.
Notas
editar- ↑ A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns Arquivado 28 de marzo de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal.com
- ↑ Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011