Serramoura

Serie da TVG

Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros.

Serramoura
FormatoSuspense
Creado porAlberto Guntín, Víctor Sierra, Xosé Morais
Dirixido porMiguel Conde
IntérpretesLucía Regueiro
Miguel Ángel Blanco
Antonio Mourelos
Chechu Salgado
Sabela Arán
Fran Paredes
Isabel Naveira
Uxía Blanco
Alfonso Agra
Miguel Canalejo
Miguel Borines
Xabier Deive
Sheyla Fariña
Mariana Expósito
Tito Asorey
Xosé Barato
País de orixeGalicia Galicia
Episodios173
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Carlos Carballo
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe16:9
Primeira emisión5 de outubro de 2014
Derradeira emisión25 de outubro de 2020
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.

SinopseEditar

En Serramoura, unha pequena aldea ficticia que vive da explotación madeireira, Mónica Triáns (Sara Casasnovas) aparece morta no medio do monte con claros signos de se tratar dun asasinato violento. Perante o homicidio, é enviado á vila Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco), que xunto coa sarxento local Marga Neira (Lucía Regueiro), tentarán dar coa solución do caso.

Porén, a idiosincrasia do pobo, o conflito de intereses entre as dúas principais familias, os Soutelo e os Fiúza, que pelexarán polo control do serradoiro, e os segredos que todos os habitantes do pobo gardan, farán da resolución do caso unha tarefa complicada.

ElencoEditar

Personaxes principaisEditar

  • Marga Neira (Lucía Regueiro). Sarxento da Garda Civil.
  • Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco). Sarxento da Garda Civil que chega á vila para resolver o caso de Mónica Triáns.
  • Tomás Penedo (Alfonso Agra). Tenente do cuartel.
  • Enrique "Quique" Parcero (Miguel Canalejo), cabo da Gardia Civil.
  • Raquel Neira (Isabel Naveira). Irmá da inspectora Marga Neira e administrativa do serradoiro dos Soutelo. Estivo casada con Pancho e ten un fillo de Gonzalo Soutelo.
  • Dona Teresa (Uxía Blanco). Nai de Gonzalo Soutelo.
  • Evaristo Fiúza (Antonio Mourelos). Pai de Román e cacique de Serramoura, dono da meirande parte dos terreos, empresas e propiedades do pobo.
  • Román Fiúza (Chechu Salgado). Fillo dos Fiúza. É socio dun invernadoiro e mantén unha relación con Álex.
  • Gloria Fiúza/Moscoso (Sabela Arán). Muller de Evaristo Fiúza e madrastra de Román Fiúza.
  • Hugo Aradas (Tito Asorey). Avogado da familia Fiúza.
  • Mario Piñeiro alias Santos (Monti Castiñeiras). Delincuente habitual de Serramoura
  • Francisco "Pancho" Suárez (Xabier Deive). Traballa no empresa de madeira de Evaristo Fiúza, marido Raquel Neira e pai de Álex.
  • Ramón "Moncho" Neira (Miguel Borines). Pai de Marga e Raquel Neira.
  • Luz (Mariana Expósito). Camareira da taberna de Evaristo Fiúza.
  • Peixe (Andrés Giráldez).
  • Roi Quiroga (Xúlio Abonjo). Sarxento da Garda Civil que substitúe a Diego Bazán.
  • Patri (Sonia Méndez). Cabo da Garda Civil.

Personaxes secundariosEditar

 
Igrexa de San Román das Encrobas (Cerceda), usada na ficción como igrexa parroquial de Serramoura.

Episodios e audienciasEditar

Tempada Nº Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 24 5 de outubro de 2014 22 de marzo de 2015 181 000 15,0%
2 15 4 de outubro de 2015 17 de xaneiro de 2016[2] 167 000 15,2%
3 9 8 de maio de 2016[3] 10 de xullo de 2016 132 000 12,3%
4 18 2 de outubro de 2016 29 de xaneiro de 2017 181 000 17,4%
5 21 5 de febreiro de 2017 25 de xuño de 2017
6 20 22 de outubro de 2017 28 de febreiro de 2018 122 000 12,4%
7 15 11 de marzo de 2018 17 de xuño de 2018 124 000 12,2%
8 16 7 de outubro de 2018 20 de xaneiro de 2019 112 000 11,5%
9 18 27 de xaneiro de 2019 9 de xuño de 2019
10 10 3 de maio de 2020 5 de xullo de 2020
11 7 13 de setembro de 2020 25 de outubro de 2020 89 000 10,6%
Total 173 2014 2020 133 890 12,9%

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios Mestre MateoEditar

Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado a 9 premios en 8 categorías, resultando gañador no premio á mellor serie de televisión. Nos Premios Mestre Mateo de 2015, Serramoura volve estar nomeada a 9 premios en 9 categorías.

Ano Categoría Receptor Resultado
2014 Mellor serie de televisión Voz Audiovisual para TVG Gañadora
Mellor director Miguel Conde e Jorge Saavedra Nomeados
Mellor actriz protagonista Lucía Regueiro Nomeada
Mellor actor secundario Antonio Mourelos Nomeado
Monti Castiñeiras Nomeado
Mellor guión Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé Morais Nomeados
Mellor música orixinal Manu Conde Nomeado
Mellor son Alfonso Couceiro e Víctor Seixo Nomeados
Mellor fotografía Xosé Manuel Neira Nomeado
2015 Mellor serie de televisión Voz Audiovisual para TVG Gañadora
Mellor director Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel A. Espiñeira Nomeados
Mellor actor secundario Monti Castiñeiras Nomeado
Mellor guión Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé Morais Nomeados
Mellor dirección de arte Ángel Amaro Nomeado
Mellor dirección de produción Paula Fernández Nomeada
Mellor montaxe Marisol Torreiro, Dani Castro, Óscar González, Lu Rodríguez, Pablo Muñoz e Pablo Paz Nomeados
Mellor música orixinal Manu Conde Nomeado
Mellor son Alfonso Couceiro e Víctor Seixo Nomeados

Celtic Media FestivalEditar

Ano Categoría Receptor Resultado
2015 Mellor serie de drama Voz Audiovisual para TVG Nomeado

Emisión noutros paísesEditar

Desde o 25 de outubro de 2016[4] a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.

Tamén se emitiu en Estados Unidos baixo o nome de Black Forest.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar