Contou Rosalía

miniserie de televisión galega

Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseado na vida de Rosalía de Castro en Madrid.[1] O guión foi escrito por Raúl Veiga.[2]

Contou Rosalía
Tipominiserie Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticotelefilme e filme biográfico Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aZaza Ceballos Editar o valor en Wikidata
GuionistaManuel Castelao Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaDiego Dussuel Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineGerardo Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 30 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeA Coruña Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt9637900 Facebook: contourosalia Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Argumento

editar

Ao Madrid de mediados do S. XIX chega a Duquesa da Gloria, unha aristócrata de provocante singularidade. Tamén está na cidade, por asuntos de familia, a escritora feminista Rosalía de Castro. Alí fai vida social, escribe e reencóntrase co historiador Manuel Murguía. Á calor da común preocupación polas xentes e a cultura de Galicia, nace entre eles unha paixón que a escritora non quere ver morrer nas cadeas con que a sociedade da época aferrolla as mulleres. O amor da escritora, desafiando limitacións de todo o tipo, desenvólvese no clima conspiratorio do final da era absolutista, tan axitado como traxicómico, onde a actuación da Duquesa da Gloria adquire unha sorprendente relevancia no camiño da emancipación. A propia Rosalía é quen nolo conta.

Segundo Iolanda Ogando:[3]

Unha breve análise de CR, permítenos ver rapidamente que este baleiro documental sería decisivo na maneira de encarar o guión por parte de Raúl Veiga, tanto na conformación da súa lectura histórica como na selección de acontecementos, textos e pensamentos da autora.

Elenco

editar
 
Rúa Ballesta nº 13, residencia de Rosalía en Madrid.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar