Miriam Rodríguez Gallego

Mezzosoprano galega


Miriam Rodríguez Gallego, nada en Pontedeume o 30 de setembro de 1996, é unha cantante e compositora galega.[1] Saltou á fama grazas á súa participación no concurso musical de Televisión Española Operación Triunfo. Despois do seu paso polo programa de televisión, asinou coa discográfica Universal e iniciou a súa carreira musical compondo e interpretando «Hay algo en mi», canción promocional da serie Vis a vis no seu salto a FOX España, na que máis adiante realizaría un cameo. O seu segundo sinxelo foi «NO», xunto a Pablo López Jiménez, e o seu álbum debut, «Cicatrices», foi publicado o 23 de novembro de 2018.[2]

Infotaula de personaMiriam Rodríguez Gallego

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Pontedeume (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista, compositora e cantante
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, voz, ukelele, Batería, piano e Tambor Editar o valor em Wikidata
Participou en
2017Operación Triunfo 2017
19 de setembro de 2012La voz
28 de setembro de 2011Tu cara me suena Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEfrén Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Páxina webmiriamrodriguezmusic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm8776298 Twitter: miriamrmusic_ Instagram: miriamrmusic_ Youtube: UCvrtIvRWGjloWkJA4kNnGeg Spotify: 3E3qsTzCvTX13A1Zrw7Wnf Musicbrainz: 01edefca-9ee8-430a-b802-1de82877ee12 Discogs: 6371629 Allmusic: mn0003886595 Deezer: 10038894 Genius: Miriam-rodriguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vida persoal editar

É filla de Ramón e Marité, e ten un irmán máis vello, Efrén.[3] Estudou bacharelato de Artes escénicas en Ferrol e posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos de arte dramática e interpretación.[4]

Traxectoria profesional editar

Comezos editar

Empezou cantando en vodas e dando pequenos concertos en salas e bares de Galicia.[5] Tamén participou na serie da televisión galega Serramoura.[6] En 2013, con 17 anos, gañou o concurso Canta Ferrol.[7] Tamén participou no musical Vivan os nenos e en concursos como Talentos Almeda e o Festival da canción de Xalleira.[5] En 2016 publicou o seu primeiro sinxelo Me cansé de esperar, que realizou xunto ao actor Chechu Salgado.[6]

Operación Triunfo editar

En outubro de 2017 deuse a coñecer que era unha dos 18 seleccionados para entrar á Academia de Operación Triunfo.[8] O 23 de outubro de 2017 pisou por primeira vez o escenario de Operación Triunfo, interpretando o tema «No te pude retener» de Vanesa Martín. Dita actuación permitiulle ser unha das 16 concursantes que entraban a formar parte da novena edición do talent musical.[9]

Entre as súas actuacións máis importantes destacaron «Runnin» de Naughty Boy e Beyoncé que cantou xunto a Agoney na gala 1, «I Wanna dance With Somebody» de Whitney Houston que cantou na gala 8, e «What About Us» de Pink, tema que a clasificou para a final do concurso na gala 11.[10][11]

Durante o transcurso do programa, a galega estivo proposta para abandonar a academia en diversas ocasións. A primeira foi na gala 4, onde cantou «La media vuelta» de Luís Miguel. Tamén na seguinte gala foi unha das 4 concursantes propostas para a expulsión, esta vez xunto ao seu compañeiro de dúo Luís Cepeda, co que cantou «Estoy hecho pedacitos de ti» de Antonio Orozco.[12] Na gala 6 volveu a non convencer ao xurado coa súa interpretación do tema «Que te quería» da Quinta Estación.[13] O seu último nomeamento foi na gala 9, na que cantou «Dramas y comedias» de Fangoria.[14] A pesar diso, Miriam nunca estivo exposta á expulsión por parte do público, pois tanto os seus profesores como os seus compañeiros salvárona en todas as ocasións.

Na gala 11, Miriam clasificouse para a final do programa despois de interpretar «País Tropical» xunto a todos os seus compañeiros, «Cuando duermes» de Cómplices xunto a Alfred García, e «What About Us» de Pink en solitario. Miriam conseguiu 36 puntos dun máximo de 40, situándose así en segunda posición por detrás de Amaia Romero, que conseguiu a máxima puntuación.[10] Na final do programa celebrada o 5 de febreiro, Miriam interpretou «Invisible» de Malú, canción coa que conseguiu entrar na final a tres xunto a Amaia Romero e Aitana. Na segunda volta, cantou «No te pude retener» de Vanesa Martín, tema co que se estreou no concurso. Tras as votacións, descubriuse que Miriam obtivera un 12 % do apoio do público, quedando así en terceira posición.[15]

Candidatura a Eurovisión editar

Ao ser unha das finalistas, optou a ser a representante española no Festival de Eurovisión celebrado en Lisboa en maio de 2018. Na gala de Eurovisión celebrada o 29 de xaneiro de 2018, cantou tres cancións coas que optaba a ser elixida como representante para ir a Eurovisión. Xunto aos seus compañeiros finalistas Amaia Romero, Ana Guerra, Aitana e Alfred García cantou unha versión do himno da edición «Camina», que só conseguiu un 1% dos votos.[16] En dúo, xunto a Agoney, interpretou «Magia», tema composto por David Otero e o grupo Funambulista que conseguiu un 7 % do apoio do público.[17] Finalmente, interpretou como solista o tema «Lejos de tu piel», de Steve Robson e adaptada por Funambulista que acaparou un 8% dos votos.[18]

Xira Operación Triunfo editar

Tras saír da academia de Operación Triunfo, Miriam, xunto aos seus compañeiros, embarcouse na xira do programa que a levou por diversas cidades españolas. Nos distintos concertos, a galega interpretou cancións corais xunto aos demais concursantes, o seu sinxelo "Hay algo en mi" sendo a primeira concursante en cantar unha canción propia, así como "Euphoria" de Loreen xunto a Thalía Garrido, e «What About Us» de Pink e "Invisible" de Malú en solitario.[19]

Traxectoria tras OT editar

En marzo de 2018, Miriam acudiu aos Premios Dial celebrados no Centro Internacional de Feiras e Congresos de Tenerife, xunto a algúns dos seus compañeiros de OT 2017.[20]

Case tres meses despois do final do programa que lle deu visibilidade para o gran público, Miriam estreou o seu primeiro sinxelo «Hay algo en mi» composto por ela mesma. O devandito sinxelo formou parte da banda sonora da promoción da terceira tempada da serie Cara a cara da cadea FOX España. En apenas 3 días, o videoclip da canción obtivo máis dun millón de reproducións en YouTube. O 7 de novembro de 2018 participou no programa "Lo siguiente" de Televisión Española. O 9 de xaneiro de 2019 anunciou que sería a co-coach de Pablo López no programa La voz.

Discografía editar

Álbums editar

Ano Título Produtora Posición Vendas (España)
2018
Miriam Rodríguez: Sus canciones
Data de publicación: 26/03/2018
Universal Music 5 9.000
Cicatrices
Data de publicación: 23/11/2018
1 20.000
2020 La Dirección De Tu Suerte

Data de publicación: 03/04/2020

Universal Music 10
2024 Lineas Rojas

Data de publicación: 23/02/2024

Sony Music

Sinxelos editar

Ano Título Composición Posición
2018 "Magia" David Otero e Funambulista 65
"Lejos de tu piel" Steve Robson (adaptada por Funambulista) 58
"Hay algo en mí" Miriam Rodríguez 23
"No" Miriam Rodríguez e Pablo López 38
2019 "Mejor sin miedo" Miriam Rodríguez
2019 "Más de lo que ves" Miriam Rodríguez
2019 "La diferencia" Miriam Rodríguez
2020 "Desperté" Miriam Rodríguez
2020 "No se quien soy" Miriam Rodríguez

Filmografía editar

Series de televisión editar

Series de televisión
Ano Título Personaxe Cadea Notas
2016 Serramoura Isabel TVG 2 episodios
2019 Cara a cara Presa do coro FOX España 1 episodio

Programas de televisión editar

Programas de televisión
Ano Título Personaxe Cadea Notas
2017 - 2018 Operación Triunfo Concursante (3ª finalista) A 1 17 programas
2018 Lo siguiente Invitada A 1 1 programa
2019 La Voz Asesora de Pablo López Antena 3 12 programas
2020 La Voz 7 Adestradora en liña Antena 3 12 programas
Land Rober Invitada TVG 1 programa
2021 El concurso del año Concursante Cuatro
La Voz 8 Adestradora en liña Antena 3 12 programas
2023 Tu cara me suena 10 Concursante 16 programas

Premios editar

Notas editar

  1. Lo Siguiente. "Miriam Rodriguez en el programa Lo Siguiente de TVE.". 
  2. Merillas, Sergio L. "Las 'Cicatrices' de Miriam Rodríguez, al descubierto el 23 de noviembre. El día 28 de diciembre de 2018 rompió el escenario del Palau Sant Jordi gracias a su imperial golpe de tacón cantando NO!". 
  3. "«Miriam, sobre todo, disfruta de OT»". 
  4. "Operación Triunfo 2017 | Miriam es concursante de OT - RTVE.es". 
  5. 5,0 5,1 "Miriam, Luis y Roi, así son los concursantes gallegos de «Operación Triunfo 2017»". 
  6. 6,0 6,1 "Miriam, la finalista de «OT» que pasó por «Serramoura»". 
  7. "El sorprendente pasado televisivo de los concursantes de OT 2017". 
  8. "Operación Triunfo: Estos son los 18 concursantes de OT 2017". 
  9. "El "catastrófico' regreso de Operación Triunfo". 
  10. 10,0 10,1 "Operación Triunfo ya tiene a sus cuatro primeros finalistas". 
  11. "Operación Triunfo - Miriam canta "What about us" de Pink en la Gala 11 de OT". rtve.es. 16-01-2017. Consultado o 01-04-2019. 
  12. "OT 2017: Los mejores momentos de la Gala 5". 
  13. "Operación Triunfo: Eurovisión, expulsado y nominados de la noche". 
  14. "OT 2017: Expulsado, nominados y resumen de la gala 9 de Operación Triunfo". 
  15. "Gala final de OT 2017: Amaia, ganadora de Operación Triunfo". 
  16. "OT: El estrepitoso fracaso de ‘Camina’ en la gala especial Eurovisión 2018". 
  17. "OT 2017: Miriam y Agoney al unísono para Eurovisión 2018". 
  18. "OT 2017: Miriam apuesta por 'Lejos de tu piel' como candidata a Eurovisión". 
  19. "Lista completa con las canciones del concierto de OT". 
  20. "Los chicos de 'Operación Triunfo' ponen el broche de oro a los Premios Cadena Dial". 
  21. Aitana, Amaia, Ana Guerra e Miriam Rodríguez, premiadas nos Cosmo Awards
  22. "Pedro Guerra, Malú, Cepeda y Vanesa Martín, premios Cadena Dial". ISSN 1134-6582. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar